15 dic 2009

MOCHILAS VIAXEIRAS: TODO UN ÉXITO

Se es un dos que xa levou a Mochila Viaxeira entenderás o titular; se aínda non a levaches, terás que esperar para comprendelo.
A aceptación desta actividade está sendo boísima, a xulgar polos comentarios que tanto os nenos/as como os seus pais/nais nos deixades no libro de firmas.
Unha das cousas que máis repetides é que unha semana vos parece pouco tempo e estamos a traballar para aumentar o período de "préstamo" da mochila poñendo en marcha unha mochila máis por aula.
Seguide disfrutando dos libros, da música e dos DVDs que contén esta "viaxeira" tan particular.

DONTEST DE MANU

Esta semana o profe Manu responde as preguntas do Dontest. Como poderedes comprobar, o deporte e a lectura non están reñidos. Aí van as súas respostas.

1. Lembras quen te ensinou a ler?
- A miña primeira mestra, Ángeles

2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Segundo a miña nai, unhas fichas da editorial Everest, que eu recorde, os tebeos de "Jacky e Nuca" e os de "El Quijote de la Mancha"

3. Cal é o teu libro favorito?
- Se me teño que quedar con un sería "Los Pilares de la Tierra", seguido pola súa continuación, "Un Mundo sin Fin", sen esquecer "La Catedral del Mar".
Tamén a triloxía do profesor Robert Langdon ("Ángeles y Demonios", "El Código da Vinci" e "El Símbolo Perdido") é trepidante. Ah! Tampouco podo negar ser fan ao 100% de Harry Potter.

4. E o teu autor/a preferido/a?
- Ken Follet

5. Cal é o último libro que liches?
- "El Símbolo Perdido"

6. Cantas horas les á semana?
- Unhas dez

7. Agora estás a ler....
- "Un Día de Cólera"

8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
-A Punta do Castro (un cantil na Mariña de Lugo), calquer día de verán.

14 dic 2009

COÑECE O LIBRO MÁIS EMPRESTADO


Pois aquí tedes o que foi a libro máis emprestado este ano 2009, trátase de "LA ORCA" de Renee Lebloas.
Velaquí a súa ficha bibliográfica:
LA ORCA / RENEE LEBLOAS
Publicación: ESPAÑA : SM, 2005
Edición: 1ª
Materias: C.NATUREZA
Idioma: spa: Español
Tipo rexistro: Material textual
Nivel biliográfico: Monografía
Notas: ADQUIRIDO COA APORTACIÓN DA XUNTA84-348-41541
Localización: 832-VERMELLO
Nº rexistro: 3620

CHEGA O FRÍO!!

Boas amig@s!!

Comezamos a última semana completa de clases antes das vacacións de Nadal e parece que chega o frío de verdade!! A que apetece ler a carón dun radiador?

Imos cos temas da biblio, a semana pasada, a pesar de ter soamente tres días de clase, prestamos 170 libros; o desglose é o seguinte: 134 nos recreos, 34 nas titorías e 2 pola tarde. Non está mal eh?

Por outra parte, mañá recuperamos o Dontest, tócalle a un profe que imparte unha das vosas asignaturas favoritas, a que xa tes unha idea de quen pode ser?

9 dic 2009

SEMANA RÉCORD

Boas! Que tal de ponte? Estou seguro de que aproveitástedes estes días para ler un montón!! E estouno porque a semana pasada realizáronse nada máis e nada menos que 298 empréstitos... Sobran as verbas. Nos recreos realizáronse 263, nas horas de titoría 33 e polas tardes 2.
Este segue a ser o único lunar, tedes que animarvos a vir máis polas tardes, non debedes desaproveitar a oportunidade, non exclusivamente para coller libros, senón para buscar información, empleo de internet, etc...

Polo demais, debido a este "parón" nas clases, esta semana non temos Dontest, pero a semana que ven voltará con outro dos vosos profes. Admítense apostas.

