13 nov 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA DA SEMANA

Na semana do 11 de novembro recomendámosvos:

Astérix e os pictos. A nova aventura dos galos resistentes está a chegar ás librarías da man de Edicións Xerais de Galicia. 
O 24 de outubro foi a data marcada para a súa saída internacional na versión orixinal en francés e en máis de vinte linguas, entre elas o galego
Tras a morte do seu creador René Goscinny en 1977, o debuxante Albert Uderzo asumiu en solitario a elaboración das aventuras dos galos ata que o pasado 2011 anunciou a súa retirada. O propio Uderzo foi quen seleccionou aos que serán os continuadores da serie, o guionista Jean-Yves Ferri e o debuxanteDidier Conrad. Ferri é coñecido polas súas colaboracións co debuxante Manu Larcenet en series comoLe retour à la terre ou Le sens de la vis; pola súa banda, Conrad debe a súa sona a dúas series desenvolvidas co guionista Yann, Les innommables e Tigresse blanche
Segundo as últimas noticias, a edición en galego desta obra, está a agotarse, polo tanto é hora de correr ás librarías, como verdadeiros galos e facernos co exemplar. Nunca será o mesmo lelo en castelán! (despois de todo, trátase de galos e resistencia).  

No hay comentarios: