27 ene 2010

Faille caso a Víctor!!

Víctor é outro dos alumnos de 5ºA que visita a Biblioteca e que non dubida en compartir con Geronino Stilton parte do seu tempo de lecer.

Neste caso, Víctor aconséllavos "Tontorratón quien llegue el último". A ficha do libro é a seguinte:

Título: Tontorratón quien llegue el último
Autor: Geronimo Stilton
Editorial: Planeta
Edición: Destino
Ano publicación: 2006

Protagonistas: Geronimo Stilton e Fiera
Personaxes secundarias: Tea, Trampita e Benjamín.
Opinión persoal: gustoume moitísimo, paréceme dos mellores libros da Biblioteca. O que máis me gustou é que di moitas cousas para sobrevivir no deserto.

26 ene 2010

OLALLA RESPOSTA O DONTEST


Como xa vos dixen onte, outra das profes de Infantil, Olalla, é a protagonista esta semana do Dontest. Seguro que no futuro o seu nome aparecerá de novo neste cuestionario, porque se vos fixades, todos lembran ás súas mestras de Infantil como as que lles ensinaron a ler. Grazas a elas nos metemos nun mundo cheo de aventuras e intrigas que nos fan pasar momentos felices.
Agora, le con atención as respostas de Olalla e xa verás como dentro duns anos, algunha das respostas tamén será túa.


1. Lembras quen te ensinou a ler?

- As miñas primeiras mestras, dona Teresa e dona Milagros.
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Un libro de contos de Santillana, non lembro o título
3. Cal é o teu libro favorito?
- "El Perfume"
4. E o teu autor preferido?
- Non teño, gústame ler os libros en función da historia, non polo autor.
5. Cal é o último libro que liches?
- "La Niña de Gris"
6. Cantas horas les á semana?
- Depende da semana, pero unhas cinco horas.
7. Agora estás a ler...
- "El mismo Mar de todos los Veranos"
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler
- No xardín, cando vai bo tempo ou na cama antes de durmir.

25 ene 2010

Unha páxina interesante

A Asociación de Escritores en Lingua Galega, AELG (máis de 380 escritores e escritoras) conta cunha web que, ademais dun centro de documentación, ten un espazo didáctico pensado como unha ferramenta de traballo e coñecemento da obra dos escritores da AELG. Pretende ser unha xanela aberta á divulgación de contidos pedagóxicos en lingua galega enfocados ás diferentes etapas educativas.

Para visitar nesta interesante web te que entrar en: http://www.aelg.org/DidacticSpace/MainPage.do

Seguro que moitos mestres/as, pais e nais e, por que non, nen@s atopades nese espazo un lugar agradable para a divulgación da nosa cultura.

UNHA NOVA SEMANA

Boas, blogueir@s!! Que tal esa fin de semana?

Comezo como cada luns informando sobre as cifras de empréstitos da semana pasada, que foron case iguais aos da anterior, nesta ocasión realizamos 163, un máis. Espero que esta semana sexan polo menos dez máis, para desta forma ir recuperando pouco a pouco as cifras ás que me tiñades habituado este ano.

Por outra banda, non quero pasar por alto que esta semana vaise celebrar no colexio o Día da Paz, en concreto o venres. Moit@s foron os escritores/as que adicaron liñas, páxinas enteiras e ata libros a este tema. Seguro que algún deles xa forma parte da vosa lista de libros lidos e, se non é así, esta pode ser unha boa semana para facelo.

Por suposto que esta semana tamén teremos Dontest, seguimos coas mestras de Educación Infantil, neste caso será Olalla quen conteste as cuestións, e estou seguro que alguna sorpresa nos depara. Pero para lelo terás que esperar ata mañá.

Deica!!

20 ene 2010

A PROFE DE 3 ANOS, MARÍA, CONTESTA O DONTEST


Quen non lembra os contos e as historias que lle contaba a súa mestra de 3 anos?
Pois sí, as mestras de Infantil teñen que tirar a miúdo de imaxinación para captar a atención deses pequenos "diablillos". Esa gran cantidade de recursos pode explicarse vendo as respostas da mestra María.

1. Lembras quen te ensinou a ler?
- A mestra de preescolar
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- A verdade é que non recordo cal foi
3. Cal é o teu libro favorito?
- "Historia de una maestra", "O neno do pixama de raias", "O lapis do carpinteiro"...
4. E o teu autor preferido?
- Manolo Rivas, Paulo Coelho
5. Cal é o último libro que liches?
- "El pez Dorado"
6. Cantas horas les á semana?
- Sete ou oito horas
7. Agora estás a ler...
- "Novedades, souvenirs, artículos de coña" de Róber Bodegas.
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler
- Gústame moito ler antes de durmir.

19 ene 2010

A RECOMENDACIÓN DE MARTÍN BEA


Un dos alumnos que máis frecuenta a nosa biblioteca é Martín Bea. Dende a súa experiencia como lector atrévese a recomendarvos un libro. Estou seguro de que os que lean non se arrepentirán. Velaí vai a recomendación:
Título: Billetes Falsos
Autor: Fiona Kelly
Editorial: Ediciones B
Colección: Los tres del misterio
Ano de publicación: 1997
Protagonistas: Holly, Miranda y Peter
Argumento: ¿De onde sacou Peter un billete falso? Polo visto, do mercadillo de segunda man que se organiza todos os sábados na escola. Pero...¿quen llo colocou?
Os tres do misterio tendrán que facer traballo de espionaxe para desmantelar unha terrible rede de falsificadores.
Opinión personal: Gustoume moito, é moi entretido e emocionante.

18 ene 2010

COMEZO "MORNO" DOS EMPRÉSTITOS

Comeza unha nova semana, querid@s lectores/as!

Será porque me tiñades acostumado a cifras moi altas, pero a semana pasada fixemos 148 empréstitos, unha cifra que sitúa a semana pasada como unha das máis frouxas do ano.
Á volta das vacacións sempre costa retomar os bos costumes pero espero que pouco a pouco vaiamos recuperando o ritmo frenético dos meses de outubro e novembro.

Lembrade que dende a vosa casa tamén podedes reservar libros empregando a páxina web da biblioteca, na que ademais poderedes acceder a unha gran cantidade de aplicacións para a vosa utilidade.

Mañá volverei con novidades e co Dontest da profe de 3 anos, María José, un saúdo!

13 ene 2010

Belén, primeiro Dontest do ano

Interesante o Dontest de Belén, non perdas a ocasión de ver as súas respostas, nas que verás que esta profe tamén sucumbiu ao encanto de "Millenium" e ademais ten como favoritos unha serie de libros moi recomendables.

1. Lembras quen te ensinou a ler?
- Non se me olvida, Dona Marisa, na aula de 5 anos co método "Micho".
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Un libro de adiviñas, que era o meu favorito e despois a colección das "Aventuras de Puck".
3. Cal é o teu libro favorito?
- "La Sombra del Viento", de Carlos Ruiz Zafón, "La Casa de los Espíritus", de Isabel Allende, "El amor en los tiempos del cólera" de García Márquez...é que non teño un libro favorito!! Encántame ler!!
4. E o teu autor/a preferido/a?
-Sen dúbida, Isabel Allende.
5. Cal é o último libro que liches?
- "La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina", de Stieg Larsson.
6. Cantas horas les á semana?
- Oito horas aproximadamente.
7. Agora estás a ler....
- "La reina en el palacio de las corrientes de aire", de Stieg Larsson.
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
-Na cama antes de durmir.

12 ene 2010

XA ESTAMOS DE VOLTA!!

Boas queridos/as lectores/as!!
Antes de nada, feliz 2010 a tod@s , que sexa un ano cheo de ledicia, espero que a lectura vos aporte parte desa felicidade!

Xa voltamos á escola e de novo empezaron os empréstitos, 57 nos dous primeiros días, o que di que comezamos o ano un pouco fríos... Por certo, "La Orca" segue a ser o libro preferido por vós (¿terá Nico algo que ver?).

Que saibades que mañá reanúdase tamén o Dontest, será Belén a que teña o privilexio de ser a primeira que o pase este ano.

Para rematar, en breve comezaremos a publicar as vosas recomendacións de lectura, seredes protagonistas deste blogue, pois apareceredes (con foto e todo!) aconsellando un libro ao resto de alumn@s do cole.

Ata mañá!