18 dic. 2012

UN NADAL DE BOS DESEXOS



Os nen@s do colexio Rosalia encheron as paredes dos corredores cos seus bos desexos para que este Nadal todo o mundo teña algo que celebrar!!!
BO NADAL A TOD@S!!!


28 nov. 2012

ACOSADO


Ter a capacidade de poñerse na pel doutra persoa. Iso é o que fan os actores e actrices deste vídeo que esperamos que vos gustase. Pero non na pel de calquera, senón que se ven inmersos nunha situación de acoso escolar.
Quizais grazas o traballo dos alumn@ de 5º curso do CEIP O Ramo cheguemos a ser máis conscientes das dificultades polas que pasan algunhas persoas que, ó mellor, non están tan lonxe de nos.
Un saúdo para tod@s!

20 nov. 2012

OS DEREITOS DA INFANCIA

dereitos do neno


En 1959, as Nacións Unidas aprobaron unha "Declaración de los Derechos del Niño" que incluía 10 principios. Pero non era suficiente para protexer os vosos dereitos porque legalmente non tiña carácter obrigatorio. Por eso en 1978, o goberno de Polonia presentou ás Nacións Unidas a versión provisional dunha Convención sobre os Dereitos dos Nenos. Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG, e outras institucións, acordouse o texto final da "Convención sobre los Derechos del Niño", o 20 de Novembro de 1989, o seu cumprimento sería obrigatorio para todos os países que a firmaran. A Convención convertiuse en Ley en 1990, despois de ser firmada e aceptada por 20 países, entre eles España. Hoxe a Convención xa é aceptada por todos os países do mundo, excepto dous (Somalia e Estados Unidos).



Nos dende a biblioteca propoñémosche que visites a exposición que esta colocada no corredor e que accedas ós seguintes enlaces. De seguro que che resultarán moi interesantes.
Enrédate
Pilar Rodriguez
Kimbo
Dereitos do Neno
Rayuela

13 nov. 2012

16 NOVEMBRO DÍA DA TOLERANCIA




Ola a tod@s outra vez. O vindeiro día 16 de novembro celébrase o Día da Tolerancia. Dende a biblioteca propoñémosvos traballar esta temática e ofertámosvos os seguintes recursos. Esperamos que vos sexan útiles!
- Contos sobre a tolerancia.


A biblioteca tamén dispón dunha chea de fondos que podemos empregar como recursos para aprender a ser máis tolerantes. Aquí vos amosamos a exposición que estará á vosa disposición durante estos días.


TOLERANCIA

12 nov. 2012

SAMAÍN

Vimos de celebrar o Samaín e toda a comunidade educativa se puxo "mans á obra" para lembrar esa noite onde o mundo dos vivos e o mundo dos mortos está máis preto que nunca. Esa noite que os antigos celtas crían chea de maxia e que hoxe aproveitamos para reafirmarnos nas nosas tradicións e pasalo moi ben á conta do MEDO!
Para poñérllelo máis fácil a nosa maxinación, Donte escolleu coa axuda de Kiko unha selección de libros de medo arrepiantes que mellor non ler pola noite!! Ademáis todo o centro respondeu a unha pregunta: E TI, A QUE LLE TES MEDO? Algunhas das repostas foron moi reveladoras!!!
Aqui vos deixamos unha pequena mostra.

6 nov. 2012

ANXO MOURE

Aquí vos deixo estas fotos do interesante persoaxe que veu visitarnos no día das bibliotecas, para ensinarnos o seu peculiar xeito de ver a vida, a natureza e os contos. Espero que vos gusten!


5 nov. 2012

ADEUS Ó MES DA BIBLIOTECA

Rematou o mes de outubro e con él alá se foi o mes das bibliotecas!!
O 26 de outubro Claudia Alfonso de 1º A tivo a sorte de conseguir o penúltimo dos agasallos.

 




E, como colofón deste mes cheo de premios, o día 31 foron 5 nen@s  os que recibiron os libros de parte de Donte.
Sara Pîñeiro Vidal de 3º B
Xabier de 3º B
Joel de 5º B
Camila Chiriff de 6º A
Yulema Castro Rodriguez de 3º A



                          PARABÉNS PARA TODOS!!!!!

31 oct. 2012

CONCURSO ARTE NA ESCOLA

De entre os participantes no concurso "Arte na escola" que respostaron ben a, polo menos, 15 das 20 preguntas propostas dende a biblioteca, a sorte quixo que recibiran o premio dun estoxo e un libro...
 









Daniel Agrelo de 6ºA                                 
Inés Parada de 4ºB



NORABOA!!!!!!

23 oct. 2012

SORTEANDO LIBROS

O novo gañador do concurso do mes da biblioteca é Paula García Iglesias de 3º A!


 
Unha "man inocente" escolle a papeleta gañadora!






A premiada elixe entre os libros que se ofertan como premio. 
PARABÉNS PAULA!!!

Temos novidades: QUE TAL ESTÁS?



Que tal estás? é unha das últimas publicacións de Kalandraka, da man de Anthony Browne.
Trátase dunha desas traducións que aparecen na colección Tras os montes. Neste caso, a versión ao galego é de Silvia Pérez Tato. A esta pregunta, "que tal estás?" contéstase no libro: "Ben, pero ás veces estou aburrido e ás veces síntome só. Ás veces estou moi contento... e outras veces estou triste." Ata finalizar cunha nova pregunta: "E ti, que tal estás?" nun encadeado que nos vai levando duns a outras. 
Podemos dicir como estamos guiándonos polos contrarios ou non, pero sempre acompañando as palabras coas imaxes desas expresións. 
Un libro para ler e mirar, para observar e opinar; un libro para as emocións e os sentimentos que nos dará pé para facer o noso propio libriño co mesmo título ou algún outro semellante. Un libro para ler, para crear e para pasarlle a pregunta a un novo protagonista que tamén se verá empuxado a crear o seu propio libro... Poucas palabras que só lle poñen nome ás ilustracións, que campean por si mesma. A sinxeleza en estado puro, porque o breve cando é bo ...

KALANDRAKA

Kalandraka, editora coa que levamos tempo traballando no noso centro, acaba de obter o PREMIO NACIONAL AO MELLOR LABOR EDITORIAL 2012, concedido polo Ministerior de Educación e Cultura. 
Segundo informa a prensa, este premio responde ao "seu compromiso coa literatura infantil, destacando o coidado dos textos, xunto coa calidade da ilustración e a dedicación a xéneros maís complexos como a poesía. É, por iso, un referente en España e no estranxeiro". Un galardón que a editora estende "ao traballo colectivo, ao catálogo que temos, aos autores presentes, ao traballo dos ilustradores e ao da imprenta coa que traballamos". 
E que nós ampliamos aos lectores e lectoras, aos profesores e profesoras, ao conxunto da sociedade lectora que sente orgullo de que Kalandraka se atope en Pontevedra e a súa imprenta en Poio. Non é chauvinismo senón poñernos contentas da calidade dos produtos culturais galegos. Ogallá nos caia algún premio máis!

16 oct. 2012

ANA MARÍA MACHADO


O próximo 27 de novembro Ana María Machado recibirá o VIII PREMIO IBEROAMERICANO SM DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL o que supón un recoñecemento á súa traxectoria literaria.
Coñecedes a Ana María Machado? Algún dos seus contos?
Pois xa é hora de que aprendamos algo máis dela!!!




 

MENINA BONITA DO LAçO DE FITA
Espero que vos guste este contiño de Ana María. O idioma que se emprega é o brasileño (propio do país natal da autora), pero se prestades atención de seguro que o entendedes xa que é semellante ó noso galego. Desfrutádeo!!

SORTEANDO LIBROS


  Parabéns a Pablo Prol Cacabelos de 3º B!!

Xa temos un novo gañador do sorteo de libros que estamos a realizar debido á celebración do mes da biblioteca.

