23 dic 2011

ADICADO A TODAS AS PROFESORAS E PROFESORES DA EDUCACIÓN PÚBLICA.

Pois iso, adicado a tod@s os que cremos que o Ensino Público ten moito que dicir nesta sociedade

20 dic 2011

Chegan as vacacións

Boas dontiñ@s!
Xa queda menos para despedirnos ata 2012.
Rematamos un trimestre de moito traballo no que a pesar de poder dedicarlle menos tempo á nosa querida biblioteca fumos quen de aumentar o número de empréstitos que fixeramos o curso pasado a estas alturas; iso foi grazas a vós -que seguides acudindo en masa nos recreos- e aos profesores titores que visitan cada semana a biblioteca cos seus alumnos/as e entenden a lectura como algo fundamental na educación.

Algunha nova importante:
- Esta semana as mochilas viaxeiras non saerán do cole, desta forma tamén terán unhas merecidas vacacións.
- Aos despistados/as que aínda non devolveron os libros de biblio, decirlles que soamente lles queda o recreo de mañá para facelo, así que apuntádeo na fronte para non esquecervos mañá.

16 dic 2011

Guía de Lectura para o Nadal

Esta é a guía de lectura que elaboramos este curso para que a teñades en conta nas vosas cartas aos Reis Magos ou a Papá Noel.



13 dic 2011

Que lle pedirías a Papá Noel?

Papá Noel non escapa aos problemas mundiais e tamén sofre as consecuencias da crise. Así que como este ano vai un pouco axustado de cartos dende o equipo de Biblioteca propoñemos que as nosas peticións non teñan que ver con nada material. Así que dende hoxe mesmo xa repartimos unhas tarxetas onde podedes poñer aquelo que desexades sen necesidade de recurrir aos euros. Cando recollamos as vosas respostas publicaremos aquí algunhas delas.

6 dic 2011

Recursos sobre os Dereitos Humanos

Boas! O vindeiro día 10 de decembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos Humanos, para poder traballar na aula esta conmemoración dámosvos as seguintes opcións:

DEREITOS HUMANOS:
http://mpparente.edu.glogster.com/glog-7472-5562/: Recompilación de recursos elaborada polo CPI de A Cañiza
"Cada pollo con su rollo": caderno que explica os dereitos de forma moi sinxela para EI e 1º ciclo
Tamén podedes ver este vídeo que trata o tema:

5 dic 2011

Constitución e Estatuto de Autonomía

Grazas ao CPI da Cañiza temos acceso a unha excelente páxina para conmemorar o Día da Constitución e o Estatuto de Autonomía.
 Preme na imaxe, accede e pasa un bo rato aprendendo sobre estes dous asuntos tan importantes e que tanto axudaron ao desenvolvemento do país.

1 dic 2011

Vapor ti, vapor todos

A continuación poñémosvos un vídeo promocional da Fundación SM, no que fala da campaña "Vapor ti, vapor todos", que consiste no seguinte; neste nadal, por cada libro de Barco de Vapor que se merque, a Fundación SM regala outro. Unha boa iniciativa

30 nov 2011

Recursos para o Día da Constitución

 Boas! Achégase o 6 de decembro e, como tod@s sabedes, celebramos o Día Da Constitución. Para traballar esta conmemoración poñemos a disposición de toda a comunidade educativa unha serie de recursos que esperamos sexan útiles para entender e dar a coñecer tan importante texto.

Páxina de recursos de Olga Díaz, mestra do Ceip Milladoiro de Bergantiños
Unidade didáctica: A Constitución é cousa de nenos e nenas

Culturgal en Pontevedra, esta fin de semana

Esta fin de semana celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra a Feira das Industrias Culturais, denominada Culturgal. É unha oportunidade única para ver de primeira man todo o que se move en torno á cultura galega.
Premendo aquí podedes acceder ao programa de actividades, que este ano reforzou, e moito, a programación familiar.  
Se premes na imaxe da esquerda levarémoste á páxina web oficial onde atoparás toda a información sobre esta interesantísima feira.

28 nov 2011

Aproxímanse cambios...

Boas dontiñ@s!
Como ben di o título da entrada, levamos un tempo dándolle voltas á cabeza para mellorar o noso servizo. Estamos sopesando a posibilidade de reformar o blog. Ademáis de cambios no formato (imaxes, letra, cores...), estamos pensando en facer cambios estruturais que faciliten a navegación e aumenten as posibilidades. Cremos que podemos ofertar aínda máis cousas e temos que darlles cabida. Por suposto admitimos suxerencias, así que se botas algo de menos, é o teu momento!

