28 oct 2011

Derradeiro sorteo


Boas!
Hoxe celebramos o derradeiro sorteo deste mes da biblioteca.
O gañador resultou ser Raúl, de 1ºB, que escolleu como regalo a mochila que vedes na imaxe.
Parabéns ao gañador.

27 oct 2011

BIBLIOCASTELO A PEDRA: UN SAMAÍN DE CONXUROS

Boas dontiñ@s! Máis e máis Samaín!

Dende a Biblioteca do Ceip de A Pedra de Bueu nos chega un actividade LIM relacionada co Samaín, non deixes pasar a oportunidade e faina!

http://bibliocasteloapedra.blogspot.com/2011/10/un-samain-de-conxuros.html

26 oct 2011

Nova sección na Biblioteca

 Como podedes ver as imaxes dende hoxe temos unha nova utilidade para o taboleiro da biblioteca. Vainos recomendar un libro, o privilexio de ser o primeiro recomendado é para Los versos del libro tonto.



Este libro permanecerá colgado para que o podades ver e decidir se vos intresa ou non.
Lémonos!

25 oct 2011

Máis do Samaín

 Boas! Imos poñendo máis novidades e recomendacións de cara ao Samaín.
Como podedes ver na imaxe da esquerda temos un "Certame Literario do Samaín", para participar debes contestar á pregunta "A que lle tes medo?". Para iso hai uns papeis decorados para o concurso, debes enchelo e presentalo. Esmérate e...sorte!!
Por outra parte, e como tamén ves na imaxe da esquerda, temos no exposit0r da entrada da Biblioteca unha colección de libros relacionados co Samaín e co Hallowen. Hainos para todas as idades, así que non hai disculpa para levar algún.
De entre eles aconsellámosvos a colección "O baúl dos monstros", que están tendo moi boa aceptación entre vós.


Se vos interesan moito as historias de medo tedes que ler o libro que tedes á esquerda.
Éste é un resumo do libro:
"Si yo soy ese que está ahí fuera… ¿quién soy yo?"
Así empieza el libro rojo de David, uno de los componentes de la pandilla de "Los sin miedo". Contiene 19 historias de terror, de esas que te ponen en alerta y de repente te hacen percibir todos los ruidos de tu alrededor y ver lo que no está. Pueblos desiertos, un MP3 asesino, amores que cruzan la frontera de la vida... misterios que no tienen respuesta.
¡La pandilla de "Los sin miedo" nunca podían imaginar tanto terror!


Xa sabes, se te atreves.....a lelo!!

24 oct 2011

Visita de Mario Tomás

Como colofón ao mes da biblioteca e coincidindo coa celebración do Día Internacional das Bibliotecas Escolares recibimos a visita de Mario Tomás. Resultou unha xornada moi agradable e os nenos disfrutaron do lindo coas súas historias.


Tamén podes ver un momento da súa intervención neste pequeno vídeo. (Agradecemos a Mario as facilidades que nos deu para publicar este documento)

Chega o Samaín!!

Xa temos ben preto o Samaín, como cada ano o equipo de Biblioteca quere dar a posibilidade á comunidade educativa de acceder a recursos sobre esta celebración. Premendo na imaxe enviarémosvos a unha páxina con todo tipo de actividades (elaborada polo CEIP Víctor Sáenz).

A maiores ímosvos recomendar un blogue chamado "Repugnante y nutritiva" , un libro de cociña con tremendo éxito en América, nel baixo nomes como Sanguijuelas fritas, Pis y caca, Dientes podridos, Sangre coagulada escóndense receitas do máis saudable e nutritivo.

Hoxe é Día da Biblioteca!!

O 24 de outubro celébrase o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. Levamos todo o mes conmemorando este día e como colofón temos a visita do contacontos Mario Tomás.

Con motivo desta celebración a Consellería de Educación edita un cartaz cunha imaxe dun autor galego. Nesta ocasión, Emma Ríos, ilustradora do mundo do cómic, interpreta o lema proposto, Biblioteca escolar, última xeración, e ofrécenos unha visión alegre e cómplice do que son e poden ser as bibliotecas escolares: lugares de encontro e de convivencia, espazos de aprendizaxe e de contacto gozoso coa cultura escrita; integración dos distintos soportes e formatos que albergan a información e os contidos culturais, oportunidades para soñar e imaxinar; apoio para a adquisición de competencias básicas e construción de coñecementos de calquera tipo; escolas de cidadanía.
As bibliotecas escolares están xa inmersas en proxectos e actividades porque, por moi escuro que sexa o futuro, nas nosas bibliotecas non se deixa de soñar.

21 oct 2011

Milena, nova gañadora do sorteo

Como cada venres deste mes de outubro fixemos o sorteo dun agasallo. Nesta ocasión a gañadora foi Milena Castillo, que recibiu o premio de mans da súa amiga (e colaboradora da biblioteca) Susi. O premio elexido foi unha camiseta.

Unha "Fervenza Literaria" para pais/nais e fill@s

Boas dontiñ@s!


Hoxe imos facer a nosa recomendación literaria dunha forma distinta á habitual. No canto de poñer un libro imos poñer un espazo web que se adica a escribir sobre eso, libros. O seu nome é Fervenzas Literarias e está feita por un "galego" de Salamanca, Nacho.


http://www.fervenzasliterarias.com/RAPACES/Rapaces.htm
Esta fervenza ten seccións tanto para pais/nais como para vós. Premendo no enlace que está debaixo da imaxe accederedes ao espazo adicado aos rapaces. De todos xeitos, aconselládelle aos vosos pais que boten unha ollada ás outras seccións, seguro que lles gusta.
Lémonos!

20 oct 2011

Fomento da lectura

A través do blog "Trafegando Ronseis" tivemos acceso a uns grandes vídeos de fomento da lectura, aquí os tedes







Recursos educativos por materias

18 oct 2011

Dontest.........de Marta!

Como xa vos dixera, este Dontest fíxose esperar un pouco de máis (case unha semana). Hoxe coñecemos un pouco máis a outra nova mestra do cole. Marta imparte clases de Audición e Linguaxe e conestou amablemente as nosas preguntas; aí tes as respostas.

1. Lembras quen te ensinou a ler?
-A mestra no colexio e meus pais
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
-Algún da colección "El Barco de Vapor"
3. Cal é o teu libro favorito?
- A colección de "Los cinco" de Enid Blyton e Crimen y castigo, de Dostoiesvki
4. E o teu autor preferido?
-Ningún en especial
5. Cal é o último libro que liches?
-Ángeles y Demonios, de Dan Brown
6. Cantas horas les á semana?
- Unha ou dúas
7. Agora estás a ler...
-Agora mesmo ningún
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- Ler na cama axúdame a coller pronto o sono. Tamén noutros lugares agradables como na praia ou no campo.
Penso que calquera momento no que estemos relaxados é bo para ler.

17 oct 2011

Novo concurso!

Boas!
Comezamos outra semana do mes da biblioteca.
Seguimos coa inercia positiva de empréstitos e a pasada semana chegamos aos 182. De seguir así non quedarán libros na biblio.
Por outra banda puxemos en funcionamento un novo concurso, esta vez relacionado coa exposición do PDI. Para participar deberás pasar pola biblioteca e coller unha folla cunhas preguntiñas relacionadas cos libros e obxectos que están expostos na entrada do corredor principal. Se contestas ben a todas elas entrarás no sorteo dun agasallo. Vai correndo á biblio e proba sorte.

1. Como se chama a casa de xeo dos esquimais?

2. De que país é propio o instrumento chamado “balalaica”?

3. En que continente se atopa un país chamado “Senegal”?

4. Como se chaman os habitantes orixinais (oriundos) de Nova Zelandia?

5. En que país moi cercano a España (máis alá do Estreito de Xibraltar) os homes visten a “chilaba”?

6. De que país é típica a casa chamada “yurta”?

7. En que país se baila a “samba”?

8. En que país tómase tradicionalmente o “” ás cinco da tarde?

9. De que país é típico o vestido chamado “kimono”?

10. En que país se atopan as “pirámides” máis famosas do mundo?

11. De que país é tipico un baile e canción chamado “tango”?

12. En que país naceu Mahatma Gandhi?

14 oct 2011

Xa temos novo gañador

Boas dontiñ@s!
Como cada venres deste mes de outubro fixemos o sorteo dun agasallo entre todos aqueles que levaron un libro emprestado esta semana. Neste caso o gañador foi María Isabel Padín, que se decantou por unha gorra
Aquí temos as imaxes do día


13 oct 2011

Unha curtametraxe que non te podes perder

Non perdades a ocasión de ver esta fermosa historia. É un curto de Fina Casalderrey (todos a coñecedes polos seus libros, ademais visitounos o curso pasado). Non vos conto nada máis, mirádeo. Titúlase "Dúas letras"

12 oct 2011

Humor gráfico

Como prometimos onte, imos poñer un par de imaxes con humor gráfico, a verdade é que son moi inxeniosas, pero non están moi lonxe da realidade....Ou non?


Ás veces, cando non sabemos que facer, poñemos calquera cousa na tele. Non sería mellor disfrutar lendo?


Na actualidade parece que as persoas formadas son as realmente perigosas, así que os libros poden ser considereados como armas de destrucción masiva.

11 oct 2011

Exposición "Outros pobos, outras culturas"

Como dixemos na entrada anterior, poñémosvos un vídeo con imaxes da exposición que estamos a levar a cabo. Se queres ver as fotografías, podes premer aquí.

