21 jun 2012

Carta a Donte

Querido Donte:
Sabes que non son moi amigo das despedidas, aínda que asumo coa maior naturalidade posible que hai que facelas. No teu caso resúltame especialmente difícil pola gran amizade que fomos labrando co paso do tempo.
Lembro os comezos un tanto tímidos, de tanteo, nos que che custaba saír dos teus escondites da biblioteca. Ese primeiro curso non fixemos moitas cousas xuntos, se acaso un par de carteis para decorar a biblio, o marcapáxinas das mochilas viaxeiras e os trípticos -rudimentarios, iso si- para as guías de Nadal e fin de curso. Así a todo comprobaches que tiña ganas de facer algo pola biblioteca, que estaba un pouco vella e non incitaba moito a entrar nela. Aí apareceu Quico, que con moito empeño nos embarcou nun "Plan de Mellora", que a bo seguro nin el imaxinaba o que ía supoñer para todos.
Con algún que outro atranco e con moito traballo comezamos o segundo curso xuntos, especial porque naceu "O Blog de Donte". Mimá, como din aquí, ¡un blogue! Pasamos a facer crónica de todo o que acontecía na biblioteca: chismes, empréstitos, concursos, sorteos... E aínda que era un pouco precario, foi facéndose un nome. 
Pasaron uns meses e chegaron bastantes cartos, ¿lembras a cara que puxeches cando Quico dixo que podiamos gastar en mobiliario, ordenadores e libros? Todavía foi máis simpática a que puxeches cando chegou o toleirán de Sergio cos mobles na furgoneta, a que se avecinaba... Esa Semana Santa quedará sempre no noso recordo, menudo traballiño pasamos Sergio, Olalla, Maria José e máis eu sacando as estanterías metálicas, limpando, pintando, montando mobles e colocando todo de novo. Valeu a pena, vaia se valeu, sobre todo cando vimos como brillaban os teus ollos ao ver o teu novo fogar. Nada volveu ser igual; cando Quico rematou de encher de libros as novas estanterías e volveron os nenos nos decatamos de que o cambio lle gustara a todo o mundo, bueno, a case todo.
Estes dous últimos cursos foron os da excelencia; melloramos o blogue ata facelo referencia, abandoamos os trípticos arcaicos e xa os fixemos con programas de deseño, mesmo nos fixemos unha canle en Youtube e unha almacenaxe de imaxes. Foron os cursos das exposicións, dos recursos didácticos (que bo traballo fixeron Lydia e Maria José), en fin, acercámonos ao que queriamos ser. 
Agora os nosos camiños se separan e non sei quen botará máis de menos a quen, o caso é que teño que despedirme de ti e agradecerte todo o que aprendín xunto a ti. Quedas en boa compañía, sabes que Quico nunca te deixará so e seguro que ata alguén se anima a escribir no blogue, así que non te preocupes, o feito nunca cae en saco roto. Eu seguirei de preto os teus pasos, visitareite con frecuencia para aproveitar moitas das cousas que aquí hai, así que che digo "adeus", senon "ata pronto".

Unha aperta.

Manu.

18 jun 2012

Guía de verán 2012

Aquí tedes  a "Guía de Verán 2012", recén saída do forno. Nela atoparedes recomendacións lectoras para cada ciclo, dende Ed. Infantil ata o Terceiro Ciclo. Se premedes nas imaxes amplíanse.



Estatísticas do curso 2011-2012


A continuación facemos públicas as estatísticas deste curso que estamos a piques de rematar:
O número da esquerda corresponde ás cifras deste curso, o da dereita ás do curso pasado:

TOTAL DE PRÉSTAMOS RECREO: 3.843/3.967
PRÉSTAMOS TITORES/AS E POLAS TARDES:  2.313/1.770
TOTAL DE PRÉSTAMOS:  6.156/5.737

·    O NÚMERO DE PRÉSTAMOS NO RECREO DIMINUÍU EN 124, É DICIR, UN 3,22 %
·    O NÚMERO DE PRÉSTAMOS NAS HORAS DE TITORÍA E POLAS TARDES CRECEU EN 543, É DICIR, UN 30,67 %
·    O NÚMERO TOTAL DE PRÉSTAMOS CRECEU EN 419, É DICIR, UN 7,3 %

NÚMERO TOTAL DE DÍAS QUE PERMANECEU ABERTA AO PRÉSTAMO A BIBLIOTECA: 156 (INCLUÍDO O DÍA DA FOLGA XERAL)

15 jun 2012

Rematamos os empréstitos

Boas dontiñ@s!
Como xa viñemos anunciando ao longo de toda a semana hoxe rematou o prazo para devolver os libros emprestados. Foi un curso fructífero, xa que unha vez máis, superamos os 5000 empréstitos; unha cifra que, ben pensado, é unha barbaridade.
A todos e todas os que nos fixestes traballar arreo nos recreos, GRAZAS. Esperamos que todas as historias vividas a través da lectura foran do voso agrado.
Nós seguiremos aquí, no blogue, ata que remate o curso e despois descansaremos ata setembro, cando as portas da biblio volverán abrirse de par de par para que disfrutedes da vosa actividade favorita, a lectura.

