24 mar 2010

Unha web interesante

Boas!! Aquí vos deixo un enlace divertido e interesante para a animación á lectura. Seguro que pasas un rato agradable navegando por esta web.

http://www.cajamagica.net/

23 mar 2010

Seguimos coas reformas

Efectivamente amig@s; seguimos co pequeno desbaraxuste que supón toda reforma e que impide realizar empréstitos esta semana.
Onte os alumnos/as de sexto fixeron un bo traballo mudando os libros dos estantes vellos e almacenándoos en caixas. Asimesmo a profe Belén, Sergio, Kico e Xavier pasaron as súas movendo mobiliario para facer sitio.
Confiamos que, entre esta semana e a Semana Santa, as obras terminen e cando voltedes das vacacións atopedes un lugar máis atractivo e acolledor do que temos actualmente.
Se algún de vós quere facer algunha proposta para a decoración que non o dubide!! Espero os vosos comentarios!!

22 mar 2010

Estamos de obras!!

Querid@s blogueir@s, chegou o momento desexado, as prometidas reformas da biblioteca están xa en marcha. O novo mobiliario xa está no centro e pouco a pouco comezará o vaciado das estanterías, o movemento de libros, nova pintura, colocación de novas mesas...seguro que valerá a pena e quedará moi chula!!
Agora ben, hai que pagar a peaxe que toda "mudanza" supón, e seguramente os usuarios verédesvos afectados por todos estes trocos. Algún día a actividade na biblio será suprimida e por iso pedimos disculpas por adiantado polas molestias que causemos.

Farei unha reportaxe fotográfica de todo o proceso e despois veremos se realmente serviu de algo, ok??

PD: A actividade no blogue non se verá afectada.

17 mar 2010

Donte pasa "revista" a Olga

Ao falar un intre sobre lectura con Olga daste conta da ilusión que mantén pola literatura. Sorprende a variedade de temas, de autores...podemos chamala "todoterreo" dos libros.
O que máis me gusta é a forma de contaxiar esa ilusión por ler; non te perdas o seu interesante Dontest.

1. Lembras quen te ensinou a ler?
- A miña nai; eu pasaba longas tempadas na cama por infeccións na garganta, e ela con contos de fadas ensinoume.
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Eran coma fascículos de fadas
3. Cal é o teu libro favorito?
- Non teño e o anano dos gustos é amplo; O Principiño, Nacidos para Amar, Elogio de la lentitud, Cuentos para pensar de Jorge Bucay... e Brújula para navegantes solitarios, de Elsa Punset, que foi dos últimos que lin e gustoume.
4. E o teu autor preferido?
- Non teño, paso bos ratos con Bucay, con Bus Cagleja e con Carl Moneré porque son libros para reler ás veces
5. Cal é o último libro que liches?
- Los amigos de mis hijos, de Carmen Guaita
6. Cantas horas les á semana?
- Depende, cantas máis mellor, é un vicio que me inculcou a miña nai.
7. Agora estás a ler...
- El niño de los caballos, de Ruper Isaacson e Contigo aprendí, de Guaita
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- Mirando ao mar, en silencio e soa, aínda que serve calquer lugar se tes facilidade para illarte.

Olga quere engadir que está desexando ler El Crepúsculo del querer

16 mar 2010

Para que leo? Leo para...

Moitas veces me fixen esta pregunta e dependendo do momento saíame unha resposta diferente. Unhas veces lía para durmir (un pouco triste esta resposta), outras veces lía para relaxarme, outras para informarme de algo...

Pero desta vez propúxenme atopar unha resposta global, que me convencera de verdade. En definitiva, leo para vivir algo diferente, para ser quen non son, para que iso diferente que vivo me emocione, me enfade, me entristezca, me alegre...leo para saír da realidade, ou para volver a ela...creo que leo para ser feliz.

Espero que vos gustara, mañá temos Dontest, un saudiño!

15 mar 2010

Mmm...Estou enfadado con vós!!

Non é que 162 empréstitos sexa unha mala cifra, pero lembrades que a semana pasada pedinvos colaboración para chegar aos 200?? Pois non me fixéstedes nin caso!!

Se pasades esta semana pola biblio veredes unha pequena exposición de novidades nas mesas; moitos deses libros viaxaron polas aulas dentro da "casa dos libros" e tiveron unha grande aceptación entre vós. Se non vos dades présa seguro que voan.

Mañá contareivos para que leo; se vos interesa, entrade bloguear.

Deica!!

10 mar 2010

AS CURIOSIDADES "LECTORAS" DE EVA, AO DESCUBERTO

Esta semana chegamos a 3º de primaria. Unha das mestras que amablemente contesta esta semana as cuestións do Dontest é Eva. Como podedes comprobar algunha das súas respostas coincide con algunha dos Dontets anteriores. A totalidade das presguntas, a continuación:

1. Lembras quen te ensinou a ler?
- A primeira mestra que tiven, dona Adela
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Non o recordo
3. Cal é o teu libro favorito?
- Los Pilares de la Tierra
4. E o teu autor preferido?
- Varios, non podería dicir un.
5. Cal é o último libro que liches?
- Como agua para chocolate
6. Cantas horas les á semana?
- Non son nada constante, unhas semanas leo moito e outras pouco.
7. Agora estás a ler...
- La Leyenda de las Lágrimas Doradas, de Juanjo Lamelas
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- Calquer lugar tranquilo e en calquera momento.

8 mar 2010

Seguimos a medrar!!

Gustouvos a homenaxe ás mulleres traballadoras?

Penso que era obligado, pero en fin, ao que nos ocupa. Teño que volver felicitarvos porque a semana pasada chegamos aos 193 empréstitos; dos cales 166 foron no recreo e 27 en titorías.
Está a ser un curso sensacional e é grazas a todos/as vós.

Propoño un reto, 200 empréstitos esta semana, chegaremos??

8 de marzo, día da muller traballadora

Como ben vedes no título de hoxe, celebramos o día da muller traballadora. Non se trata de acordarnos un día ao ano das virtudes de todas esas mulleres, senón de facer unha pequena homenaxe que teña repercusión, de aí o de Día Internacional da Muller Traballadora.

Unha desas "mulleres traballadoras" ponlle nome ao noso colexio: Rosalía de Castro. A ela tocoulle vivir unha época ben difícil e convertiuse en pioneira en moitas facetas. A máis coñecida é a súa obra como poetisa, a que lle deu fama e fai que sexa coñecida por todos/as hoxe en día.
Hoxe é un bo día para ler algún dos seus poemas; aquí vou escribir un fragmento deles, como pequeno agasallo para ela e para todas as mulleres traballadoras:


Adiós ríos; adiós fontes;
adiós, regatos pequeños
adiós, vista d´os meus ollos
non sei cándo nos veremos

4 mar 2010

Os alumnos tamén bloguean!!

Pois si, queridos e queridas lectores/as, xa temos un alumno no cole que se atreveu co seu propio blogue.

Trátase de Martín Bea, de 5º A que en http://blogestudios.wordpress.com/ nos fala sobre o día a día na escola, máis en concreto, o día a día na súa aula.

Así que se queredes saber todo o que acontece entre esas catro paredes non tedes máis que entrar no seu enlace e pasaredes un rato agradable.



Noraboa Martín!!

3 mar 2010

Un enlace interesante

http://pequenoldn.librodenotas.com/

Premendo no enlace que che presento arriba entrarás na páxina do Semanario Infantil e Xuvenil do Libro de Notas.
Nela atoparás moita información sobre libros que seguro que che servirá de axuda.
Non perdas a oportunidade de entrar, non te arrepentirás.

O fan de Cousteau era...Sergio!!

Pois si blogueir@s, pensando un pouco no desfile de entroido decatariaste de que o buzo máis grande dos nenos de 2º de primaria era o seu profe, Sergio. Este apaixoado do mar e o seguinte en respostar as preguntas do Dontest. Como era de esperar, a temática mariña aparece en varias das súas respostas.

1. Lembras quen te ensinou a ler?
- Elvira, mestra de parvulitos do CEIP Xulio Camba, época da que gardo un bo recordo.
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Non me lembro
3. Cal é o teu libro favorito?
- Non teño un libro favorito pero sí unha temática, que é o mar
4. E o teu autor preferido?
- Calquera que fale do mar.
5. Cal é o último libro que liches?
- Métodos de investigación en Educación
6. Cantas horas les á semana?
- Nestes momentos moi poucas ou as necesarias para realizar os exames de psicopedagoxía; sempre quixen ser Orientador. Por outra banda, o emprego de internet e redes sociais, como o Facebook, tamén me rouba moitas horas de lectura.
7. Agora estás a ler...
- El Mar Philip Plisson e Diagnóstico en Educación.
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- Na praia, pero non en calquera, San Vicente é moi especial.

1 mar 2010

PARA QUE LES?

Menuda pregunta!! Que sinxela e que complicada á vez...

Nestas últimas semanas os profes do cole fixéronvos esta cuestión e moitos estades a contestar. Teño que dicir que moitas das respostas están a ser sorprendentes; e a maioría son moi, moi bonitas. Eu levo uns días dándolle voltas á pregunta e teño centos de respostas: curtas, longas, lóxicas, ilóxicas...en fin, cando chegue a unha conclusión definitiva publicarei aquí, no meu blogue, a resposta.

Un saudiño!

Pd: mañá hai Dontest, tócalle ao maior fan do profesor Jacques Cousteau, ese "buzo" que cruzou todos os mares e que nos acercou a todo tipo de criaturas. Quen será?

Volvemos á velocidade de cruceiro

Como vos foi coa "cicloxénesis explosiva"??

Xa sei que non foi para tanto, pero estou seguro que pasástedes moito tempo lendo esta fin de semana. Que por que o sei? Moi sinxelo, a semana pasada fixemos 182 empréstitos; unha cifra boísima que fai que volvamos aos rexistros de comezo de curso.
De seguir así os fantásticos rexistros do curso pasado quedarán en anécdota.
Non baixedes os brazos!!