Moito que contar

Boas!
O primeiro é pedir perdón por comezar a semana un martes, pero é que onte non houbo momento algún para escribir.

Entrando de cheo en materia, parabéns para todos 0por facer que a semana pasada os empréstitos chegaran aos 246, un rexistro fantástico.

Por outra banda, xa podedes visitar a exposición de libros e obxectos relacionados con PDI "Outros pobos, outras culturas", esta tarde subiremos un vídeo da exposición e un enlace co álbum completo de fotos.

Mañá como sabedes non hai cole, así que non teremos Dontest ata o xoves; de todas formas os pediría que entredes no blogue porque daremos un toque de humor ao mundo dos libros, seguro que vos vai gustar.

Lémonos!

7 oct 2011

Mochilas Viaxeiras: o luns toca cambio

O vindeiro luns 10 de outubro toca traer as mochilas viaxeiras despois de telas disfrutado dúas semanas. Rogamos que sexades rigurosos para que as familias que teñen que levar as mochilas tamén as poidan aproveitar o mesmo tempo.
Ah! E non vos esquezades de escribir no diario da mochila, grazas!

Sorteo do primeiro regalo

Como vai todo?
Hoxe fixemos o primeiro sorteo de regalos do mes da Biblioteca. A afortunada goi Paula Domínguez, de 1ºA que entre os regalos que tiñamos escolleu un chuvasqueiro. Aquí tes as imaxes do momento

6 oct 2011

A escola pública, para tod@s

Nestes tempos que corren non exentos de problemas convén recordar que un dos maiores bens que temos logrado é a posibilidade de ter unha escola pública e gratuita para tod@s. Este vídeo así o explica:

Un enlace moi interesante

Aínda que non é o horario habitual intentamos non faltar á nosa cita dos xoves e as recomendacións.
Nesta ocasión achegámonos a outro blog dunha bilbioteca escolar, a do CPI Viaño Pequeno que publicou un excelente artigo sobre como cambia o noso cerebro o feito de ler.
Podes lelo premendo aquí.

Por certo, parabéns para os nosos compañeir@s do CPI Viaño Pequeno.

Dontest de...Marcos!

Xa vos dixen que non é moi frecuente atopar homes impartindo clases en Educación Infantil, pois no noso cole temos un, chámase Marcos e comparte connosco o Dontest:

1. Lembras quen te ensinou a ler?
- Meus pais e dona Otilia, mestra de Educación Infantil
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Non me lembro,sería algún da colección "Barco de Vapor"
3. Cal é o teu libro favorito?
- La Metamorfosis ou El guardián entre el centeno. Non teño un favorito
4. E o teu autor preferido?
- Gabriel García Márquez
5. Cal é o último libro que liches?
- El arte de contar cuentos
6. Cantas horas les á semana?
- Depende da semana e do tempo libre que teña
7. Agora estás a ler...
- Gomorra e El lobo estepario
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- Na cama, antes de durmir.

4 oct 2011

Novas dun martes calquera

Boas!! O mes da biblioteca nótase nos recreos, onte 55 persoas achegáronse á biblio para coller libros, e se non me equivoco, creo que é o récord de empréstitos nun só día. Tendo en conta que en toda a semana pasada prestamos 134 libros...menudo comezo de mes!

Por outra banda, temos un novo blogue no cole. Os alumnos e alumnas de 4º decidiron poñer en marcha un blog de aula para usalo como ferramenta educativa. Chámase mecoblogdecuarto, preme no nome se queres facerlles unha visita e ver como o teñen montado.

Máis cousas, posiblemente mañá inauguremos a exposición do PDI "Outros pobos, outras culturas", nela poderedes ver diferentes libros relacionados co tema, así como debuxos e outros obxectos.

Mañá tamén teremos a cita semanal co Donest, neste caso baixaremos ao ciclo de Infantil para buscar á nosa vítima, un rara avis entre o profesorado desa estapa educativa, xa sabes quen é? xogaríaste cartos? É...

3 oct 2011

Comezou o Mes da Biblioteca!!

Boas dontiñ@s!!
Comezamos o mes de outubro, que, como xa sabedes, é o Mes da Biblioteca. Para conmemoralo levaremos a cabo unha serie de actividades que paso a contarvos.
Durante este mes cada vez que leves un libro emprestado recibirás un pequeno agasallo (marcapáxinas, lapis...) e ademais cubrirás un papel cos teus datos que irá a unha furna. O venres de cada semana realizaremos un sorteo dun agasallo máis grande (mochilas, camisetas, chuvasqueiros...).
O primeiro día xa se viron os efectos...as colas foron inmensas e actividade foi total.
Aquí tes imaxes do primeiro lector en recibir o regalo, que ademais foi o primeiro en depositar o papel.
Tamén podes ver a ringleira que se formou.