13 jun 2012

Mellores lectores do terceiro ciclo

Hoxe rematamos cos agasallos aos mellores lectores e lectoras do colexio facendo entrega deses premios aos alumnos e alumnas do 3º ciclo. Os premiados/as foron:
5º A: Salma Ferreiro Álvarez (62)
5º B: Zoe Prieto Barros (50)
6º A: Julia Devesa Prieto (62)
6º B: Nair Iglesias Iglesias (54)
Segundos mellores lectores/as:
5º A: María Vila Gondar (28), Milena Castillo Oitana (23), Ariadna Domínguez Oubiña (20), Susana Couso Otero (18)
5º B: Iris Rey Gómez (43), Natalia Romero Leiro (28), Brais Rodríguez Hermo (14), Ana Sartages Castro (12)
6º A: María Alfonso Rodríguez (52), Raquel Costas Fuentes (39), Tomás Benavides Álvarez (38), Noelia Domínguez Castro (28)
6º B: Paula Vidal Álvarez (50), Mara Galiñanez Cobelo (40), Manuel Garrido Cornes (33), Lucía Martínez Montero (21)

A continuación podedes ver algunhas fotos da entrega de agasallos:

12 jun 2012

Mellores lectores do 2º Ciclo

Hoxe tócalle o turno ao segundo ciclo, os premiados foron:


3º A: Dafne Domínguez Menéndez (47)
3º B: Mateo Prieto Barros (26)
4º A: Lucía Devesa Barreiro (101)
4º B: Joel Prieto Ferreiro (152) 

Segundos mellores lectores:
3º A: Ana Cristina Grigore (36), Natalia Blanco Camiña (29), Alba bea Pérez (24), Amy Catherine Argibay (21)
3º B: Jenifer Meis Romero (22), Yara Lage Soto (21), Inés Para da devesa (20), Alberto Soutullo Otero (19)
4º A: Lucía Cacabelos Rodríguez (46), Mª del Carmen Eirea Soutullo (36), Paula Castro Parada (32), José Couso Otero (26)
4º B: Adrián Domínguez Medina (77), Mar Lores Fontoira (71), Ainhoa Montenegro Otero (48), Ana Lois Medrano (42)

As imaxes da xornada son as seguintes:
 

11 jun 2012

Penúltima semana

Boas dontiñ@s!
Como xa dixemos esta semana soamente recolleremos os libros que foron emprestados durante a semana pasada; pero iso non quere dicir que a actividade se pare, xa que comezamos coas entregas de agasallos aos mellores lectores e lectoras de cada ciclo.
Hoxe tocoulle o turno ao primeiro ciclo, aquí vos mostramos unha presentación con imaxes da xornada:



Mellores lectores/as:
1º A: Uxía Meis Ramos (28)
1º B: Anxo Parada Vázquez (34)
2º A: Lucía Devesa Rey (59)
2º B: Pablo Pazos Parada (157)

Segundos mellores lectores/as:
1º A: Paula Domínguez Torres (25), Daniel Devesa Lima (18), Alejandro López Padín (15), Antonio Forte Triñanes (14)
1º B: Raúl Míguez Lois (33), Yaiza Vila Besada (32), Álvaro Rodríguez Peña (29), Zeltia Pérez Domínguez (28)
2º A: Uxía Aguiño Domínguez (52), Mariña Martínez Gondar (44), Yulema Castro Rodríguez (38), Pablo Blanco Blanco (35)
2º B: Xabier Otero Guillán (133), María Isabel Padín Alonso (131), Carmen Vázquez Triñanes (122), Pablo Prol Cacabelos (114), Sara Piñeiro Vidal (100)

8 jun 2012

Resumo do PDI

Boas dontiñ@s!
Hoxe foi o último día para levar libros emprestados, espero que aproveitarades esta ocasión.
A continuación vos poñemos un vídeo que resume o que foi o PDI ao longo deste curso.

7 jun 2012

Traballos do PDI do 3º ciclo

Seguimos cos vídeos dos traballos, hoxe tócalle ao 3º ciclo que, acompañados con música de Adele nos fará disfrutar coas súas obras de arte.

6 jun 2012

Traballos do 2ºCiclo

Boas!!
Hoxe tócalle ao 2º ciclo mostrar os seus traballos, neste caso se centraron en traballar os "Xogos do mundo" e na cociña, para ver "comidas do mundo"

5 jun 2012

Traballos do PDI do 1º ciclo

Boas dontiñ@s!
Xa sei que vai cun pouco de retraso, pero xa temos rematados os vídeos cos traballos que fixestes durante este curso. Hoxe comezamos co 1º ciclo. Disfrutade do vídeo -podedes darlle volume, ten boa música :) -

4 jun 2012

Estamos rematando...

Boas dontiñ@s!
O curso vai chegando á súa fin e pouco a pouco imos rematando as actividades na biblioteca. Esta semana será a derradeira para poder levar libros emprentados, de tal forma que a semana seguinte soamente faremos devolucións.
Deste xeito pecharemos a base de datos en canto a este curso se refire, para despois facer reconto dos mellores lectores/as de cada ciclo e poder facerlles un agasallo. Tamén teremos os datos definitivos de empréstitos deste curso, que daremos a coñecer aquí, no blogue.

Para rematar, esta semana sí publicaremos os traballos do PDI, xa que a semana pasada foi imposible por problemas de axenda.

Lémonos!!

1 jun 2012

5 de Xuño: Día Mundial do Medio Ambiente

O vindeiro 5 de xuño conmemoramos o Día Mundial do Medio Ambiente, e, coma sempre que hai unha celebración obrigatoria subimos recursos e páxinas para traballar ao blogue. Están disponibles nas pestañas superiores, co título "Día do Medio Ambiente"