3 dic 2009

O Señor dos Aneis

Ficha de presentación do libro elaborada polos alumnos/as de 5ºA



TÍTULO: O Señor dos Aneis
AUTOR/A: J.R.R Tolkien
EDITORIAL: Edicións Xerais de Galicia
DATA DE PUBLICACIÓN: 21 de outubro 2001
Nº DE PÁXINAS: 511

RESUMO: O hobbit Frodo Bulseiro recibe un Anel Máxico como herdanza do seu tío Bilbo. Para protexer este Anel e evitar que caia nas mans dos servidores do Señor Escuro créase a Irmandade do Anel, composta por representantes dos pobos dos elfos, os homes, os hobbits e os ananos, que acompañarán a Frodo durante unha longa viaxe por terras extrañas e perigosas

2 dic 2009

ESTA SEMANA LIDIA RESPONDE O DONTEST

Xa quedan poucos profes "especialistas" por pasar o Dontest, unha das que nos quedaba era Lidia, que esta semana animouse a respostar as cuestións que lle plantexamos. Non te perdas detalle das respostas dunha auténtica amante da lectura.


1. Lembras quen te ensinou a ler?
- Ensinoume a ler a miña mestra Loli, aínda que tamén practicaba na casa coa miña nai

2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Non lembro o primeiro libro que lin pero sí o primeiro que colín cando inauguraron a biblioteca do meu colexio. Era un libro da colección de "Puck", unha nena aventureira e detective.

3. Cal é o teu libro favorito?
- "Wilt" de Tom Sharpe

4. E o teu autor/a preferido/a?
- O meu autor preferido é Tom Sharpe. As súas historias absurdas e o seu sentido do humor téñenme enganchada.

5. Cal é o último libro que liches?
- "ADN" de Robin Cook. Encántanme as historias de intriga

6. Cantas horas les á semana?
- Leo todos os días entre unha e dúsa horas e na fin de semana máis, aínda que depende do tempo que faga

7. Agora estás a ler....
- "El Símbolo Perdido" de Dan Brown

8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
-Cando disfrutas de lectura coma min calquer sitio e momento libre son bos. Aínda que se teño que escoller podería ser o salón da miña casa nunha tarde de chuvia.

1 dic 2009

Todos somos diferentes

Boas, querid@s lectores/as, aconséllovos que clickedes na frase que está subliñada máis abaixo, é un fermoso conto con actividades para os máis pequenos "Todos somos diferentes" adaptado ao español polos pais dun neno autista.

CONTOS DE GRIMM


Outra das fantásticas novidades que temos na biblioteca é este libro de Edicións Xerais de Galicia cos mellores contos dos irmáns Grimm ilustrados por algúns dos máis destacados ilustradores españois.
Esta dobre antoloxía ven precedida dunha introducción de Gustavo Martín Garzo, suxestivamente titulada "Teoría do final feliz" e rematada cun emotivo "Lembranzas dos irmáns Grimm", escrito por Herman Grimm, fillo de Wilhelm e sobriño de Jacob.
Nenos e nenas, recoméndovos que non perdades a oportunidade de coller prestado este libro, estou convencido de que non vos arrepentiredes.

30 nov 2009

PRESENTAMOS UNHA DAS NOVIDADES

GERONIMO STILTON
EL EXTRAÑO CASO DE LA NOCHE DE HALLOWEEN
EDITORIAL PLANETA, S.A., 2007

RESUMO DO LIBRO:
Unha nova aventura do rato que leva máis de medio millón de exemplares vendidos en España.
A noite de Hallowen unha misteriosa personaxe apodérase de Ratonia. Que vai ser de todos os seus habitantes?
Sorte que o meu amigo Metomentodo Quesoso está disposto a axuderme e salvalos a todos!
Por certo, inclúe todos os segredos para organizar unha noite de Hallowen.
Se es fan de Geronimo Stilton, non dubides en visitar a súa web: http://www.clubgeronimostilton.es/

Novidades!!!!

Os que se pasaron hoxe no recreo pola Biblio seguro que levaron unha agradable sorpresa ao comprobar que había unha exposición coas novidades que tanto estabades a esperar!!

Seguro que moitos deses libros despertan o voso interese e haberá colas por coller algún deles.
Se algún dos vosos compañeir@s aínda non se pasou a ver os novos títulos non dubidedes en comentarllo!

Semana do 23 ao 27 de novembro

Boas! Que tal a fin de semana?

Lectores, lectoras; seguimos sendo máis de 200 os que cada semana levamos libros da biblioteca para ler na casa e iso é fantástico.

En concreto, a semana pasada foron 202, 173 no recreo e 29 nas horas de titoría.

A seguir así!

24 nov 2009


Pois vai ser que o meu cotilleo de onte era certo e efectivamente, o papel que levaba Cris na man era o Dontest, eso sí, agora xa está cuberto e podes "cotillear" ti as súas respostas, aí van:

1. Lembras quen te ensinou a ler?
- Creo que a miña mestra de primaria, dona Julia
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Non me lembro do primeiro libro que lin, pero o primeiro que enganchou á lectura foi "Historias de ninguno"
3. Cal é o teu libro favorito?
- Pregunta difícil...Por dicir un: "Mil soles espléndidos"
4. E o teu autor/a preferido/a?
- Non teño autores/as preferidos/as
5. Cal é o último libro que liches?
- La Reina en el Palacio de las corrientes de aire
6. Cantas horas les á semana?
- Depende, pero máis ou menos unhas cinco
7. Agora estás a ler....
- "No te lo vas a creer" de Sophie Kinsela

8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
-No sofá para despois de comer ou na miña cama antes de durmir.

23 nov 2009

COTILLEOS

Boas de novo, acabo de atoparme no pasillo coa profe Cris, que levaba un papel na man cunha serie de preguntas sen responder...será ela a protagonista do Dontest de mañá?

Por outro lado, levo un tempo observando a Quico e non para de catalogar novos libros, así que supoño que en breve estarán á vosa disposición...incluso fun capaz de percibir olores nalgún deles...supoño que saberedes ao que me refiro.

Sigo escondido, se escoito ou vexo algo máis non tardarei nin cinco minutos en publicalo, jeje!

DATOS DA SEMANA PASADA

Boas pequen@s lectores/as! Que tal a fin de semana?

Espero que ben, é máis, espero que tan ben como foron as estatísticas de empréstitos da semana pasada.

En total, 215 empréstitos, dos cales 163 foron realizados nos recreos e 52 nas horas de titoría. Está demostrado o interese pola lectura. Aínda así, e para darlle un novo impulso, esta semana vou anunciar algunha das novidades!!!

Estade atent@s!!

18 nov 2009

CIFRAS DE INTERESE

Pois sí!!! Alcanzamos as mil visitas no noso blogue!! Quen sería o visitante número mil? Se alguén se recoñece como tal que se identifique!

Por outra banda, levamos xa superados con amplitude os dous mil préstamos, e para que que non baixe o ritmo preparádevos, porque en breve chegarán novidades á biblio, e non só en forma de libros, xa veredes...

17 nov 2009

DONTEST DE SILVIA

Se non tiñas nin idea de quen ía pasar o Dontest desta semana xa podes saír de dúbidas, trátase de Silvia, profesora de Audición e Linguaxe


1. Lembras quen te ensinou a ler?
- A miña mestra de primaria, dona Julia


2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Caperucita Roja


3. Cal é o teu libro favorito?
- Quizais por ser o último que lin, pero encantoume "Ángeles y Demonios", de Dan Brown

4. E o teu autor/a preferido/a?
- Dan Brown e Gabriel García Márquez


5. Cal é o último libro que liches?
- "Ángeles y Demonios"


6. Cantas horas les á semana?
- Unhas 10 á semana


7. Agora estás a ler....
- "Pasión India"


8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
-Calquer lugar é bo para ler, pero elixo a miña cama antes de durmir, como todas as noites.

16 nov 2009

NOVAS DO LUNS

Moi boas!

Seguro que a fin de semana ventosa e chuviosa animouvos a ler e a estar quentiños na casa, ou non?

A semana pasada realizáronse 183 préstamos; dos cales 157 foron nos recreos, 23 nas horas de titoría e 3 nas horas de tarde nas que a Bilbioteca permanece aberta. A este respecto, decirvos que hai que animarse a visitar a biblio polas tardes. É un servizo que non debedes desaproveitar.


