23 may 2013
OLALLA GONZÁLEZ E MARC TAEGER
O 8 de maio os nenos de infantil desfrutaron dos contos e debuxos de Olalla González e Marc Taeger. Se queredes lembrar o ben que o pasamos, ollade os seguintes vídeos!
21 may 2013
MANUEL SOLLA
O actor e contacontos Manuel Solla veunos visitar e pasamos uns momentos moi divertidos na súa compaña. Aquí vos deixamos unha pequena mostra!
MARCOS CALVEIRO
O 29 de abril tamén tivemos a sorte de poder escoitar e coñecer a Marcos Calveiro, nado en Vilagarcía de Arousa e cunha obra que abrangue dende a literatura infantil e xuvenil ata a literatura para adultos, pasando tamén pola poesía.
13 may 2013
JUAN SENDINO
Aquí vos deixamos algunha das imaxes que nos deixou Juan Sendino cando nos veu visitar para falarnos do seu libro "Os mequiños e a lenda do meco"
ÚLTIMOS PREMIADOS POLO MES DO LIBRO
6 may 2013
LETRAS GALEGAS
Nesta ocasión o día das Letras Galegas estase a adicar a Roberto Vidal Bolaño, autor, director e actor de teatro. Para coñecer máis sobre a súa obra e vida podedes acceder ós seguintes enlaces:
5 may 2013
23 ABRIL. DIA DO LIBRO
O día 23 de abril celebramos o día do libro!! Como moitísimos vos sumáchedes á proposta de apadriñamentos lectores que se fixo dende a biblioteca; transladamos esta actividade ao patio. Ademáis o tempo estivo da nosa parte e tanto os lectores como os apadriñados tiveron un comportamento excelente e puidemos desfrutar moitísimo da actividade.
Aquí vos deixo un vídeo que recolle moitos dos momentos dese día, así como unha mostra dun dos contos que se escoitaron o día 23, no patio do CEIP Rosalia de Castro.
Noraboa polo voso excelente traballo!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)