26 nov 2011

O segredo do libro de Kells

Boas! Hoxe a recomendación semanal chéganos dende o IES de Porto do Son. Trátase de O segredo do libro de Kells, e non é un libro, senon unha película.
Para situarvos mellor na historia, ollade este vídeo:

24 nov 2011

Máis para traballar a violencia de xénero

Estereotipos de xénero: excelente blog de igualdade e coeducación

Presentación feita polo Ceip Andrade



Canción de Bebe "Ella"

23 nov 2011

Para desterrar a violencia de xénero

A continuación poñemos en disposición de toda a comunidade educativa unha serie de recursos para traballar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, esa lacra que empobrece a nosa sociedade. Premendo en cada un dos enlaces poderedes acceder aos sitios web de cada un deles:

22 nov 2011

Novas da semana

Boas dontiñ@s!
Despois de varias semanas volvo dirixirme a vós. Xa sei que seguimos publicando entradas con cousas moi interesantes, pero non tivemos nin un segundo para dicirvos como marchan as cousas.
E as cousas marchan ben, xa que a semana pasada emprestamos 205 libros, o que fai que esteamos moi contentos.
Tamén temos un pouquiño aparcados os Dontest, así que intenaremos recuperalo esta semana con outra das novas mestras do cole.
Xoves e venres, coma sempre, faremos recomendacións e seguro que facemos un pequeno espazo para falar dalgunha conmemoración.
Lémonos!

20 nov 2011

Unicef e os Dereitos da Infancia

Boas! Xa sei que hoxe é día de eleccións, que é moi importante, pero tamén celebramos o día dos Dereitos da Infancia. Xa colgamos recursos para esta conmemoración, pero hoxe queriamos facer unha mención e ademais aconsellaros que entredes nesta páxina:
http://www.enredate.org


É unha páxina de unicef na que atoparás moitas cousas interesantes: artigos, vídeos...Todos eles de persoas e personaxes moi coñecidos (Leo Messi, Pocoyó...) nos que nos falan dos dereitos dos nenos.
Entra e xa verás como non te arrepintes.

18 nov 2011

Que bonito é Panama, recomendación da semana

Esta semana a recomendación lectora collémola prestada do blog "Leohle", que fala deste libro da seguinte maneira:

"A Editorial Kalandraka reeditou en 2010 este libro que xa é un clásico na literatura infantil.
Escrito e debuxado por Janosch, tráta da viaxe de dous amigos (un oso e un tigre) en busca do seu lugar ideal: Panamá

Unha historia deliciosa que fai reflexionar a grandes e pequenos sobre o que temos diante e non vemos, sobre o valor do que posuímos, e sobre o valor da amizade incondicional baseada no respecto á diferencia, na complicidade e na comprensión.


O texto está cheo de humor fino e deixa un sabor a inocencia e optimismo, ambos tan necesarios nestes tempos.


Ó rematar a lectura é posible que o lector máis informado se pregunte...
Por que ir a Panamá?"

16 nov 2011

Unha marabillosa fantasía

Detrás do desexo de obter fondos para a asociación benéfica Room to Read, diferentes ilustradores uníronse para realizar Sketchtravel, un libro de debuxo que pasa dun debuxante a outro como se fora un facho olímpico. O proceso durou catro anos e o libro visitou 12 países. Aquí tes o resultado:


SketchTravel from Curio on Vimeo.


Este foi o proceso seguido:

Sketchtravel trailer ENGLISH from Sketchtravel.tv on Vimeo.

14 nov 2011

A Lingua Sabe a Pan

Fantástico vídeo feito polos mestres a alumnos do CPI Virxe da Saleta de Cea onde reivindican o uso da nosa lingua. Para ver unha e outra vez

A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.

A que lle tes medo?

Aquí tes a resposta, mira o vídeo atentamente e coñecerás algún dos vosos medos...

10 nov 2011

Exposición e recursos sobre o Día da Tolerancia

Boas de novo!
O vindeiro día 16 conmemórase o Día da Tolerancia, con motivo desta celebración colocamos no taboleiro da entrada á biblioteca unha serie de textos relacionados coa temática.
Ademais poñemos a disposición da comunidade educativa os seguintes enlaces:
- Miniquest sobre a tolerancia
- Espazo web da ONU sobre o tema
- Contos sobre tolerancia

9 nov 2011

Exposición sobre os Dereitos da Infancia


 Boas!
Como xa vístedes onte estamos preto do Día dos Dereitos da Infancia. Ademais dos recursos e enlaces que colgamos fixemos unha exposición no corredor principal con libros, citas e debuxos relacionados con este tema.
Esperamos que sexa útil para todos/as e que vos deixedes caer pola exposición para aprender algo máis sobre os Dereitos dos Nenos.
Lémonos!

8 nov 2011

Dereitos da infancia

 Boas meus!
Acércase o 20 de novembro, Día Internacional dos Dereitos da Infancia. Dende o equipo de biblioteca poñemos a disposición da comunidade educativa unha serie de recursos para traballar esta conmemoración.
Esperamos que disfrutedes e aprendades moito con todos estos recursos que están á vosa disposición. Lémonos!

7 nov 2011

50 aniversario de Memorias dun neno labrego


 Con motivo do 50 aniversario da publicación de "Memorias dun neno labrego", de Xosé Neira Vilas o Ceip Frián de Teis elaborou unha actividade LIM relacionada con este libro e este excelente escritor galego.
Para acceder a esta actividade premede na imaxe.

4 nov 2011

El Herbario de las Hadas, libro da semana

A continuación presentámoste este precioso libro, El Herbario de las Hadas.
Podes ver o vídeo que tes a continuación ou entrar neste enlace para obter máis información:
http://herbierdesfees.com/

3 nov 2011

Sergio Riveiro, gañador do concurso

Xa temos gañador do concurso!
Olga Espiño foi a man inocente que convertiu en gañador a Sergio Riveiro, alumno de 3º. Sergio contestou correctamente a todas as preguntas relacionadas coa exposición do PDI.
Parabéns, Sergio.

Respostas do test do PDI

Rematou o prazo para entregar as respotas ao test relacionado coa exposición do PDI "Outros pobos, outras culturas". En total participaron 36 alumnos e alumnas, dos cales 21 acertaron todas as respotas e, por tanto, entrar no sorteo dun agasallo.
Estas son as preguntas coas súas correspondentes respostas:

1. Como se chama a casa de xeo dos esquimais? IGLÚ

2. De que país é propio o instrumento chamado “balalaica”? RUSIA

3. En que continente se atopa un país chamado “Senegal”? ÁFRICA

4. Como se chaman os habitantes orixinais (oriundos) de Nova Zelandia?

MAORÍES

5. En que país moi cercano a España (máis alá do Estreito de Xibraltar) os homes visten a “chilaba”? MARROCOS

6. De que país é típica a casa chamada “yurta”? MONGOLIA

7. En que país se baila a “samba”? BRASIL

8. En que país tómase tradicionalmente o “té” ás cinco da tarde? INGLATERRA (GRAN BRETAÑA)

9. De que país é típico o vestido chamado “kimono”? XAPÓN

10. En que país se atopan as “pirámides” máis famosas do mundo? EXIPTO

11. De que país é tipico un baile e canción chamado “tango”? ARXENTINA

12. En que país naceu Mahatma Gandhi? INDIA

2 nov 2011

Por/para que ler?

No blogue do CPI Viaño Pequeno atopamos este interesante artigo que vos mostramos a continuación, resulta moi interesante:

(...) Los libros nos ayudan a derrotar los prejuicios racistas, étnicos, religiosos e ideológicos entre los pueblos y las personas y a descubrir que, por encima o por debajo de las fronteras regionales y nacionales, somos iguales en el fondo, que los "otros" somos en verdad "nosotros" mismos. Gracias a los libros viajamos en el espacio y en el tiempo, como hizo Julio Cortázar en La vuelta al día en ochenta mundos sin salir de su biblioteca, y comprobamos que, con todos sus matices y variantes, la humanidad es una sola y compartida.'

'(...) La vida de los libros nos enriquece y nos transforma. Nos hace más sensibles, más imaginativos y, sobre todo, más libres. Más críticos del mundo tal como es y más empeñados en que cambie también él y se vaya acercando a los mundos que inventamos a imagen y semejanza de nuestros deseos y sueños.
Por eso, los libros son un testimonio inapelable de las carencias y deficiencias de la vida, aquellas que incitan a los seres humanos a crear mundos de fantasías y a volcarlos en ficciones para poder tener aquello que la vida que vivimos no nos da.'

'(...) Leer nos hace libres, a condición, claro está, de que podamos elegir los libros que queremos leer, y que los libros puedan escribirse e imprimirse sin inquisidores ni comisarios que los mutilen para que encajen dentro de las estrechas orejeras con que ellos aprisionan la vida. Defender el derecho de los libros a ser libres es defender nuestra libertad de ciudadanos, el precioso fuego que la atiza, mantiene y renueva.'

(Mario Vargas Llosa, La libertad y los libros, Feria del Libro de Buenos Aires)

Visto en http://menosquemarx.blogspot.com/

28 oct 2011

Derradeiro sorteo


Boas!
Hoxe celebramos o derradeiro sorteo deste mes da biblioteca.
O gañador resultou ser Raúl, de 1ºB, que escolleu como regalo a mochila que vedes na imaxe.
Parabéns ao gañador.

27 oct 2011

BIBLIOCASTELO A PEDRA: UN SAMAÍN DE CONXUROS

Boas dontiñ@s! Máis e máis Samaín!

Dende a Biblioteca do Ceip de A Pedra de Bueu nos chega un actividade LIM relacionada co Samaín, non deixes pasar a oportunidade e faina!

http://bibliocasteloapedra.blogspot.com/2011/10/un-samain-de-conxuros.html

26 oct 2011

Nova sección na Biblioteca

 Como podedes ver as imaxes dende hoxe temos unha nova utilidade para o taboleiro da biblioteca. Vainos recomendar un libro, o privilexio de ser o primeiro recomendado é para Los versos del libro tonto.



Este libro permanecerá colgado para que o podades ver e decidir se vos intresa ou non.
Lémonos!

25 oct 2011

Máis do Samaín

 Boas! Imos poñendo máis novidades e recomendacións de cara ao Samaín.
Como podedes ver na imaxe da esquerda temos un "Certame Literario do Samaín", para participar debes contestar á pregunta "A que lle tes medo?". Para iso hai uns papeis decorados para o concurso, debes enchelo e presentalo. Esmérate e...sorte!!
Por outra parte, e como tamén ves na imaxe da esquerda, temos no exposit0r da entrada da Biblioteca unha colección de libros relacionados co Samaín e co Hallowen. Hainos para todas as idades, así que non hai disculpa para levar algún.
De entre eles aconsellámosvos a colección "O baúl dos monstros", que están tendo moi boa aceptación entre vós.


Se vos interesan moito as historias de medo tedes que ler o libro que tedes á esquerda.
Éste é un resumo do libro:
"Si yo soy ese que está ahí fuera… ¿quién soy yo?"
Así empieza el libro rojo de David, uno de los componentes de la pandilla de "Los sin miedo". Contiene 19 historias de terror, de esas que te ponen en alerta y de repente te hacen percibir todos los ruidos de tu alrededor y ver lo que no está. Pueblos desiertos, un MP3 asesino, amores que cruzan la frontera de la vida... misterios que no tienen respuesta.
¡La pandilla de "Los sin miedo" nunca podían imaginar tanto terror!


Xa sabes, se te atreves.....a lelo!!

24 oct 2011

Visita de Mario Tomás

Como colofón ao mes da biblioteca e coincidindo coa celebración do Día Internacional das Bibliotecas Escolares recibimos a visita de Mario Tomás. Resultou unha xornada moi agradable e os nenos disfrutaron do lindo coas súas historias.


Tamén podes ver un momento da súa intervención neste pequeno vídeo. (Agradecemos a Mario as facilidades que nos deu para publicar este documento)

Chega o Samaín!!

Xa temos ben preto o Samaín, como cada ano o equipo de Biblioteca quere dar a posibilidade á comunidade educativa de acceder a recursos sobre esta celebración. Premendo na imaxe enviarémosvos a unha páxina con todo tipo de actividades (elaborada polo CEIP Víctor Sáenz).

A maiores ímosvos recomendar un blogue chamado "Repugnante y nutritiva" , un libro de cociña con tremendo éxito en América, nel baixo nomes como Sanguijuelas fritas, Pis y caca, Dientes podridos, Sangre coagulada escóndense receitas do máis saudable e nutritivo.

Hoxe é Día da Biblioteca!!

O 24 de outubro celébrase o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. Levamos todo o mes conmemorando este día e como colofón temos a visita do contacontos Mario Tomás.

Con motivo desta celebración a Consellería de Educación edita un cartaz cunha imaxe dun autor galego. Nesta ocasión, Emma Ríos, ilustradora do mundo do cómic, interpreta o lema proposto, Biblioteca escolar, última xeración, e ofrécenos unha visión alegre e cómplice do que son e poden ser as bibliotecas escolares: lugares de encontro e de convivencia, espazos de aprendizaxe e de contacto gozoso coa cultura escrita; integración dos distintos soportes e formatos que albergan a información e os contidos culturais, oportunidades para soñar e imaxinar; apoio para a adquisición de competencias básicas e construción de coñecementos de calquera tipo; escolas de cidadanía.
As bibliotecas escolares están xa inmersas en proxectos e actividades porque, por moi escuro que sexa o futuro, nas nosas bibliotecas non se deixa de soñar.

21 oct 2011

Milena, nova gañadora do sorteo

Como cada venres deste mes de outubro fixemos o sorteo dun agasallo. Nesta ocasión a gañadora foi Milena Castillo, que recibiu o premio de mans da súa amiga (e colaboradora da biblioteca) Susi. O premio elexido foi unha camiseta.

Unha "Fervenza Literaria" para pais/nais e fill@s

Boas dontiñ@s!


Hoxe imos facer a nosa recomendación literaria dunha forma distinta á habitual. No canto de poñer un libro imos poñer un espazo web que se adica a escribir sobre eso, libros. O seu nome é Fervenzas Literarias e está feita por un "galego" de Salamanca, Nacho.


http://www.fervenzasliterarias.com/RAPACES/Rapaces.htm
Esta fervenza ten seccións tanto para pais/nais como para vós. Premendo no enlace que está debaixo da imaxe accederedes ao espazo adicado aos rapaces. De todos xeitos, aconselládelle aos vosos pais que boten unha ollada ás outras seccións, seguro que lles gusta.
Lémonos!

20 oct 2011

Fomento da lectura

A través do blog "Trafegando Ronseis" tivemos acceso a uns grandes vídeos de fomento da lectura, aquí os tedes







Recursos educativos por materias

18 oct 2011

Dontest.........de Marta!

Como xa vos dixera, este Dontest fíxose esperar un pouco de máis (case unha semana). Hoxe coñecemos un pouco máis a outra nova mestra do cole. Marta imparte clases de Audición e Linguaxe e conestou amablemente as nosas preguntas; aí tes as respostas.

1. Lembras quen te ensinou a ler?
-A mestra no colexio e meus pais
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
-Algún da colección "El Barco de Vapor"
3. Cal é o teu libro favorito?
- A colección de "Los cinco" de Enid Blyton e Crimen y castigo, de Dostoiesvki
4. E o teu autor preferido?
-Ningún en especial
5. Cal é o último libro que liches?
-Ángeles y Demonios, de Dan Brown
6. Cantas horas les á semana?
- Unha ou dúas
7. Agora estás a ler...
-Agora mesmo ningún
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- Ler na cama axúdame a coller pronto o sono. Tamén noutros lugares agradables como na praia ou no campo.
Penso que calquera momento no que estemos relaxados é bo para ler.

17 oct 2011

Novo concurso!

Boas!
Comezamos outra semana do mes da biblioteca.
Seguimos coa inercia positiva de empréstitos e a pasada semana chegamos aos 182. De seguir así non quedarán libros na biblio.
Por outra banda puxemos en funcionamento un novo concurso, esta vez relacionado coa exposición do PDI. Para participar deberás pasar pola biblioteca e coller unha folla cunhas preguntiñas relacionadas cos libros e obxectos que están expostos na entrada do corredor principal. Se contestas ben a todas elas entrarás no sorteo dun agasallo. Vai correndo á biblio e proba sorte.

1. Como se chama a casa de xeo dos esquimais?

2. De que país é propio o instrumento chamado “balalaica”?

3. En que continente se atopa un país chamado “Senegal”?

4. Como se chaman os habitantes orixinais (oriundos) de Nova Zelandia?

5. En que país moi cercano a España (máis alá do Estreito de Xibraltar) os homes visten a “chilaba”?

6. De que país é típica a casa chamada “yurta”?

7. En que país se baila a “samba”?

8. En que país tómase tradicionalmente o “” ás cinco da tarde?

9. De que país é típico o vestido chamado “kimono”?

10. En que país se atopan as “pirámides” máis famosas do mundo?

11. De que país é tipico un baile e canción chamado “tango”?

12. En que país naceu Mahatma Gandhi?

14 oct 2011

Xa temos novo gañador

Boas dontiñ@s!
Como cada venres deste mes de outubro fixemos o sorteo dun agasallo entre todos aqueles que levaron un libro emprestado esta semana. Neste caso o gañador foi María Isabel Padín, que se decantou por unha gorra
Aquí temos as imaxes do día


13 oct 2011

Unha curtametraxe que non te podes perder

Non perdades a ocasión de ver esta fermosa historia. É un curto de Fina Casalderrey (todos a coñecedes polos seus libros, ademais visitounos o curso pasado). Non vos conto nada máis, mirádeo. Titúlase "Dúas letras"

12 oct 2011

Humor gráfico

Como prometimos onte, imos poñer un par de imaxes con humor gráfico, a verdade é que son moi inxeniosas, pero non están moi lonxe da realidade....Ou non?


Ás veces, cando non sabemos que facer, poñemos calquera cousa na tele. Non sería mellor disfrutar lendo?


Na actualidade parece que as persoas formadas son as realmente perigosas, así que os libros poden ser considereados como armas de destrucción masiva.

11 oct 2011

Exposición "Outros pobos, outras culturas"

Como dixemos na entrada anterior, poñémosvos un vídeo con imaxes da exposición que estamos a levar a cabo. Se queres ver as fotografías, podes premer aquí.

Moito que contar

Boas!
O primeiro é pedir perdón por comezar a semana un martes, pero é que onte non houbo momento algún para escribir.

Entrando de cheo en materia, parabéns para todos 0por facer que a semana pasada os empréstitos chegaran aos 246, un rexistro fantástico.

Por outra banda, xa podedes visitar a exposición de libros e obxectos relacionados con PDI "Outros pobos, outras culturas", esta tarde subiremos un vídeo da exposición e un enlace co álbum completo de fotos.

Mañá como sabedes non hai cole, así que non teremos Dontest ata o xoves; de todas formas os pediría que entredes no blogue porque daremos un toque de humor ao mundo dos libros, seguro que vos vai gustar.

Lémonos!

7 oct 2011

Mochilas Viaxeiras: o luns toca cambio

O vindeiro luns 10 de outubro toca traer as mochilas viaxeiras despois de telas disfrutado dúas semanas. Rogamos que sexades rigurosos para que as familias que teñen que levar as mochilas tamén as poidan aproveitar o mesmo tempo.
Ah! E non vos esquezades de escribir no diario da mochila, grazas!

Sorteo do primeiro regalo

Como vai todo?
Hoxe fixemos o primeiro sorteo de regalos do mes da Biblioteca. A afortunada goi Paula Domínguez, de 1ºA que entre os regalos que tiñamos escolleu un chuvasqueiro. Aquí tes as imaxes do momento

6 oct 2011

A escola pública, para tod@s

Nestes tempos que corren non exentos de problemas convén recordar que un dos maiores bens que temos logrado é a posibilidade de ter unha escola pública e gratuita para tod@s. Este vídeo así o explica:

Un enlace moi interesante

Aínda que non é o horario habitual intentamos non faltar á nosa cita dos xoves e as recomendacións.
Nesta ocasión achegámonos a outro blog dunha bilbioteca escolar, a do CPI Viaño Pequeno que publicou un excelente artigo sobre como cambia o noso cerebro o feito de ler.
Podes lelo premendo aquí.

Por certo, parabéns para os nosos compañeir@s do CPI Viaño Pequeno.

Dontest de...Marcos!

Xa vos dixen que non é moi frecuente atopar homes impartindo clases en Educación Infantil, pois no noso cole temos un, chámase Marcos e comparte connosco o Dontest:

1. Lembras quen te ensinou a ler?
- Meus pais e dona Otilia, mestra de Educación Infantil
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Non me lembro,sería algún da colección "Barco de Vapor"
3. Cal é o teu libro favorito?
- La Metamorfosis ou El guardián entre el centeno. Non teño un favorito
4. E o teu autor preferido?
- Gabriel García Márquez
5. Cal é o último libro que liches?
- El arte de contar cuentos
6. Cantas horas les á semana?
- Depende da semana e do tempo libre que teña
7. Agora estás a ler...
- Gomorra e El lobo estepario
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- Na cama, antes de durmir.

4 oct 2011

Novas dun martes calquera

Boas!! O mes da biblioteca nótase nos recreos, onte 55 persoas achegáronse á biblio para coller libros, e se non me equivoco, creo que é o récord de empréstitos nun só día. Tendo en conta que en toda a semana pasada prestamos 134 libros...menudo comezo de mes!

Por outra banda, temos un novo blogue no cole. Os alumnos e alumnas de 4º decidiron poñer en marcha un blog de aula para usalo como ferramenta educativa. Chámase mecoblogdecuarto, preme no nome se queres facerlles unha visita e ver como o teñen montado.

Máis cousas, posiblemente mañá inauguremos a exposición do PDI "Outros pobos, outras culturas", nela poderedes ver diferentes libros relacionados co tema, así como debuxos e outros obxectos.

Mañá tamén teremos a cita semanal co Donest, neste caso baixaremos ao ciclo de Infantil para buscar á nosa vítima, un rara avis entre o profesorado desa estapa educativa, xa sabes quen é? xogaríaste cartos? É...

3 oct 2011

Comezou o Mes da Biblioteca!!

Boas dontiñ@s!!
Comezamos o mes de outubro, que, como xa sabedes, é o Mes da Biblioteca. Para conmemoralo levaremos a cabo unha serie de actividades que paso a contarvos.
Durante este mes cada vez que leves un libro emprestado recibirás un pequeno agasallo (marcapáxinas, lapis...) e ademais cubrirás un papel cos teus datos que irá a unha furna. O venres de cada semana realizaremos un sorteo dun agasallo máis grande (mochilas, camisetas, chuvasqueiros...).
O primeiro día xa se viron os efectos...as colas foron inmensas e actividade foi total.
Aquí tes imaxes do primeiro lector en recibir o regalo, que ademais foi o primeiro en depositar o papel.
Tamén podes ver a ringleira que se formou.

30 sept 2011

Empezamos coas recomendacións lectoras

Nenas e nenos do mundo, este é o primeiro libro que vos recomendamos este curso 2011/2012. A elección foi sinxela, por un lado queriamos que tivera relación directa co PDI "Outros pobos, outras culturas" e por outro...por outro, cando o leades xa vos daredes conta. Un libro precioso de Vicente Muñoz con debuxos de María Espluga.

Por certo, o mes de outubro é o mes das bibliotecas escolares, o luns cóntovos algunha que outra sorpresa.

Lémonos!

29 sept 2011

Mafalda está cumple!!

Velaí a tedes, feita unha nena con 47 anos...
É, sen dúbida, unha das personaxes máis inxeniosas que podemos atopar no mundo do cómic.O seu "pai", Quino, dotouna dunha intelixencia e unha audacia que a bo seguro nos fixo pensar en máis dunha ocasión.É autora de frases míticas como:
-"A medio mundo le gustan los perros, y hasta el día de hoy nadie sabe que quiere decir guau..."
- "-Bueno ahora guarden todos sus útiles menos lápiz, goma de borrar y una hoja en blanco en la que anotarán una prueba escrita. (Profesora)
-Perdon ¿y si apeláramos a la sensatez y dejáramos la cosa para otro día. Digo...para evitar un inútil derramamiento de ceros. " 
- "¿Y si en vez de planear tanto voláramos un poco más alto?"

En fin, se xa es fan dela, segue a disfrutala, en caso contrario, é un bo día para descubrila.

PARABÉNS, MAFALDA!!

Hoxe recomendamos "La mejor lección"

Boas!!
Como todos os xoves propoñémosvos alguna visita polo ciberespazo que vos poda resultar interesante. Esta semana desprazámosnos ata Andalucía, xa que alí lanzaron unha campaña para o fomento da lectura que está moi ben. Un bo número de caras coñecidas cóntanos como se iniciaron no mundo da lectura -pode lembrar un pouco ao Dontest, ou non?-, máis ben, quen os iniciou, dándolles desa forma, a mellor lección posible.

Son seis vídeos de pouca duración pero que merecen ben a pena.
 Podes velos entrando en:


http://www.lamejorleccion.com

Aquí tes un exemplo:

28 sept 2011

A profe era...Juncal!!

Como xa vos dixera en entradas anteriores comezamos os Dontest deste curso. A primeira en pasalo foi Juncal. Queres saber algo acerca dos seus costumes na lectura? Bótalle unha ollada ás súas respostas.
1. Lembras quen te ensinou a ler?
- A mestra, que era a miña tía Romi
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- A verdade é que non o lembro
3. Cal é o teu libro favorito?
- Teño máis de un, pero por exemplo: Los Pilares de la Tierra ou Ensayo sobre la ceguera
4. E o teu autor preferido?
- Gústame moito Saramago
5. Cal é o último libro que liches?
- ¿Quién se ha llevado mi queso?
6. Cantas horas les á semana?
- Depende da semana
7. Agora estás a ler...
- Millenium II
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- Na cama antes de durmir.

Recursos PDI: "Outros pobos, outras culturas"

Esta entrada estará en constante revisión porque iremos engadindo todos os enlaces que creamos que poden ser interesantes.

AFS INTERCULTURA: asociación que promove oportunidades de aprendizaxe intercultural

AULA INTERCULTURAL: portal que busca a creación dunha sociedade baseada na educación en favor do respecto e a convivencia entre as diferentes culturas

BIBLIOTECA DIXITAL DA OEI: listado de enlaces a diferentes páxinas, revistas e publicacións sobre educación multicultural

CASA ÁRABE E INSTITUTO INTERNACIONAL DE ESTUDOS ÁRABES E DO MUNDO MUSULMÁN:  Páxina que pretende difundir a cultura árabe.


CENTRO NACIONAL DE INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN INFORMATIVA: páxina que informa aos pais e nais sobre como educar aos fillos/as en valores

CONECTANDO MUNDOS: páxina que fomenta a participación e intercambio entre alumnos e alumnas de diferentes realidades xeográficas, culturais, económicas e sociais.

EDUALTER: espazo para compartir recursos para unha educación transformadora que leve a un mundo máis xusto

27 sept 2011

Avanza a semana

Boas! Hoxe é un día raro porque o cole está medio baleiro. Moitos mestres e moitos alumnos non acudiron porque están de folga para mostrar o seu desacordo co novo horario lectivo dos profes e o que elo conleva.

Por outra parte hoxe elaboraremos a etiqueta adicada ao PDI: Outros pobos, outras culturas. A primeira entrada serán unha serie de enlaces con recursos para traballar a interculturalidade.

Para finalizar, mañá pasa o Dontest unha mestra nova que veu este ano ao cole, ten moitos alumnos e alumnas, ensina cousas moi diferentes, pero o que máis lle gusta é a Expresión Musical, ela é.....

26 sept 2011

Semana do "veraniño de San Miguel"

Moi boas dontiñ@s!
Parace que chega o verán...pero en outono!! Pois si, despois dun verán do máis regular en canto climatoloxía se refire entramos no outono cunhas temperaturas un tanto atípicas...ou non?
Aínda que pareza raro non o é tanto xa que por estas datas moitas veces sucede algo parecido. A resposta a isto atopámola na sabiduría popular; o "veraniño de San Miguel". Parece ser que a semana do 29 de setembro -San Miguel- adoita ter unhas temperaturas impropias do outono; desta forma bautizouse como "veraniño".
Anécdotas aparte imos ao que nos interesa; levamos ata o momento 301 empréstitos, unha cifra interesante para este comezo de curso.
Esta semana si teremos Dontest, en serio, a semana pasada non foi posible por falta de tempo, pero esta prometemos facer un oco para publicalo, mañá dou pistas.
Ademais comezaremos a traballar no PDI, temos recompilados uns cantos enlaces relacionados coa interculturalidade que colgaremos mañá -se pode ser- para que os titores/as podan comezar a traballar.
Tamén temos uns vídeos que fomentan a lectura, neste caso será o xoves o día indicado para a súa publicación.
E nada máis, a non ser que o novo colaborador do blogue -Esteban- se anime a debutar e se arranque con algunha publicación.
Lémonos!

23 sept 2011

E chegou o outono

Boas! Se somos escrupulosos, no momento desta publicación aínda non chegou, senon que será ás 11:05h. En definitiva, hoxe hai cambio de estación. A imaxe que vedes corresponde a un templo maya, reflexa o momento exacto que marca o equinoccio de outono. Da mesma forma tiñan controlado o equinoccio de primavera, así controlaban as épocas de sembra e recollida das súas colleitas.
A continuación imos ver unha visión do outono pertencente á nosa cultura, trátase dun precioso poema de Otero Pedrayo sobre esta estación:

Xa os derradeiros días de sol amañeceron
unhas mancholas cor de cobre nas ponlas
máis valentes dos vellos negrillos da estrada.
Os amieiros musicais afeitos a seguir a carreira das
augas tamén adquiren unha mística pureza de ouro
melancólico sobre o lucir da alba. As campás do val
rachan as xordas néboas. No serán locen feixes de
rosas murchas nas montañas do poente. O outono.
“¡Que triste está a aldea!” din os cidadáns
maxinando os camiños lamigosos, as casas afumadas,
os espellos da auga encorada nos sucos do
centeo, o trecolear dos zocos nas costas pedregullentas.
O vivir parece que detén o seu ritmo ó
compás do crecemento das noites e do medoñento
caer das follas e dos ourizos nos soutos seculares. Xa
non estoupan os foguetes da festa nin se ergue o
alalá das escascas coma nas doces noites setembrinas.
O cidadán pensa que a aldea morre
agardando coa paciencia dos penedos a que volte o
ledo rexurdir primaveral. Mais chegádevos a unha
verdadeira parroquia campesía, ollade prós terreos,
entrade nos curros e veredes que a vida lonxe de se
deter, corre máis axiña e loce máis luminosa igual
que a lapa petrucial da lareira.
O labrego ergueu a colleita. O millo está nos
cabaceiros, a pinga nas pipas, o feno ben gardado
das chuvias. Os eidos quedaron espidos. E por certo
que este ano os labregos non tiveron que se matar
na angueira. Xa o ferrado de centeo sube de trinta
reás, a horta esgotouse coas calores, o millo nin
palla rendeu nas herdades. A irmá Fame entrouse
polas portas da aldea. Soio medrou a contribución
neste ano de gracia.
A vosa sorpresa será grande cando vos deades
conta dunha cousa insospeitada: o labrego, a pesar
de tantas calamidades, non está demasiado queixoso.
¿Sabedes a razón? Pois é ben sinxela: porque xa
vive no ano que vén. Xa latexa na esperanza.
A esperanza endexamais morre na aldea galega.
Nin despois dos pedrazos, nin cando cos grandes
traballos se recolle un pouco de herba pró gando,
nin cando decreban as feiras e o diñeiro procura
outros camiños que os da aldea. Agora as chuvias
caroais ameazan con afogar a semente do centeo fai
pouco depositada amorosiñamente nos sucos
tenros. Non importa. Ó correr do ano unha
esperanza inmorredoira corre nas conversas das
bodegas e das lareiras, nas escascas e nas rozas, e
loce no ollar dos paisanos cando nos seráns das
festas se demoran paseando quediñamente polos
eidos amados.
Na terra verdecente do adro dormen os ósos dos
que tamén traballaron, sufriron e agardaron. Un
misterioso sentimento de comunidade xunta os
vivos cos difuntiños. Das lousas gastadas do
cemiterio sae un consello grave e amigo. Tamén eles
pasaron por moitas calamidades mais se voltaran ó
mundo, outrora collerían a aixada e marcharían
ledos cara ó torrón labrego.
Apenas morta unha esperanza xurde outra
esperanza nova na primeira alborada. Os que veñen
da América renegan do traballo do agro e teñen
lástima irónica dos pais —os vilegos como eles din—
ó velos apegados ó rabo da aixada. Non pensan que
latexa na aldea unha forza que non se pode
conquerir nas grandes vilas, afumadas e resplandecentes,
do estranxeiro.