10 dic 2010

Paco Trolas, un mentireiro de bo corazón

Boas!!
Hoxe comeza a segunda parte da reforma da Biblioteca e andamos un pouco axetreados, pero non nos esquecemos de que é venres e temos que recomendarvos un libro.
Esta semana pensamos nos máis pequenos e presentamos unha das novidades, Paco Trolas , un ratiño bo pero con certa tendencia a non contar sempre a verdade.
Queres saber as consecuencias?
Colle emprestado o libro e descubrirás por ti mesm@ o que lle sucede.

1 comentario:

Sabela dijo...

Regalei este libro ao meu sobriño e encantoulle. Á primeira mentira, xa lle puidemos aplicar o se o di Paco trolas, será verdade, non? Totalmente recomendable para os cativos. Un saúdo