Ao Blogue de Donte chegou un correo electrónico suxerindo facer unha homenaxe ao recentemente falecido José Saramago. A homenaxe consiste en dar a coñecer este vídeo cun conto do gran escritor portugués. Por suposto accedemos e sumámonos a esta iniciativa. Disfrutádeo:
24 jun 2010
21 jun 2010
Blogues de Bibliotecas
Queridos blogueir@s, xa non queda nada para finalizar este curso e chega o momento de despedirse. Vou comezar por despedirme dos compañeir@s doutros blogues de Bibliotecas Escolares. Coñecemos perfectamente o traballo e a dedicación que supón ter un blogue ao día, e o difícil que é ás veces atopar recursos e novas que sexan de interese xeral. Por iso, as ideas doutros compañeiros/as e a vontade de compartir experiencias e recursos son de gran axuda en moitas ocasións, por todo iso: GRAZAS.
Esperamos que neste primeiro curso O Blogue de Donte tamén aportara algo e servira de axuda en ocasións para outros blogues. O dito, bo verán e ánimo para o vindeiro curso, noraboa pola vosa actividade.

18 jun 2010
Loito polo pasamento dun grande
José Saramago, premio Nobel de Literatura no ano 1998, faleceu aos 87 anos de idade en Lanzarote, onde residía. Dende O blogue de Donte queremos sumarnos ao loito por un dos escritores máis importantes do século XX e comezos do XXI.
16 jun 2010
Guía de lectura para o verán
Boas de novo!!
Como sei que estaredes tristes pola derrota da selección de fútbol vou alegrar un pouco esas caras cunha primicia, aquí, no Blogue de Donte. Trátase da Guía de Lectura para o Verán, en exclusiva, antes de que sexan entregadas de forma impresa. Esperamos que vos sexa útil!

Datos do curso 2009-2010
Boas de novo lectores!!
É o momento de coñecer as estatísticas deste curso e como xa vos dixen son espectaculares, superamos as cifras do curso pasado con moito, e é un motivo para estar orgullosos. Sen máis voltas, aí van os datos:
CURSO 2009-2010 CURSO 2008-2009
5314 recreo 3197
827 titorías 1140
6141 total 5057
Estas cifras reflexan que os empréstitos medraron un 21,43%, isto a pesar de que a biblioteca estivo pechada 9 días por reformas, e outros 4 días por coincidir con outras actividades do centro.
Agora xa temos un reto para o curso que ven, superar estes datos.
Lémonos!

15 jun 2010
RANKINGS 2010
Amigos e amigas, é momento de facer públicos os rankings deste curso 2009-2010; poderedes comprobar que alumnos/as foron os máis aplicados/as e ver cales foron as preferencias á hora de coller libros emprestados.
MELLORES LECTORES/AS:
1º posto: Paula Vidal e Mara Galiñanes, con 148 libros.
3º posto: Joel Prieto Ferreiro, con 133 libros.
4º posto: Lucía Bagnasco Silva, con 131 libros.
5º posto: Natalia Romero Leiro, con 104 libros.
6º posto: Nair Iglesias Iglesias, con 98 libros.
7º posto: Laura Cacabelos Prieto, con 89 libros
8º posto: Dafne Domínguez Menéndez, con 86 libros
9º posto: Zoe Prieto Barros, con 85 libros
10º posto: Manuel Garrido Cornes, con 84 libros.
LIBROS MÁIS LIDOS:
1º posto: La Orca.............................................................36
2º posto: Yo Observo los Dinosaurios..................................32
3º posto: ¡Por mil quesos de bola...he ganado la lotorratón!....31
4º posto: El Delfín................................................................30
5º posto: ¡Qué vacaciones tan superratónicas!......................29
6º posto: Yo Observo el Cuerpo Humano............................28
7º posto: Cuatro ratones en el Salvaje Oeste........................27
8º posto: El Castillo............................................................27
9º posto: ¡Menudo canguelo en el Kilimanjaro!......................27
10 posto: ¡Un superratónico día...de campeonato!.................27
Xa vedes que ao final Nico conseguiu decantar a balanza e "La Orca" foi o libro máis lido este curso. As coleccións "Yo Observo..." o voso rato preferido, Gerónimo Stilton, son as outras obras que copan os primeiros lugares.

14 jun 2010
Acabáronse os empréstitos por este ano
Boas! Xa queda pouquiño de curso eh!
A semana pasada foi a última na que se puideron coller libros neste curso. Foron un total de 180 os rapaces e rapazas que aproveitaron a ocasión para levar un libro.
Durante esta semana soamente se procederá á devolución de libros. Ao longo destes días publicaremos os datos definitivos de empréstitos do curso, xa anticipo que foron magníficos; ademais sacaremos á luz o ranking definitivo dos mellores lectores, así como os libros preferidos dos nosos alumnos/as.

10 jun 2010
Alfombriñas para os ratos
Os antollos da margarida
Unha margarida fachendosa quere ter amigos, pero ten un carácter tan especial que lle impide ser tolerante.
Será capaz de deixar os seus caprichos a un lado?
Averiguao vendo esta obra de teatro

9 jun 2010
Dontest resumo
Boas!! Rematados os Dontest chega o momento de facer valoracións; lendo todos de novo fixen unha especie de resumo e así vemos como é o "lector tipo" dentro do profesorado do Ceip Rosalía de Castro.
1. Lembras quen te ensinou a ler?
1. Lembras quen te ensinou a ler?
- Aquí non hai dúbidas, case o 100% decántase pola súa primeira mestra, da que gardan moi bos recordos. A aprendizaxe era reforzada na casa nalgúns casos.
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Poucos/as o lembran, pero sí citan algún do que teñen un bo recordo.
3. Cal é o teu libro favorito?
- Nesta pregunta hai variedade, pero case todos se decantan polas novelas (salvo honrosas excepcións, como Ana -orientadora- que cita tamén a poesía). As máis escollidas son Los Pilares de la Tierra e as sagas de Dan Brown e Stieg Larsson
4. E o teu autor preferido?
- Os dous citados anteriormente son que máis adeptos teñen. Aparecen tamén autores en lingua castelá (García Márquez, Isabel Allende...) e en galego (Castelao, Rosalía...)
5. Cal é o último libro que liches?
- Aquí é imposible poñelos de acordo, houbo coincidencia en El Símbolo Perdido e El Código da Vinci
6. Cantas horas les á semana?
- Os mestres len unha media de 5-6 horas, pero case todos/as o condicionan ao tempo dispoñible segundo a época do ano.
7. Agora estás a ler...
- Buff!! Non hai coincidencia por ningún lado. Seica pasaranse os libros ao rematar de lelos?
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- Aquí dámonos conta de que a maioría son hogareños; prefiren ler na casa e preferentemente á noite.
O curso que ven os alumnos/as seredes os que máis aparezcades nesta sección. Espérovos!!
8 jun 2010
Xa temos ordenadores!!
Boas querid@s blogueir@s!! Teño unha nova boa e outra non tan boa. Empezo polo bo, xa temos os tres ordenadores na biblioteca. A non tan boa...non temos aínda enchufes para eles. Iso sí, nos próximos días a instalación estará feita e xa poderemos disfrutar de todas as melloras da biblioteca. Así queda a zona "informática":
7 jun 2010
A farsa de Bululú
Un excelente rei ou un tirano?
Unha persoa comprensiva ou un mandón?
Os nenos de 5ºB representan "A Farsa de Bululú", unha obra de teatro que podes disfrutar aquí, no blogue.

Comeza unha semana movida
Como foi esta fin de semana? Seguro que entre Dani Pedrosa, Jorge Lorenzo, Marc Márquez, Sergio Gadea, Rafa Nadal, o Caja Laboral - Real Madrid, o Rock in Río e algún que outro evento televisivo sacaches tempo para ler un pouquiño. Estou seguro porque a semana pasada levástedes 185 libros, e nalgún momento teriades que lelos!
Xa vos dixen onte que esta semana vai ser de aúpa. Vexamos; vou seguir poñendo obras de teatro, vouvos mostrar o calendario do 2010 que fixemos este curso, o libro de receitas, algunha que outra curiosidade, un Dontest resumo, rankings...
Comezo cun enlace interesantísimo que xa tedes no menú da dereita; a Unesco elaborou unha Biblioteca Dixital Mundial que podes visitar en http://www.wdl.org/. Bótalle unha ollada.
Lémonos e seguimos activos!

6 jun 2010
Non estaba de vacacións! Estaba traballando!
Boas blogueiros, despois dun parón de días debido á elaboración da memoria da Biblioteca voltamos á actividade subindo o vídeo da obra de teatro "A muller e o avogado", que as alumnas de 5º A representaron con brillantez.
Anticípovos que esta semana vai ser moi activa no blogue, xa que teño moitas cousas que contar e que subir!

1 jun 2010
Xa queda pouco curso
Como andan os meus lectores/as?
Quédanos pouco curso e polo tanto pouco tempo de actividade na biblioteca así que tedes que aproveitar para coller aqueles libros que vos interesen e aínda non tivéstedes a ocasión de ler.
A semana pasada fixemos 192 empréstitos, e no cómputo xeral do ano levamos superadas con creces as cifras do curso pasado.
Cambio de tema; a semana pasada levouse a cabo a IX Semana do Teatro en Galego para celebrar o Día das Letras Galegas. Ao longo desta semana ireivos poñendo aquí os vídeos das obras. Hoxe comezamos cos nenos/as de 3 anos; que fixeron a obra "O Sol abusón".

Suscribirse a:
Entradas (Atom)