ANXO MOURE

Máis imaxes de Anxo Moure

Este mes que estamos a celebrar a existencia das bibliotecas públicas; queremos ademáis culminar cun día especial "O día da Biblioteca",  24 de outubro, ofertándovos a actuación dun persoaxe moi interesante. Coñecedes a Anxo Moure? Líchedes algún dos seus contos? Coñecedes a súa historia? As súas preocupacións e intereses?
Pois recoméndovos que lle votedes un ollo ós enlaces que aparecen a continuación para saber algo máis del. Resulta unha persoa chea de ilusións e soños, con moitísimas cousas que contar e con iniciativas emprendedoras para mellorar o noso mundo.

A iniciativa Contos Solidarios.
O bici-taxi solidario.
Entrevista a Anxo Moure en Radio Lugo.
Anxo Moure no blogue Ponte Louco.

10 oct. 2012

DONTEST DE MERCEDES

A profesora MERCEDES de 5ºB quixo tamén falarnos dos seus hábitos de lectura. E respostou así ó noso Dontest:

1. Lembras quen te ensinou a ler?
A MIÑA MESTRA E A MIÑA IRMÁ MAIOR.

2. Cal foi o primeiro libro que liches?
"EL RATONCITO AVENTURERO"

3. Cal é o teu libro favorito?
"CIEN AÑOS DE SOLEDAD" DE GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ E TAMÉN ME GUSTAN AS BIOGRAFÍAS.

4. E o teu autor preferido?
CALQUERA QUE ESCRIBA BIOGRAFÍAS.
5. Cal é o último libro que liches?
"LA FORJA DE UN REBELDE" DE ARTURO BAREA.

6. Cantas horas les á semana?
7 HORAS APROXIMADAMENTE.

7. Agora estás a ler...
O SEGUNDO TOMO DE ARTURO BAREA.

8. Para rematar, un lugar e un momento para le:
POLA NOITE NA CAMA.

9 oct. 2012

MES DA BIBLIOTECA

Como xa sabedes, durante este mes de outubro celébrase o "MES DA BIBLIOTECA"! Víchedes o vídeo que colgamos no blogue? De seguro que coñecedes moitas das películas que aparecen nel!
Pois para celebralo, na biblioteca do CEIP Rosalia, estamos "tirando a casa pola ventá"!! Se ves a coller un libro emprestado poderás participar no sorteo dun conto ben interesante. E como neste colexio nos encanta eso de "ler" fumos tantos os que nos animamos a vir por un libro que na semana pasada o número de empréstitos chegou a 244!!!
Os sorteos xa comezaron e a primeira gañadora foi Xeila Barreiro Prieto, de 5º A. Noraboa Xeila!! 



4 oct. 2012

A ARTE NA ESCOLA

Ola outra vez a todos!! Nesta ocasión gustaríame que a través destas letras nos achegásemos un pouco máis a esa fermosa exposición de libros que está a ocupar o corredor do colexio.











SI, SI! Esa que pon "A ARTE NA ESCOLA"
Pasáchedes por alí?
Segurísimo que si!
Sobre todo despois de saber que se descubrides a resposta a, polo menos, 15 das 20 preguntas que atoparedes na biblioteca, participaredes no sorteo duns fantásticos libros que Donte escolleu para os gañadores!


E como averiguar as respostas?
Pois poderemos investigar na propia exposición de libros
Nas enciclopedias e libros informativos da biblioteca, na Rede (tanto nos ordenadores que temos na biblioteca como noutros dos que dispoñamos na nosa casa...)







Estás son as preguntas para os investigadores que se animen a rebuscar nos múltiples recursos que nos oferta a biblio!



CONCURSO “A ARTE NA ESCOLA”

TEST DE PARTICIPACION


NOME............................................................................CURSO...................................

1. As “Belas artes” son sete (7). Escribe o nome de a lo menos cinco (5) delas.

2. Quen escribiu a obra literaria “O Principiño”? 

3. Que pintor español pintou o cadro chamado “Guernica”?

4. Que músico que aparece na exposición formou parte do grupo musical “Os Beatles”?  

5. Como se chamaba o actor que aparece na exposición e que interpretaba o personaxe chamada “Charlot”?

6. Quen escribiu o libro “Peter Pan”? 

7. Que arquitecto, que tamén era pintor (pintou a Capela Sixtina) e escultor (esculpiu o “David”) diseñou e construiu a cúpula da Catedral de San Pedro no Vaticano?

8. Que pintor famoso cortouse el mesmo unha orella? 

9. Que músico escribiu a obra “As catro estacións”?
  
10. Quen escribiu o libro “Pinocho”??

11. Na exposición hai un libro cuxo autor é Wang Fei. Como se titula dito libro?
  
12. Quen pintou o cadro chamado “As Meninas”?
  
13. Como se chamaba o músico que compuxo unha obra chamada a “Novena Sinfonía” e que era xordo?

 14. Nomea algún español-a (actor-actriz, director, decorador, fotógrafo, etc,) español-a que fora premiado-a co premio cinematográfico chamado “Oscar”.

 15. Cal é a obra literaria máis famosa de Miguel de Cervantes?

 16. Leonardo Da Vinci era un artista e inventor que practicou varias artes. Por que obra pictórica é universalmente coñecido?

17. Cando e onde naceu o músico Wolfgang Amadeus Mozart?
  
18. Escribe o nome dalgún-ha bailarín-a famoso-a de ballet clásico.
  
19. Quen escribiu o libro “A Illa do tesouro”?

20. Qué músico escribiu o famoso ballet para danza clásica “O lago dos cisnes”?


2 oct. 2012

VOLVE O DONTEST

Como xa sabedes, este ano chegaron moitas caras novas ó colexio. Todas as novas mestras xa pasaron pola biblio e xa coñecen a Donte. E Donte quere saber máis cousiñas delas!!! Por iso recuperámolo Dontest, para seguir falando sobre o que máis nos entreten: LER, LER E MÁIS LER!!!!

Votádelle un ollo ó Dontest da profesora Sara de 3º B

1. Lembras quen te ensinou a ler?
A MIÑA PROFE ALICIA DE 1º DE EXB.

2. Cal foi o primeiro libro que liches?
"EL PÁJARO VERDE"

3. Cal é o teu libro favorito?
"CHAMAN" OU "LOS BUSCADORES DE CONCHAS"

4. E o teu autor preferido?
ISABEL ALLENDE E NOAH GORDON.

5. Cal é o último libro que liches?
"EL LIBRERO DE KABUL"

6. Cantas horas les á semana?
DEPENDE...

7. Agora estás a ler...
"LOS COLORES DE LA VIDA"

8. Para rematar, un lugar e un momento para le:
NO PORCHE OU NA HORTA DA MIÑA CASA.

19 sept. 2012

CHEGA O MES DA BIBLIOTECA

Como sabedes no mes de outubro, que está a chegar, celébrase o mes das bibliotecas!!
Igual que no colexio temos a nosa biblioteca, en moitísimos recunchos do mundo podemos atoparnos cunha biblioteca pública!! Menuda sorte xa que en elas podemos entreternos, buscar a solución a unha dúbida, información que nos axude a resolver algún problema co que nos atopemos, reunirnos cos amigos para descubrir o mundo que temos ó noso lado e tamén o que está moito máis alá... SÓ PRECISAMOS O CARNÉ DE USUARIO!!!!
Aquí vos deixo un spot publicitario no que observar que ter unha biblioteca preto pode ser moi útil en múltiples ocasións.

12 sept. 2012

BENVIDOS Ó NOVO CURSO!!

