27 oct 2009

ESTEBAN, PROTAGONISTA DO DONTEST SEMANAL

Esta semana o profe Esteban contesta ás preguntas do Dontest, e como podedes comprobar, le de todo!

1. Lembras quen te ensinou a ler?
- A miña mestra de Infantil, doña Ana. Gardo dela un moi bo recordo.
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Non sei o primeiro que lin, pero o primeiro que recordo é "Diez cuentos de lobos", de Jean-Francois Blade
3. Cal é o teu libro favorito?
- Sen dúbida, "El Eslabón", de Michael Bishop. É unha mestura de aventura, ciencia real e ciencia ficción sobre a nosa orixe.

4. E o teu autor/a preferido/a?
- Stephen King. Descubrino un pouco tarde, pero estou a piques de completar a colección de todas as súas novelas.

5. Cal é o último libro que liches?
- Ángeles y Demonios, de Dan Brown

6. Cantas horas les á semana?
- Depende das circunstancias, pero de media, unha hora ao día.

7. Agora estás a ler....
- A terceira entrega da saga de Harry Potter
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.

- Calquera lugar é bo, pero quédome coa praia a última hora da tarde, cando a xente empeza a marchar.

26 oct 2009

VÍDEO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA

Aí vai unha pequena fotomontaxe con momentos inesquecibles do venres


CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA

O pasado venres foi un día especial, celebrouse no cole o Día da Biblioteca e a verdade é que foi unha mañá do máis divertido e ameno. As obras de Teatro resultaron ser moi interesantes e divertidas. Os/as actores e actrices estiveron á altura das espectativas....jeje.

UNHA SEMANA PARA RECORDAR

A semana pasada foron nada máis e nada menos que 272 os libros que levástedes prestados. Esta cifra supón una marca fantástica, dificilmente superable. Temos que estar todos contentos por alcanzar cotas tan elevadas. Confío en que o tirón dos mes da biblioteca continúe e que moitos nenos e nenas se engancharan definitivamente á lectura. Seguro que non se arrpentirán.

21 oct 2009

DONTEST; ESTA SEMANA.........ANXO



Supoño que coa pista do "papeleo" acertarías o protagonista do Dontest, pero por se tiñas algunha dúbida, é Anxo, o secretario do cole, o que responde ás preguntas esta semana.


1. Lembras quen te ensinou a ler?

- Coido que sería na escola, unha mestra que se chamaba Dona Magdalena

2. Cal foi o primeiro libro que liches?

- A parte dos que había de texto, un que me prestara o meu mestre e que tiña varios relatos diferentes. Non me lembro do título.

3. Cal é o teu libro favorito?

- Teño moitos, pero "Sempre en Galiza" de Castelao, por dicir un. Tamén Scorpio, de Carballo Calero.

4. E o teu autor/a preferido/a?

- Tamén teño varios, pero agora poderíache sinalar aos dous mencionados antes, a Méndez Ferrín...
5. Cal é o último libro que liches?

- Unha biografía de Ramón Cabanillas

6. Cantas horas les á semana?

- Non teño horas fixas dedicadas á lectura. Podo pasar dous ou tres días sen ler máis que o obligado, ou pasarme tres, catro, cinco ou máis lendo.

7. Agora estás a ler....

- "Os libros arden mal", de Manolo Rivas
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- Mellor á noite e nas vacacións e fins de semana case xa na madrugada.

20 oct 2009

RECREO DE TOLOS!

Unha marea humana no recreo adueñouse da Biblio...

Parece que o reclamo dos agasallos funciona... A verdade é que son un pouco mal pensado, porque xa sodes moit@s os que habitualmente acudides nos recreos a coller libros, pero esta semana está sendo especialmente activa.

Por outra banda, mañá temos nova publicación do Dontest, quen será o entrevistado?

Unha pista; o "papeleo" non ten ningún segredo para el...

19 oct 2009

DATOS DE PRÉSTAMOS ATA HOXE

Nas poucas semanas que leva funcionando o servicio de préstamos da Biblioteca levamos realizados 873, unha cantidade moi boa que idica o interese deste servizo. Esperemos que todo siga igual e ao final de curso alcancemos unha cifra superior á do curso pasado.

SEMANA DE AGASALLOS

Outra das cousas que estamos a facer nesta semana da Biblioteca é a de facer agasallos a tod@s aqueles nen@s que leven libros prestados. E claro, as consecuencias foron as seguintes: 52 préstamos no recreo deste luns. É unha cifra case récord.

Quédavos toda a semana para levar os marcapáxinas e as pegatinas que se obsequian ao levar os libros, así que non desaproveitedes a oportunidade!

OUTUBRO, MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Efectivamente, amig@s, estamos no mes da Biblioteca Escolar. Para celebralo levaremos a cabo varias actividades conmemorativas.

O día principal será o venres 23, e o lugar, o ximnasio. Os alumn@s do terceiro ciclo disfrutarán dunha charla sobre o marsiqueo, os do segundo ciclo verán unha representación teatral, os do primeiro ciclo pasarano pipa cuns especiais contacontos; e os máis pequenos, os de Infantil, terán tamén a oportunidade de presenciar unha representación teatral.

Seguro que será un día fantástico.

6 oct 2009

QUICO PASA O DONTEST


Se vos digo que hai alguén que pasa na biblioteca tantas horas coma min, seguro que sabedes que estou a falar de Quico. Pois ben, el é o segundo en contestar ás cuestións do Dontest, aí van.

1. Lembras quen te ensinou a ler?
- Cando tiña 4 anos, aló polo 1967, entrei nunha escola unitaria para rapaces. Como eramos tantos e só había un mestre, aos máis pequenos atendíannos os rapaces maiores. Foi un deses compañeiros, xunto co mestre don Emilio, quen me aprendera a ler.
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Hai tanto tempo que, a verdade, non o recordo. Na miña casa, que era moi humilde, non tiñamos a penas libros; pero si che podo dicir que con 11 anos lin todo o Novo Testamento.
3. Cal é o teu libro favorito?
- O Señor dos Aneis, J. R.R. Tolkien
4. E o teu autor/a preferido?
- En español, Miguel de Cervantes e Pío Baroja; en galego, Eduardo Blanco Amor e estranxeiro, J.R.R. Tolkien.
5. Cal é o último libro que liches?
- El Plan del Señor para la Iglesia, de John MacArthur.
6. Cantas horas les á semana?
- Bastantes, aínda que depende das ocupacións que teña. Non poido dar unha cifra exacta.
7. Agora estás a ler...
- Ademais do National Geographic, estou lendo "Ensayos Teológicos en honor de Don Francisco Lacueva". Son pastor da Iglesia Evangélica de O Grove, e esa responsabilidade inflúe nas miñas lecturas.
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- Dous lugares: un, sempre, unha biblioteca, onde están os libros. Outro, o meu despacho, onde gozo de intimidade e tranquilidade, necesarias ambas para unha lectura reflexiva.
Un momento; calquer momento é bo para ler, pero, se teño que escoller, pola noite, incluso pola madrugada.

5 oct 2009

NOTICIAS SEMANAIS

A semana pasada aumentaron de forma considerable os comentarios ás noticias do blogue. Sen dúbida, o Dontest de Dolores foi a nova máis comentada. Esperemos que pouco a pouco máis xente se anime a escribir as súas impresións no noso espazo.

Outra das novas a destacar foron os préstamos, que alcanzaron os 200, nada máis e nada menos. Isto significa que por terceira semana consecutiva aumentan e que imos camiño de récord. Noraboa a tod@s.


Lembrade que mañá temos Dontest...quen será o seguinte?