22 jun 2011

Rematou o curso e toca despedirse

Boas querid@s dontiñ@s!
Seguro que hoxe estades a mar de contentos!! Comezan as vacacións e podedes disfrutar de moito tempo libre.
Coma sempre, dende o equipo de biblioteca queremos aconsellarvos que leades todos os días.
Para nós hoxe é un día un pouco triste, o motivo é que tres membros do equipo de biblioteca nos abandonan por diversos motivos.
Olga traballou moito durante unha etapa da súa vida e agora ten dereito a descansar grazas á súa merecida xubilación. O caso de María José e Lydia é diferente, xa que cambian de colexio e agora serán outros nenos e nenas os que poidan disfrutar do seu excelente traballo.
Botarémosvos moitísimo de menos, os que quedamos intentaremos que a vosa ilusión, as vosas ideas, a vosa dedicación e o voso tremendo traballo non caian en saco roto. Seguiremos co voso labor.
Unha aperta moi, moi grande e boa sorte nas vosas novas etapas. Grazas ás tres.

17 jun 2011

Mellores lectores/as do curso 2010-2011

Boas de novo!
Estamos aquí outra vez para homenaxear aos mellores lectores e lectoras deste curso que está a apiques de rematar.
Durante toda a semana fixemos entrega de agasallos para todos eles e hoxe mostrámosvos as imaxes.
Premendo nas fotografías poderás acceder a un ábum máis completo de fotos.

Mellores lectores do 1º Ciclo    Mellores lectores do 2º Ciclo
Mellores lectores do 3ºCiclo

Os/as premiados/as foron:

1º A: Lucía Devesa Rey (77)

1º B: Pablo Pazos Parada (135)

2º A: Bárbara Casal González ( 39)

2º B: Zoe Otero Naveiro (49)

3º A: Lucía Devesa Barreiro (45)

3º B: Mar Lores Fontoira (96)

4º A: Mª del Carmen Eirea Soutullo (16)

4º B: Joel Prieto Ferreiro (145)

5º A: Julia Devesa Prieto (64)

5º B: Paula Vidal Álvarez (113)

6º A: Lucía Bagnasco Silva (98)

6º B: Miriam Pombo Piñeiro (27)

SEGUNDOS MELLORES LECTORES DE CADA CLASE


1º A: Elena Marey García García (50), Mariña Martínez Gondar (47), Natalia Moldes Piñeiro (38), Daniel Basdediós Iglesias (38)

1º B: Mª Isabel Padín Alonso (134), Sara Piñeiro Vidal (106), Juan Otero Meis (74), Álvaro Torres Fernández (69)

2º A: Diego Álvarez Paz (34), Lía Germade Fuentes (34), Dafne Domínguez Menéndez (32), Kiara Marlene Cordobés (24)

2º B: Marina Muñiz Barros (49), Mateo Prieto Barros (42), Nerea Márquez Cal (39), Manuel Rodríguez Díaz (35)

3º A: Anxo Martínez Prieto (23), José Couso Otero (20), Santiago Manuel Carmona Dearriba (18), Paula Castro Parada (17)

3º B: Ludmila Abigail Saldivia (33), Ainhoa Montenegro Otero (28), Ana Lois Medrano (28), Ariana Otero Prol (22)

4º B: Natalia Romero Leiro (138), Zoe Prieto Barros (87), Juan Antonio Prol Romero (49), Sofía Martínez Padrón (48)

5º A: Érika Devesa Barros (60), María Díaz Figueiro (46), Clara Galiñanes Couso (42), Noelia Domínguez Castro (35)

5º B: Naír Iglesias Iglesias (105), Mara Galiñanes Cobelo (67), Iñaki Vieira Caneda (67), Manuel Garrido Cornes (44)

6º A: Martín Bea Garrido (66), Laura Cacabelos Prieto (53), Illa Agrelo Arenas (24), Carlos Gondar Álvarez (21)

6º B: Miriam Pombo Piñeiro (27), Lucía Otero Argibay (23), Sara Míguez Bravo (21), Nicolás Mougán Touriño (20)

Guía de Lectura para o Verán 2011

Boas dontiñ@s!! Aquí vos mostramos algunhas suxerencias para leades no verán, premede nas imaxes para amplialas:


13 jun 2011

Xa temos gañadores do "Blogconcurso"

Aquí temos ás gañadoras do "Blogconcurso", trátase de Aihnoa Montenegro (3ºB) e Laura Cacabelos (6ºA). Elas contestaron correctamente a todas preguntas formuladas e resultaron premiadas entren todos os participantes. Parabéns e que sigades visitando o blogue.


Grazas, colaboradores/as

Aquí os tedes, son unha parte fundamental do funcionamento da nosa biblioteca. Estamos a falar dos nosos colaboradores e colaboradoras, que fan que as tarefas nos recreos estean máis repartidas e dese xeito teñamos un servizo máis áxil de mellor calidade. Na fotografía aparecen cunha libreta das Bilbiotecas Escolares que recibiron como agasallo.
A tod@s, moitas grazas. Aos de sexto recordarvos que esta biblioteca sempre será vosa e aos de quinto, decirvos que os esperamos o vindeiro curso.

12 jun 2011

Datos do curso

Boas!
Unha vez que demos por rematados os empréstitos por este curso xa temos recompilados os datos globais.
Anticipo que as cifras son estupendas, pero lixeiramente inferiores ás do pasado curso.
Aí van:
Préstamos totais:  5.737 libros (372 menos que o curso pasado)
Préstiamos no recreo: 3.967 libros (1315 menos que o pasado curso)
Préstamos en titorías ou polas tardes: 1.770 (943 máis que o curso pasado)

O reto está lanzado para o vindeiro curso: manter estas cifras e se podemos, superalas.

8 jun 2011

Os traballos do PDI, ao descuberto

Boas!
Despois de moito tempo de traballo e elaboración os vosos traballos para o PDI "Os Contos: un mundo de fantasía" viron a luz.
Levamos xa uns cantos días de exposición no corredor principal, pero agora podes disfrutar deles aquí e tamén na Canle Ceip Rosalía. Bótalle unha ollada:

7 jun 2011

Audioconto "O Conto da Voz"

Víctor Casaldarnos é un dos alumnos que máis frecuenta a biblioteca. É normal velo nos recreos esperando para empregar os ordenadores. Cal será a súa sorpresa cando a próxima vez que encenda o ordenador e entre no blogue, vexa que el é o protagonista. Xunto coa profe Lydia fixo un audioconto chamado "O Conto da Voz". Non o dubides, escóitao:

6 jun 2011

Acércase o final dos empréstitos

Boas querid@s dontiñ@s!
Cada vez está máis preto a fin deste curso 2010-2011 e iso implica que tamén estamos a piques de pechar a biblioteca.
Ata o 10 de xuño poderedes levar libros emprestados, a partir desa data soamente poderedes devolver os libros que levastes.
Así que aproveita esta última semana para ler ese libro que che apetece e aínda non levaches para casa.
Lémonos!

3 jun 2011

Entrega da última mochila

Esta semana fixemos o último sorteo das mochilas e o afortunado foi Tomás Benavides, de 5º de primaria. O colaborador Iñaki fixo entrega da mesma.
Parabéns a tod@s os afortunad@s que tiveron a sorte de saír premiad@s.

Lembrade que aínda tedes a oportunidade de gañar un premio se participades no concurso do blogue.

Lémonos!!

2 jun 2011

5 de xuño: Dia do medio ambiente



Ola dontiñ@s seguro que xa o sabedes pero, para estar seguros desde este blogue queremos recordarvos que o próximo 5 de xuño celébrase o Dia internacional do medio ambiente. Para unirnos á celebración decidimos facer un enlace á web de SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente), só tedes que premer na imaxe.






Iso non é todo. Se premedes na segunda imaxe accederedes a unha compilación de recursos online sobre este e outros temas relacionados. Hai recursos de todo tipo e para todas as idades. Asi que a disfrutar, a aprender e a concienciarse de que o coidado do noso planeta está nas nosas mans.










1 jun 2011

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no  Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:
A insoportable levedade das bibliotecas escolares galegas
Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente  de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na  iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos,  esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes  en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son  seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos  incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada  centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino  xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro  será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propia Consellería a que nos invisibiliza?.