Aínda que con unha semana de retraso sobre o previsto inicialmente hoxe tivemos unha sesión de contacontos enmarcada nos actos de celebración do Día do Libro.
Manuel Solla, profesor e e actor teatral foi o encargado de levar a cabo esta actividade de animación á lectura.
O conto "A princesa de labios de fresa" fixo que os nenos interactuaran e participaran como actores del escenificando as personaxes.
Animou ao nenos e nenas a ser bos lectores e a tratar aos libros con respeto.
Dende o primeiro momento meteuse aos nenos no peto e logrou que fora unha actividade moi divertida. Demostrou ser un gran comunicador. Parabéns!!
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reúne hoxe e mañá a 315 docentes procedentes de 300 centros educativos galegos nos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012 (PLAMBE). Nesta ocasión dánse cita en Santiago profesoras e profesores que coordinan os equipos de biblioteca de máis de 300 centros incluídos no programa nas últimas convocatorias, nun encontro ao que tamén asisten asesoras e asesores da Rede de formación do profesorado que colaboran neste ámbito e representación do servizo de Inspección.
Consciente da importancia de universalizar un modelo de biblioteca que está demostrando ser útil, a consellería puxo en marcha o Plan LÍA 2010/2015.
Os asistentes a este encontro poderán intercambiar experiencias de calidade, arredor dos proxectos interdisciplinares e as pequenas investigacións que, co apoio da biblioteca escolar e os seus recursos, permiten dotar ao alumnado de habilidades para o uso e produción da información.
Neste sentido, a Consellería promove e organiza este evento - no marco do no Plan LÍA 2010/2015 para a Lectura, a Información, e a Aprendizaxe,- pola importancia que teñen as bibliotecas escolares - neste caso as inseridas no PLAMBE- á hora de contribuír á adquisición de competencias básicas, especialmente as de tratamento da información e competencia dixital e a de aprender a aprender.
Ademais reputados expertos como Casildo Macías, da Consejería de Cultura y Educación de Extremadura; Elena Martín, da Universidade Autónoma de Madrid; o director do Estudio de Teatro Casahamlet, Santiago Fernández; ou José Antonio Millán , escritor, editor e lingüista; participarán neste evento con relatorios nos que abordarán as diferentes posibilidades das bibliotecas escolares, os procesos de autoavaliación ou a lectura en voz alta, entre outros aspectos. Así mesmo participarán nos relatorios as asesoras de bibliotecas escolares da Consellería Pilar Sampedro e Cristina Novoa.
O PLAMBE busca potenciar a función das bibliotecas escolares, apoiando os esforzos das comunidades educativas con asignacións destinadas á súa constante actualización e mellora. Deste xeito, aqueles centros que se comprometen a renovar as súas bibliotecas e a utilizalas de forma eficiente para a mellora da calidade do ensino que ofrecen ao seu alumnado reciben contías importantes, tanto para a renovación dos fondos da colección (contemplando o soporte impreso e o soporte dixital), como para a renovación de equipamento e mobiliario.