31 mar 2014

PREMIOS ALMA


A revista Babar fai públicos os nominados ao premio Alma Award 2014
Así nolo conta:
O 25 de marzo, no marco da Feria do Libro Infantil de Bolonia, darase a coñecer ao ganador do Premio ALMA (Astrid Lindgren Memorial Award) 2014. Un galardón que foi creado en 2002 polo goberno sueco, tras o pasamento da autora infantil máis popular de Suecia, coñecida sobre todo polo personaxe Pippi Calzaslargas. A dotación do premio (cinco millóns de coronas suecas, é dicir, máis de 500.000 euros) convérteo no meirande premio internacional do mundo para a literatura infantil e xuvenil, e a talla do seu palmarés dá idea do prestixio que supón: Maurice Sendak, Christine Nöstlinger, Philip Pullman, Shaun Tan… A última en recibilo, no ano 2013, foi a arxentina Isol.
Este ano o único escritor español candidato é Agustín Fernández Paz 

PREMIADOS NA NOITE DA EDICIÓN

O premio Ánxel casal ao libro de ficción 2013 foi para O derradeiro libro de Emma Olsen de Berta Dávila, publicado por Galaxia.
Premio Ánxel Casal ao Libro de Poesía ou Teatro 2013 correspondeu a Sobre Ruínas de Xesús Rábade Paredes, editado por Alvarellos.
Premio Ánxel Casal ao Libro de Non Ficción 2013 recaeu en Cantares Gallegos, hoxe. Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro de María Pilar García Negro, publicado tamén por Alvarellos.
Premio Lois Tobío á Tradución 2013 foi para Ulises, traducido por María Alonso,  Eva Almazán, Xabier Queipo e Antón Vialle, editado por Galaxia.
Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado 2013 correspondeulle a Pan de Millo ilustrado por Dani Padrón, editado por Kalandraka.
Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil 2013 recaeu en A Pantasma da Casa da Matanza  de Miro Villar, editado por Biblos.
Premio Xosefa Iglesias Vilarelle ao Libro Educativo 2013 foi para Vento e Chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia de Manolo Gago, editados por Xerais.
Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial 2013 correspondeu a Tastarabás. Enciclopedia de Brinquedos tradicionais de Antón Cortizas, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
E o Premio Xosé María Álvarez Blazquez ao autor/autora ou colectivo de autores en lingua Galega 2013 foi para Berta Dávila.

A FAMILIA TREBÓN "PLANETA VERDE"



Remitímosvos o novo videoconto da Familia Trebón (Planeta Verde). Nesta
ocasión céntrase na chamada "ecocasa", unha vivenda pensada para que a vida

diaria sexa o máis respectuosa posible coa natureza. O grupo visita a dous

amigos do profesor Uxío, que decidiron crear un fogar autosuficiente dende o
punto de vista enerxético, aplicando no mesmo a regra básica na xestión dos
residuos urbanos: Reducir, Reutilizar e Reciclar.
O videoconto está á vosa disposición na páxina web de Sogama,

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO: 2 DE ABRIL


Coma en anos anteriores as diferentes seccións da IBBY difunden a imaxe e o texto conmemorativos do Día Internacional do Libro Infantil, a celebrar o vindeiro 2 de abril, en memoria de Hans Christian Andersen. 

Nesta ocasión, é Irlanda o país encargado de poñerlle palabra e imaxe a este cartel que percorre o mundo enteiro lembrando a necesidade de manter viva unha literatura de calidade destinada a nenos e mozos. O texto "Carta aos nenos do mundo" é da escritora e editora irlandesa Siobhán Parkinson, que recibiu entre outros premios o Premio Laureante na nög, o Premio de Literatura Infantil de Irlanda. Pola súa parte, a imaxe do cartel é de Niamh Sharkey, unha ilustradora irlandesa así mesmo merecedora do Premio de Literatura Infantil de Irlanda, entre outros galardóns.

GALIX, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, difunde este material e tamén un concurso deexpresión creativa que convoca a OEPLI (Organización española para el libro infantil y juvenil),  no que poden participar as nenas e nenos dos centros de ensinanza primaria e dos dous primeiros cursos de ESO. Este concurso "INVITA A HANS CRHISTIAN ANDERSEN..." proponlle ás nenas e aos nenos que deseñen unha postal para invitar a Anderssen a visitar e coñecer o sitio no que viven, neste caso, Galicia. Pódense consultar as bases AQUÍ. O prazo para a entrega de orixinais remata o 2 de abril e deben enviarse ao domicilio de GALIX (ver nas bases).

GAÑADORES DO CONCURSO DE ACRÓSTICOS DE AMOR

No concurso de acrósticos de amor fixemos dúas categorías: Unha, a de adultos, na que participaron mestres e pais ; presentáronse oito acrósticos, resultando gañadora: Lara Fernández Otero.



A outra categoría, a de alumnos, recibiu un total de 42 acrósticos, resultando gañadores:
Paula Domínguez Torres, de 3º A, no 2ª Ciclo.

José Luís Casal González, de 5º A, no 3º Ciclo.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E NORABOA A TODOS!!! 




27 mar 2014

CONTACONTOS EN ED. INFANTIL

O día 26 de febreiro tivemos a sorte de recibir de novo a Olalla González e Marc Taeger que fan as delicias dos máis cativos do noso colexio. Aquí tedes vídeos e fotografías para lembrar e revivir ese día tan divertido no que descubrimos os contos: Boas noites, bufo, Imos cazar un oso, etc.
Ademáis queremos tamén darlles a noraboa polo próximo nacemento!!!




20 mar 2014

DONTEST DE NOELIA

A profe Noe de 5º A respostou ás preguntas do noso dontest. Curiosiños e curiosiñas aquí tedes a entrevista para entretervos un anaco!


Lembras quen che ensinou a ler?
SI, A MIÑA MESTRA DE INFANTIL.

Cal foi o primeiro libro que liches?
CARAPUCHIÑA VERMELLA.

Cal é o teu libro favorito?
NON TEÑO UN EN CONCRETO.

E o teu autor preferido?
NON TEÑO UN EN CONCRETO.

Cal é o último libro que liches?
BUENA GENTE.

Cantas horas les á semana?
DEPENDE DO DÍA, UNHA COMO MÍNIMO.

Agora estás a ler...
DISPARA, YO YA ESTOY MUERTO.

Para rematar, un lugar e un momento para ler:
Á NOITE, ANTES DE DURMIR, NA CAMA.




Lembras a primeira vez que te conectaches á Rede?
SI.

Onde soes conectarte a Internet?
NA CASA E NO TRABALLO.

Para que soes usar a Rede? 
PARA CONSULTAR O CORREO, FACEBOOK, TWITER... E TAMÉN PARA VER VÍDEOS EN YOUTUBE.

Como te conectas?
A TRAVÉS DA ADSL, COA BANDA ANCHA DO MEU MÓBIL E COA TABLET.

A que medios de comunicación accedes a través da rede?
LEO OS DIARIOS, VEXO A T.V. E CINE.

Cal é o blogue, páxina web... ao que máis uso lle das?
GOOGLE, FACEBOOK, EDU.XUNTA, YOUTUBE...

Para rematar, o momento do día no que sempre "estás conectada"
POLA TARDE.

MARZO: MES DA POESÍA

No corredor do colexio podedes desfrutar da exposición de libros de poemas que elaboramos dende a biblioteca para celebrar o mes da poesía.



17 mar 2014

APRENDE A BUSCAR NA REDE


A continuación propoñémosvos o seguinte enlace para mellorar a capacidade de búsqueda de información en Internet. O enlace estará á vosa disposición na columna de "Enlaces da biblioteca" de xeito permanente por se algún de vos precisa consultalo nalgunha outra ocasión.

RECOMENDACIÓN LECTORAS


Un libro - CD que se reedita. Aparecera en 2006 da man da editorial Primerapersona ilustrado por Lorena Pita e, agora, foi editado por Galaxia con ilustracións de María LiresCartas que veñen e van, está escrito por Susa Herrera, autora tamén das letras das cancións que interpreta o grupo Mamá Cabra.
O título responde a que os temas están escritos en forma de carta a diferentes animais e personaxes como Pai Nadal.
Este tipo de materiais teñen moito interese ao combinar o libro (cos seus textos e imaxes) coa música, de maneira que animan a cantar pero tamén a ler, a bailar e a mirar, a compartir momentos agradables e a facelo en galego.

11 mar 2014

FEBREIRO: CARTAS DE AMOR

No mes de febreiro, que celebramos o mes do amor e da amizade, participáchedes no concurso de cartas de amor. Desfrutade agora dun vídeo onde vos amosamos parte desta exposición!!

RECOMENDACIÓN SEMANAL

Na semana do 10 de marzo recomendámosvos:

O día 12 de febreiro fixo 29 anos que perdemos a Cortázar.
Nos libros del "zorro rojo", atopamos Discurso del oso de Julio Cortázar, ilustrado por Urberuaga.
"Esta historia que fora escrita para pequenos por Cortázar en 1952 quedez anos máis tarde a integrou no seu libro Historias de cronopios y de famas. Deste modo un texto escrito para nenos/as pasou a ser lectura de adultos e cincuenta e seis años despois “regresa” ao seu destinatario infantil orixinal nesta edición", así nolo conta Marcela Carranza en Imaginaria, recollendo tamén unha cita do gran escritor, que axuda a entrar no seu imaxinario literario.
“Yo vi siempre el mundo de una manera distinta, sentí siempre, que entre dos cosas que parecen perfectamente delimitadas y separadas, hay intersticios por los cuales, para mí al menos, pasaba, se colaba, un elemento, que no podía explicarse con leyes, que no podía explicarse con lógica, que no podía explicarse con la inteligencia razonante.”