Outra nova interesante, o Ministerio de Educación puxo en marcha a campaña leer.es, coa que se pretende animar á lectura aos nenos e nenas. Se tes interese podes visitar a web onde se explica todo o referente a esta campaña. É www.leer.es


Para terminar, mañá a "benxamina" do Rosalía de Castro contesta o Dontest, quen será?

10 nov 2009

Rosana pasa polo cuestionario de Donte

Entre partitura e partitura, Rosana, a mestra de música, ten tempo para ler. Se queres curiosear sobre os seus inicios na lectura e sobre as súas preferencias á hora de ler, non te perdas o seu Dontest.
1. Lembras quen te ensinou a ler?
- Aprendín a ler cun mestre que se chamaba Don Nicolás

2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Que eu lembre..."Tati, la tetera"

3. Cal é o teu libro favorito?
- Se tivese que decantarme por un sería "Ángeles y Demonios", de Dan Brown

4. E o teu autor/a preferido/a?
- Teño varios autores preferidos: Katherine Neville, Ken Follet e Dan Brown

5. Cal é o último libro que liches?
- "La ladrona de libros", de Markus Zusak

6. Cantas horas les á semana?
- Todas as que podo

7. Agora estás a ler....
- "El fuego", de Katherine Neville

8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- Pola noite, na cama antes de durmir

9 nov 2009

CURIOSIDADES

Queres saber a lista dos libros máis emprestados?

Faste unha idea de cales poden ser?

Se queres sabelo preme aquí.

OUTRAS NOVAS

A boa aceptación do blogue refléxase no número de visitas, estamos achegándonos ás 1000!! Quen será ese visitante simbólico?

Por outro lado, mañá é martes, polo tanto, outro mestre ou mestra pasa o Dontest, e nesta ocasión podería vir acompañado de música, quen será o/a seguinte?

Ata mañá!!

SEMANA DO 2 AO 6 DE NOVEMBRO

Boas, querid@s lectores/as!!

A semana pasada case 200 levástedes libros prestados da Biblioteca. En concreto, 199.

A maioría foron no recreo -178-, uns poucos nas horas de titoría -16- e outros 5 polas tardes.

Un consello, agora que comeza o mal tempo, a chuvia...apetece quedar na casiña ao abrigo; a compañía dun libro é magnífica para pasar estas tardes de outono. Segue o meu consello e anímate!

3 nov 2009

ANA, A ORIENTADORA, CONTESTA A DONTE

Ana, polo seu traballo, pasa moito tempo lendo; pero aínda así, no seu tempo de lecer emprega a lectura como disfrute. Imos ver que nos conta.

1. Lembras quen te ensinou a ler?

- Foron meus pais os que me axudaron a descifrar as letras dos carteis luminosos das rúas coruñesas; de aí a a arrancar a ler...¡Foi pan comido!

2. Cal foi o primeiro libro que liches?

- Do primeiro libro que teño recordos é "Las vacaciones del pequeño Nicolás"
3. Cal é o teu libro favorito?

- Mmmm...Se por favorito entendemos aquel libro que leo unha e outra vez e non me canso de facelo, quédome con EL ALQUIMISTA, de Paulo Coelho.

4. E o teu autor/a preferido/a?

- ¡Non podo dicir un so! Dende Saramago a Larsson, pasando por Mario Benedetti, Paulo Coelho, Almudena Grandes.
5. Cal é o último libro que liches?

- " Y de repente fue ayer", de Boris Izaguirre
6. Cantas horas les á semana?

- Entre 6 e 8 horas.

7. Agora estás a ler....

- "Ella, que todo lo tuvo", de Ángela Becerra.

8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- As tardes chuviosas de inverno ben arroupada no meu sofá.

2 nov 2009

NOVAS SEMANAIS

Moi boas, querid@s lectores/as!!

As longas colas que a semana pasada se deron no recreo tiveron un motivo. Que cal foi? Pois a causa foron os 210 libros que os nenos e nenas do cole levaron prestados. Pero a espera valeu a pena, xa que ademais de levar o libro que tanto ansiaban levaron un agasallo. Seguro que despois de pasalo en grande lendo os libros que levaron non se lembran nin por un segundo do que tiveron que levar.

