30 ene 2012

Celebramos o Día da Paz

Como viñemos anunciando durante a pasada semana o 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz. Hoxe o celebramos no colexio cunha actuacións conxunta de todos os alumn@s no ximnasio do colexio. Representamos a canción Irmaus, de Fuxan os Ventos. Para acompañala fixemos unha montaxe de fotos que ten directa relación co PDI "Outros pobos, outras culturas". Podede velo a continuación:

24 ene 2012

Que canten los niños

Como anunciamos onte, ao longo desta semana imos poñer vídeos relacionados co Día da Paz. Empezamos con "Que canten los niños", esperamos que vos guste.

23 ene 2012

Hai que reactivar os empréstitos!

Boa semana a todo@s!
Mirando as estatísticas observamos que dende que volvimos das vacacións de Nadal os empréstitos decreceron un pouco, de feito, a semana pasada baixaron ata os 160, que tampouco é tan mal número, o que pasa e que nos tedes acostumados a cifras máis elevadas; así que xa sabedes, visita no recreo e a coller un libro, que seguro que ninguén se arrepinte!.

Cambiando de tema, a semana pasada colgamos unha entrada con recursos para o Día da Paz, esta semana iremos desgranando algún deles e lle dedicaremos unha entrada en exclusiva, cada día subiremos un para que lles prestedes a atención que merecen.

Lémonos!

20 ene 2012

Otros niños del mundo, un libro moi recomendable

Como estamos preto do Día da Paz a recomendación de hoxe ten que ver con esa temática. Trátase de Otros niños del mundo de  Paco Capdevila. Ed.Gaviota. 
É un libro pensado para Ed. Infantil no que podemos traballar a interculturalidade, o dito, moi recomendable

18 ene 2012

Calendario do colexio

Como anunciamos hai unhas datas, está practicamente finalizado o calendario do 2012 elaborado polos alumnos e alumnas do Ceip Rosalía de Castro (soamente falta un grupo por entregar o seu mes).
Como anticipo poñemos esta fotografía do taboleiro da biblioteca no que aparecen expostos os traballos,

No momento no que estean todos rematados expoñerémolos aquí na súa totalidade.

16 ene 2012

Empezamos a semana con frío!

Boas dontiñ@s ! Que frío vai! E iso que estamos a carón do mar...

A semana pasada fixemos 159 empréstitos no recreo, xa vos dixera que non iamos ter uns resultados tan bos coma a última semana de decembro. Temos que engadir outros 250 empréstitos que lle anotamos a Ed. Infantil, así que a biblio segue a pleno funcionamento.

Esta semana colgaremos recursos para traballar a seguinte conmemoración que temos no calendario: O Día da Paz.

Por suposto, tamén faremos as nosas recomendacións semanais.

Lémonos!

13 ene 2012

Mefi, Sata e Demi, libro da semana

Aquí tedes o noso libro da semana, os que visitades a biblioteca xa o vístedes no taboleiro, os que non, tedes aquí a oportunidade de velo.


"En medio dunha fraga con árbores moi antigas, alzábase un tebroso castelo. O conde Similoff, o seu inquilino é un estraño e aveso personaxe que  vivía alí cos seus fillos: Mefi, Sata e Demi, tres criaturas infernais. 

Tiñan os pelos enguedellados, as orellas duras e rematadas en punta e as unllas parecían mesmamente as de unha ave de rapiña.
Malvados, consentidos e indisciplinados, Mefi, Sata e Demi son o tormento de mestres e serventes.
Cando o conde decide volver casar, a chegada das tres fillas da súa nova muller, Bianca, Bela e Angui, tan aparentemente doces, limpas e ben educadas, fará que estes tres irmáns por fin atopen a forma do seu zapato e tomen da súa propia menciña. Porque ata as criaturas máis anxelicais se poden converter no peor pesadelo."

12 ene 2012

O PDI déixase ver

Algún dos traballos relacionados co PDI "Outros pobos, outras culturas" empezan a verse polos corredores do colexio. Un deles é o calendario elaborado polos alumnos do colexio, no que aparece un debuxo en cada mes. Aínda faltan un par de meses, así que esperaremos para publicar as imaxes ata que estea totalmente rematado. Incluso faremos unha animación musical co calendario.

Entre tanto, mañá faremos a recomendación semanal dun libro, que intentaremos que teña relación co PDI.

Por certo! Temos moitas novidades na biblio, algunhas delas están no expositor da entrada, fainos unha visita e bótalles unha ollada.

10 ene 2012

Sabes a orixe do Rato Pérez?

Mirando o blog do Ceip Víctor Sáenz atopamos unha curiosidade que nos pareceu interesante e que agora comentamos aquí. (Reproducimos a entrada orixinal do blog, recoñecendo de paso o seu labor)

Hoxe, cúmpresen 161 anos do nacemento de LUIS COLOMA, escritor, xornalista e xesuíta español, especialmente coñecido polo seu labor como autor de literatura infantil e moi en especial por crear ao popular RATONCITO PÉREZ.
Luis Coloma naceu o 9 de xaneiro de 1851 en Jerez de la Frontera. Aínda que se licenciu en Dereito mantivo unha clara vocación cara á escritura durante toda a súa vida, colaborando desde moi novo con publicacións como El Tiempo, Xornal político da tarde de Madrid e El Porvenir de Jerez, onde deixou claro o seu apoio á restauración dos Borbóns.
Foi precisamente o Rei Alfonso XIII o destinatario da súa creación máis famosa: o Ratoncito Pérez. O personaxe é un pequeno rato que deixa agasallos a cambio dos dentes que os nenos depositan debaixo das súas almofadas, algo que se converteu en tradición en España e Latinoamérica. O conto orixinal foi escrito por petición da corte, despois de que ao rei, que entón tiña 8 anos, se lle caese  un dente.
A fama do Ratoncito Pérez de Luís Coloma mantívose ata os nosos días, chegando ata a protagonizar a película "PEREZ, EL RATONCITO DE TUS SUEÑOS" en 2006 e "PEREZ, EL RATONCITO DE TUS SUEÑOS 2" en 2008. Luís Coloma é ademais autor de numerosos contos curtos e biografías.













Podedes atopar a historia do Ratoncito Pérez nestes libros:

- "El ratoncito Pérez".Olga Lecaye. Editorial Corimbo.
- "La noche del ratoncito Pérez". Caroline Pistinier. Editorial Corimbo.
- "El ratoncito Pérez y sus amigos". Olga Lecaye. Editorial Corimbo.

9 ene 2012

Volvemos á normalidade

Comezamos de novo o cole e polo tanto volve a rutina de traballo da biblioteca.
Hoxe volveron a saír do cole as mochilas viaxeiras, que terán que regresar o luns día 23 de xaneiro. Tamén comezamos os empréstitos no recreo, de feito 25 alumnos xa se pasaron por aquí para coller libros. Nótase que os Reis trouxeron libros como regalos porque a cifra de empréstitos foi máis baixa do normal.

Por outra parte, parece que o novo deseño do blogue ten boa aceptación, a xulgar polos comentarios no recreo. Con este novo deseño temos dúas barras laterais; a da esquerda está reservada para búsquedas dentro do propio blogue e para os "gadgets" da peceira e o tempo. Pola súa parte, a barra da dereita está destinada a búsquedas externas ao blogue e para o banco de recursos. Agora temos máis opcións!

8 ene 2012

Ano novo, deseño novo

Boas dontiñ@s!
Hai algunhas datas vos anunciara que estabamos traballando nun novo deseño para o blogue.
Como podedes comprobar, este é o resultado. Esperamos que vos guste, o noso obxectivo é que sexa máis sinxelo navegar por el,  de tal forma que atopedes o que buscades con máis facilidade.
Ademais intentamos dotalo de máis recursos, como xogos educativos, dicionarios de todas as linguas...
Isto non vai parar, xa que estamos abertos a suxerencias pola vosa parte, así que animádevos a facer entre todos un blogue mellor.
Feliz 2012 e feliz regreso ás aulas!