Comezamos o curso, aínda que con algunha dificultade debido ás obras que se realizaron no colexio, cheos de ilusións e ganas de vivir novas historias e emocións viaxando polos andeis da biblioteca.
Donte levaba un verán ben aburrido e soiño, aínda que aproveitou para ir a praia sempre con algún conto xunto co flotador.
Hoxe ó fin chegaron todos os nen@s ó colexio e xa dende o primeiro día Donte e Kiko esperábanvos para poñer en marcha os empréstitos. E nada menos que 36 libros emprestados viaxan xa hoxe polas vosas casas!! 
Que ledicia a de Donte cando vos volveu ver facendo fila e lendo nas mesas!!!
 

Se queredes ver máis sobre as obras do colexio clicade aquí

21 jun. 2012

Carta a Donte

Querido Donte:
Sabes que non son moi amigo das despedidas, aínda que asumo coa maior naturalidade posible que hai que facelas. No teu caso resúltame especialmente difícil pola gran amizade que fomos labrando co paso do tempo.
Lembro os comezos un tanto tímidos, de tanteo, nos que che custaba saír dos teus escondites da biblioteca. Ese primeiro curso non fixemos moitas cousas xuntos, se acaso un par de carteis para decorar a biblio, o marcapáxinas das mochilas viaxeiras e os trípticos -rudimentarios, iso si- para as guías de Nadal e fin de curso. Así a todo comprobaches que tiña ganas de facer algo pola biblioteca, que estaba un pouco vella e non incitaba moito a entrar nela. Aí apareceu Quico, que con moito empeño nos embarcou nun "Plan de Mellora", que a bo seguro nin el imaxinaba o que ía supoñer para todos.
Con algún que outro atranco e con moito traballo comezamos o segundo curso xuntos, especial porque naceu "O Blog de Donte". Mimá, como din aquí, ¡un blogue! Pasamos a facer crónica de todo o que acontecía na biblioteca: chismes, empréstitos, concursos, sorteos... E aínda que era un pouco precario, foi facéndose un nome. 
Pasaron uns meses e chegaron bastantes cartos, ¿lembras a cara que puxeches cando Quico dixo que podiamos gastar en mobiliario, ordenadores e libros? Todavía foi máis simpática a que puxeches cando chegou o toleirán de Sergio cos mobles na furgoneta, a que se avecinaba... Esa Semana Santa quedará sempre no noso recordo, menudo traballiño pasamos Sergio, Olalla, Maria José e máis eu sacando as estanterías metálicas, limpando, pintando, montando mobles e colocando todo de novo. Valeu a pena, vaia se valeu, sobre todo cando vimos como brillaban os teus ollos ao ver o teu novo fogar. Nada volveu ser igual; cando Quico rematou de encher de libros as novas estanterías e volveron os nenos nos decatamos de que o cambio lle gustara a todo o mundo, bueno, a case todo.
Estes dous últimos cursos foron os da excelencia; melloramos o blogue ata facelo referencia, abandoamos os trípticos arcaicos e xa os fixemos con programas de deseño, mesmo nos fixemos unha canle en Youtube e unha almacenaxe de imaxes. Foron os cursos das exposicións, dos recursos didácticos (que bo traballo fixeron Lydia e Maria José), en fin, acercámonos ao que queriamos ser. 
Agora os nosos camiños se separan e non sei quen botará máis de menos a quen, o caso é que teño que despedirme de ti e agradecerte todo o que aprendín xunto a ti. Quedas en boa compañía, sabes que Quico nunca te deixará so e seguro que ata alguén se anima a escribir no blogue, así que non te preocupes, o feito nunca cae en saco roto. Eu seguirei de preto os teus pasos, visitareite con frecuencia para aproveitar moitas das cousas que aquí hai, así que che digo "adeus", senon "ata pronto".

Unha aperta.

Manu.

18 jun. 2012

Guía de verán 2012

Aquí tedes  a "Guía de Verán 2012", recén saída do forno. Nela atoparedes recomendacións lectoras para cada ciclo, dende Ed. Infantil ata o Terceiro Ciclo. Se premedes nas imaxes amplíanse.



Estatísticas do curso 2011-2012


A continuación facemos públicas as estatísticas deste curso que estamos a piques de rematar:
O número da esquerda corresponde ás cifras deste curso, o da dereita ás do curso pasado:

TOTAL DE PRÉSTAMOS RECREO: 3.843/3.967
PRÉSTAMOS TITORES/AS E POLAS TARDES:  2.313/1.770
TOTAL DE PRÉSTAMOS:  6.156/5.737

·    O NÚMERO DE PRÉSTAMOS NO RECREO DIMINUÍU EN 124, É DICIR, UN 3,22 %
·    O NÚMERO DE PRÉSTAMOS NAS HORAS DE TITORÍA E POLAS TARDES CRECEU EN 543, É DICIR, UN 30,67 %
·    O NÚMERO TOTAL DE PRÉSTAMOS CRECEU EN 419, É DICIR, UN 7,3 %

NÚMERO TOTAL DE DÍAS QUE PERMANECEU ABERTA AO PRÉSTAMO A BIBLIOTECA: 156 (INCLUÍDO O DÍA DA FOLGA XERAL)

15 jun. 2012

Rematamos os empréstitos

Boas dontiñ@s!
Como xa viñemos anunciando ao longo de toda a semana hoxe rematou o prazo para devolver os libros emprestados. Foi un curso fructífero, xa que unha vez máis, superamos os 5000 empréstitos; unha cifra que, ben pensado, é unha barbaridade.
A todos e todas os que nos fixestes traballar arreo nos recreos, GRAZAS. Esperamos que todas as historias vividas a través da lectura foran do voso agrado.
Nós seguiremos aquí, no blogue, ata que remate o curso e despois descansaremos ata setembro, cando as portas da biblio volverán abrirse de par de par para que disfrutedes da vosa actividade favorita, a lectura.

13 jun. 2012

Mellores lectores do terceiro ciclo

Hoxe rematamos cos agasallos aos mellores lectores e lectoras do colexio facendo entrega deses premios aos alumnos e alumnas do 3º ciclo. Os premiados/as foron:
5º A: Salma Ferreiro Álvarez (62)
5º B: Zoe Prieto Barros (50)
6º A: Julia Devesa Prieto (62)
6º B: Nair Iglesias Iglesias (54)
Segundos mellores lectores/as:
5º A: María Vila Gondar (28), Milena Castillo Oitana (23), Ariadna Domínguez Oubiña (20), Susana Couso Otero (18)
5º B: Iris Rey Gómez (43), Natalia Romero Leiro (28), Brais Rodríguez Hermo (14), Ana Sartages Castro (12)
6º A: María Alfonso Rodríguez (52), Raquel Costas Fuentes (39), Tomás Benavides Álvarez (38), Noelia Domínguez Castro (28)
6º B: Paula Vidal Álvarez (50), Mara Galiñanez Cobelo (40), Manuel Garrido Cornes (33), Lucía Martínez Montero (21)

A continuación podedes ver algunhas fotos da entrega de agasallos:

12 jun. 2012

Mellores lectores do 2º Ciclo

Hoxe tócalle o turno ao segundo ciclo, os premiados foron:


3º A: Dafne Domínguez Menéndez (47)
3º B: Mateo Prieto Barros (26)
4º A: Lucía Devesa Barreiro (101)
4º B: Joel Prieto Ferreiro (152) 

Segundos mellores lectores:
3º A: Ana Cristina Grigore (36), Natalia Blanco Camiña (29), Alba bea Pérez (24), Amy Catherine Argibay (21)
3º B: Jenifer Meis Romero (22), Yara Lage Soto (21), Inés Para da devesa (20), Alberto Soutullo Otero (19)
4º A: Lucía Cacabelos Rodríguez (46), Mª del Carmen Eirea Soutullo (36), Paula Castro Parada (32), José Couso Otero (26)
4º B: Adrián Domínguez Medina (77), Mar Lores Fontoira (71), Ainhoa Montenegro Otero (48), Ana Lois Medrano (42)

As imaxes da xornada son as seguintes: