7 jun 2010

Comeza unha semana movida

Como foi esta fin de semana? Seguro que entre Dani Pedrosa, Jorge Lorenzo, Marc Márquez, Sergio Gadea, Rafa Nadal, o Caja Laboral - Real Madrid, o Rock in Río e algún que outro evento televisivo sacaches tempo para ler un pouquiño. Estou seguro porque a semana pasada levástedes 185 libros, e nalgún momento teriades que lelos!

Xa vos dixen onte que esta semana vai ser de aúpa. Vexamos; vou seguir poñendo obras de teatro, vouvos mostrar o calendario do 2010 que fixemos este curso, o libro de receitas, algunha que outra curiosidade, un Dontest resumo, rankings...
Comezo cun enlace interesantísimo que xa tedes no menú da dereita; a Unesco elaborou unha Biblioteca Dixital Mundial que podes visitar en http://www.wdl.org/. Bótalle unha ollada.
Lémonos e seguimos activos!

No hay comentarios: