4 jun 2012

Estamos rematando...

Boas dontiñ@s!
O curso vai chegando á súa fin e pouco a pouco imos rematando as actividades na biblioteca. Esta semana será a derradeira para poder levar libros emprentados, de tal forma que a semana seguinte soamente faremos devolucións.
Deste xeito pecharemos a base de datos en canto a este curso se refire, para despois facer reconto dos mellores lectores/as de cada ciclo e poder facerlles un agasallo. Tamén teremos os datos definitivos de empréstitos deste curso, que daremos a coñecer aquí, no blogue.

Para rematar, esta semana sí publicaremos os traballos do PDI, xa que a semana pasada foi imposible por problemas de axenda.

Lémonos!!

No hay comentarios: