28 may 2012

Comeza unha nova semana

Boas dontiñ@s!
Comezamos unha nova semana facendo reconto dos empréstitos realizados a semana pasada e que ascenderon a 130, no total do curso xa superamos os 5000, que é unha auténtica barbaridade e que nos fai sentir máis que orgullosos.

Por outra banda esta semana poñeremos os vídeos cos traballos do PDI (por curso) para que disfrutedes do excelente traballo realizado polos mestres e os seus alumnos/as.

Cara o final da semana recomendaremos un libro que seguro será do voso agrado.

Nada máis, lémonos!!

25 may 2012

Exposición cos traballos do PDI

Boas dontiñ@s! Xa podemos disfrutar dos traballos que elaborastes durante o curso relacionados co PDI "Outros pobos, outras culturas". Están expostos no corredor principal na entrada do centro. Temos que dicir que temos verdadeiras xoias. A continuación poñemos unha tira de diapositivas da exposición e nas vindeiras datas iremos subindo animación de vídeo con cada un dos traballos. Parabéns a todos!!

24 may 2012

Sesión de contacontos para Ed. Infantil

Os nenos e nenas de Infantil disfrutaron do lindo onte cunha sesión de contacontos que tivo lugar na biblioteca do cole. Os nenos foron divididos en grupos para ter unha mellor funcionalidade.
Olalla González (escritora) e Marc Taeger (ilustrador) foron os encargados de facer as delicias dos máis pequenos (e dalgún que outro adulto). Contaron e debuxaron as historias de Garavanciño (unha adaptación da historia orixinal) e Artur, un poliño moi singular. Ámbolos dous contos están pubicados pola editorial Kalandraka.



21 may 2012

Stilton copa os empréstitos

Boas dontiños!
Facendo un repaso dos libros máis emprestados este curso observamos que os 11 primeiros libros son de Gerónimo Stilton. Non deixa de ser chamativo o tremendo éxito que ten entre os nosos lectores.
Así que...Parabéns, Sr. Stilton!!

En outra orde de cousas, mañá comezaremos a colocar a exposición cos traballos do PDI, e por suposto, teredes aquí imaxes e vídeos dos memos.

Lémonos!

15 may 2012

Valentín Paz Andrade: Un home da cultura galega

Ollade este vídeo narrado por dous alumnos do Ceip Rosalía de Castro de Xinzo de Limia. Van narrando a vida de Paz Andrade, o homenaxeado este ano.

14 may 2012

Semana das Letras Galegas


Boas dontiños!
Comezamos esta nova semana lembrando que estamos a piques de celebrar o Día das Letras Galegas.

No colexio xa se nota porque todos os nenos están a traballar cos seus titores a temática e especialemente están coñecendo ao homenaxeado, Valentín Paz Andrade.

Ademais dixo os corredores xa reflexan con murais que esa data está preto.(Imaxe da esquerda)

Por outro lado tamén fixemos a exposición "As nosas letras", onde podedes ver unha serie de libros listos para emprestar escritos na nosa lingua. (Imaxes da dereita).
Rematamos con datos, a semana pasada fixemos 237 empréstitos, unha gran cifra que nos fixo traballar a reo pero que nos deixa tremendamente contentos.
Lembrade que tedes moitos recursos, vídeos e xogos no apartado "Letras Galegas"!!


11 may 2012

Último sorteo

Hoxe fixemos o derradeiro sorteo de agasallos entre os lectores da biblioteca. Sete foron os afortunados que levaron un premio pola súa fidelidade.
A continuación mostrámosvos unhas imaxes do sorteo e dos premiados (falta unha premiada nas fotografías)





Contacontos no 2º Ciclo



Os nenos e nenas do 2º ciclo disfrutaron dunha sesión de contacontos na biblioteca do cole. Yago (así se chamaba o contacontos) conseguiu manter a atención dos rapaces en todo momento coas aventuras de Iván Olsen, un rapaz que sufría as mofas de todo o mundo ata que se topou cunha bruxa que lle proporcionou unha apócema que cambiou a súa vida.




10 may 2012

Aplicación para mellorar a velocidade lectora

Premendo no seguinte enlace accederedes a unha interesantísima aplicación para mellorar a vosa velocidade lectora.
Cóntanos a túa experiencia nos comentarios!
http://cprmerida.juntaextremadura.net/cpr/velocidad_lectora/index.html

8 may 2012

Recursos para as Letras Galegas

Boas!!
Xa están colgados na parte superior os recursos para traballar o Día das Letras Galegas 2012, dedicadas a Valentín Paz Andrade, hainos de todo tipo: actividades LIM, webquest, información xeral, vídeos...
Esperamos que sexan da vosa utilidade.

Lémonos!!

7 may 2012

Día de Europa

Premendo na imaxe podes acceder a unha serie de enlaces que conteñen recursos -na súa maioría son xogos- para traballar a Conmemoración do Día de Europa o vindeiro 9 de maio.

Son moi útiles para traballar na aula (para os mestres) ou mesmo para que xoguedes na casa e aprendades algo máis sobre o noso continente (para os alumnos/as)

4 may 2012

Hoxe dous premiados!

Estamos que o tiramos! Hoxe foron dous os premiados no sorteo semanal. Os afortunados foron Pablo Prol, de 2ºB e David Campos, de 6ºA. Aí os vedes cos seus agasallos:




Próximas conmemoracións

Estamos a traballar xa nas seguintes conmemoracións, o Día de Europa (9 de maio) e o Día das Letras Galegas (17 de maio). Colgaremos recursos para traballar ambas celebracións e lle daremos unha atención especial ao Día das Letras Galegas, con vídeos a actividades.

A semana que ven xa poderemos acceder a sendos enlaces.

Lémonos!