Por outra parte, realizáronse outros 13 préstamos, 8 en horas de titoría e 5 polas tardes. Sí, liches ben, polas tardes. Por se alguén aínda non se enterou, os luns, martes e mércores de 16h a 18h a Biblioteca está aberta; así que podemos facer préstamos e consultas nesas horas. Non dubidedes en vir e animar aos vosos pais ou avós a que vos acompañen, eles tamén poden ser socios e ser partícipes da nosa comunidade.


Para finalizar, unha recomendación, entra na dirección que che escribo a continuación; é a da páxina web da biblioteca, unha auténtica pasada. Nela, ademais dos datos de alugueres, fondos e demais podes atopar un filón na búsuqeda de información. Non desaproveites esta posibilidade.

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=PEC143

PD: non me esquezo do Dontest, mañá tócalle o turno a alguén que vos pode "orientar" no caso de estaren perdidos.

27 oct 2009

ESTEBAN, PROTAGONISTA DO DONTEST SEMANAL

Esta semana o profe Esteban contesta ás preguntas do Dontest, e como podedes comprobar, le de todo!

1. Lembras quen te ensinou a ler?
- A miña mestra de Infantil, doña Ana. Gardo dela un moi bo recordo.
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Non sei o primeiro que lin, pero o primeiro que recordo é "Diez cuentos de lobos", de Jean-Francois Blade
3. Cal é o teu libro favorito?
- Sen dúbida, "El Eslabón", de Michael Bishop. É unha mestura de aventura, ciencia real e ciencia ficción sobre a nosa orixe.

4. E o teu autor/a preferido/a?
- Stephen King. Descubrino un pouco tarde, pero estou a piques de completar a colección de todas as súas novelas.

5. Cal é o último libro que liches?
- Ángeles y Demonios, de Dan Brown

6. Cantas horas les á semana?
- Depende das circunstancias, pero de media, unha hora ao día.

7. Agora estás a ler....
- A terceira entrega da saga de Harry Potter
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.

- Calquera lugar é bo, pero quédome coa praia a última hora da tarde, cando a xente empeza a marchar.

26 oct 2009

VÍDEO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA

Aí vai unha pequena fotomontaxe con momentos inesquecibles do venres


CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA

O pasado venres foi un día especial, celebrouse no cole o Día da Biblioteca e a verdade é que foi unha mañá do máis divertido e ameno. As obras de Teatro resultaron ser moi interesantes e divertidas. Os/as actores e actrices estiveron á altura das espectativas....jeje.

UNHA SEMANA PARA RECORDAR

A semana pasada foron nada máis e nada menos que 272 os libros que levástedes prestados. Esta cifra supón una marca fantástica, dificilmente superable. Temos que estar todos contentos por alcanzar cotas tan elevadas. Confío en que o tirón dos mes da biblioteca continúe e que moitos nenos e nenas se engancharan definitivamente á lectura. Seguro que non se arrpentirán.

21 oct 2009

DONTEST; ESTA SEMANA.........ANXO



Supoño que coa pista do "papeleo" acertarías o protagonista do Dontest, pero por se tiñas algunha dúbida, é Anxo, o secretario do cole, o que responde ás preguntas esta semana.


1. Lembras quen te ensinou a ler?

- Coido que sería na escola, unha mestra que se chamaba Dona Magdalena

2. Cal foi o primeiro libro que liches?

- A parte dos que había de texto, un que me prestara o meu mestre e que tiña varios relatos diferentes. Non me lembro do título.

3. Cal é o teu libro favorito?

- Teño moitos, pero "Sempre en Galiza" de Castelao, por dicir un. Tamén Scorpio, de Carballo Calero.

4. E o teu autor/a preferido/a?

- Tamén teño varios, pero agora poderíache sinalar aos dous mencionados antes, a Méndez Ferrín...
5. Cal é o último libro que liches?

- Unha biografía de Ramón Cabanillas

6. Cantas horas les á semana?

- Non teño horas fixas dedicadas á lectura. Podo pasar dous ou tres días sen ler máis que o obligado, ou pasarme tres, catro, cinco ou máis lendo.

7. Agora estás a ler....

- "Os libros arden mal", de Manolo Rivas
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- Mellor á noite e nas vacacións e fins de semana case xa na madrugada.

20 oct 2009

RECREO DE TOLOS!

Unha marea humana no recreo adueñouse da Biblio...

Parece que o reclamo dos agasallos funciona... A verdade é que son un pouco mal pensado, porque xa sodes moit@s os que habitualmente acudides nos recreos a coller libros, pero esta semana está sendo especialmente activa.

Por outra banda, mañá temos nova publicación do Dontest, quen será o entrevistado?

Unha pista; o "papeleo" non ten ningún segredo para el...

19 oct 2009

DATOS DE PRÉSTAMOS ATA HOXE

Nas poucas semanas que leva funcionando o servicio de préstamos da Biblioteca levamos realizados 873, unha cantidade moi boa que idica o interese deste servizo. Esperemos que todo siga igual e ao final de curso alcancemos unha cifra superior á do curso pasado.

SEMANA DE AGASALLOS

Outra das cousas que estamos a facer nesta semana da Biblioteca é a de facer agasallos a tod@s aqueles nen@s que leven libros prestados. E claro, as consecuencias foron as seguintes: 52 préstamos no recreo deste luns. É unha cifra case récord.

Quédavos toda a semana para levar os marcapáxinas e as pegatinas que se obsequian ao levar os libros, así que non desaproveitedes a oportunidade!

OUTUBRO, MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Efectivamente, amig@s, estamos no mes da Biblioteca Escolar. Para celebralo levaremos a cabo varias actividades conmemorativas.

O día principal será o venres 23, e o lugar, o ximnasio. Os alumn@s do terceiro ciclo disfrutarán dunha charla sobre o marsiqueo, os do segundo ciclo verán unha representación teatral, os do primeiro ciclo pasarano pipa cuns especiais contacontos; e os máis pequenos, os de Infantil, terán tamén a oportunidade de presenciar unha representación teatral.

Seguro que será un día fantástico.

6 oct 2009

QUICO PASA O DONTEST


Se vos digo que hai alguén que pasa na biblioteca tantas horas coma min, seguro que sabedes que estou a falar de Quico. Pois ben, el é o segundo en contestar ás cuestións do Dontest, aí van.

1. Lembras quen te ensinou a ler?
- Cando tiña 4 anos, aló polo 1967, entrei nunha escola unitaria para rapaces. Como eramos tantos e só había un mestre, aos máis pequenos atendíannos os rapaces maiores. Foi un deses compañeiros, xunto co mestre don Emilio, quen me aprendera a ler.
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Hai tanto tempo que, a verdade, non o recordo. Na miña casa, que era moi humilde, non tiñamos a penas libros; pero si che podo dicir que con 11 anos lin todo o Novo Testamento.
3. Cal é o teu libro favorito?
- O Señor dos Aneis, J. R.R. Tolkien
4. E o teu autor/a preferido?
- En español, Miguel de Cervantes e Pío Baroja; en galego, Eduardo Blanco Amor e estranxeiro, J.R.R. Tolkien.
5. Cal é o último libro que liches?
- El Plan del Señor para la Iglesia, de John MacArthur.
6. Cantas horas les á semana?
- Bastantes, aínda que depende das ocupacións que teña. Non poido dar unha cifra exacta.
7. Agora estás a ler...
- Ademais do National Geographic, estou lendo "Ensayos Teológicos en honor de Don Francisco Lacueva". Son pastor da Iglesia Evangélica de O Grove, e esa responsabilidade inflúe nas miñas lecturas.
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- Dous lugares: un, sempre, unha biblioteca, onde están os libros. Outro, o meu despacho, onde gozo de intimidade e tranquilidade, necesarias ambas para unha lectura reflexiva.
Un momento; calquer momento é bo para ler, pero, se teño que escoller, pola noite, incluso pola madrugada.

5 oct 2009

NOTICIAS SEMANAIS

A semana pasada aumentaron de forma considerable os comentarios ás noticias do blogue. Sen dúbida, o Dontest de Dolores foi a nova máis comentada. Esperemos que pouco a pouco máis xente se anime a escribir as súas impresións no noso espazo.

