15 dic 2009

MOCHILAS VIAXEIRAS: TODO UN ÉXITO

Se es un dos que xa levou a Mochila Viaxeira entenderás o titular; se aínda non a levaches, terás que esperar para comprendelo.
A aceptación desta actividade está sendo boísima, a xulgar polos comentarios que tanto os nenos/as como os seus pais/nais nos deixades no libro de firmas.
Unha das cousas que máis repetides é que unha semana vos parece pouco tempo e estamos a traballar para aumentar o período de "préstamo" da mochila poñendo en marcha unha mochila máis por aula.
Seguide disfrutando dos libros, da música e dos DVDs que contén esta "viaxeira" tan particular.

1 comentario:

Anónimo dijo...

É certo que un dos maiores problemas é o tempo. Se coincide unha fin de semana con compromisos é difícil atopar un intre para pasar cos nosos fillos o tempo suficiente como para ver o DVD, escoitar música...
Dúas semanas sería perfecto. De todas formas, noraboa polo fomento da lectura