Outra das novas a destacar foron os préstamos, que alcanzaron os 200, nada máis e nada menos. Isto significa que por terceira semana consecutiva aumentan e que imos camiño de récord. Noraboa a tod@s.


Lembrade que mañá temos Dontest...quen será o seguinte?

29 sept 2009

DOLORES PASA O "DONTEST"


Pois se aínda non o sabías, a primeira en pasar o "Dontest" é a nosa directora, Dolores.
Aí van as cuestións:
1. Lembras quen te ensinou a ler?
-Sí, foi meu pai.
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Diario de Ana María
3. Cal é o teu libro favorito?
- O Principiño
4. E o teu autor/a preferido/a?
- Varios, Elvira Lindo, Fernando Savater...
5. Cal é o último libro que liches?
- El Maestro y Margarita
6. Cantas horas les á semana?
- As que podo, pero soen ser unhas 5 máis ou menos
7. Agora estás a ler....
- El Consuelo, de Ana Gavalda
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- Na terraza da miña casa, cando vai bo tempo, polo serán.

28 sept 2009

AMBIENTACIÓN DO COLE

DONTEST

Queridos amig@s , temos unha novidade, chámase Dontest, seguro que estás a preguntarte que é o Dontest...pois ben, consiste nunha serie de preguntas relacionadas coa lectura e que serán contestadas por personaxes ilustres do colexio.
Cada semana unha desas personaxes ilustres responderá esas preguntas e ti poderás ver aquí, no meu blog, as respostas.
A que tes curiosidade por velas?

A primeira semana responderá o Dontest a persoa que dirixe o cole....mañá máis novas!!

Menuda semana

Vaia semana de préstamos, nada máis e nada menos que a frioleira de 194.

De seguir así, os números do curso pasado serán superados ampliamente.

23 sept 2009

NOVIDADES

O día da Biblioteca está relativamente preto, e, segundo escoitei onte pola tarde, os mestr@s do cole están preparando algunhas cousas para celebralo, espero agudizar o oído en próximas reunións para poder contarvos algo máis......

E Lembrade, non lles digades nada aos profes! Shhhhhhh

Primeira semana de préstamos

Parece que o comezo do colexio sentou ben @s pequen@s lectores do colexio.

Nada máis e nada menos que 183 préstamos nunha soa semana, co que superamos os rexistros do curso pasado.

Que non baixe o ritmo

21 sept 2009

Nova ubicación

Definitivamente, esta será a ubicación definitiva do blog da biblioteca, neste espazo podemos aumentar as nosas posibilidades, xa que poderemos subir vídeos, fotos...con máis facilidade e, desa forma, facer o blog máis atractivo para tod@s!

Martes, 15 de setembro

Segunda xornada e ...........30 préstamos!!

Imos a un ritmo mellor que o pasado curso, de seguir así, querid@s amig@s, teremos que facernos con máis libros para tod@s.

Lembrade que tedes unha semana para ler os libros!

Primeira xornada...exitosa!!

No recreo deste luns a biblio abriu as súas portas e... vaia acollida!!
Nada máis e nada menos que 49 libros emprestados!!

Este ano os premios aos mellores lectores van estar máis reñidos que nunca, pero lembrade, é unha carreira de fondo e non chega soamente con empezar ben.

A biblio abre as súas portas

Moi boas, nen@s!! Son Donte de novo.

Benvid@s ao novo curso 2009-10.

Desexo que o verán servira para descansar, disfrutar e...LER!

Seguro que estades ansios@s por vir de novo á bilbioteca do cole para reencontrarvos de novo cos vosos amigos os libros. Eles están esperando por vós.

O vindeiro luns, día 14 de setembro a nosa biblioteca abre as súas portas para que poidades levar prestados os seus libros.

Xa sabedes o horario, tódolos recreos de 11:30h a 11:50h.

ESPÉROVOS!! NON FALTEDES

Curso 2009-2010

Boas nen@s!


Xa me coñecedes, son Donte, o habitante máis ilustre da biblioteca. Este curso imos ter moitas cousas novas. Entre elas temos a que estades vendo, este blog. Un espazo creado para que tod@s podades opinar sobre os diferentes temas que vaia publicando.

Xa sabedes, espérovos!!!!