7 may 2014

RECOMENDACIÓN LECTORA

Na semana do 5 de maio recomendámosvos:

A burra Ramona, da autoría de Paula Carballeira e con ilustracións de Xosé Tomás, publicado por Baia
Da presentación editorial, podemos recoller... "Un bo día, a burra Ramona, deixa de traballar e decide que quere voar. A súa decisión vai influír nunha chea de personaxes que, colaborando con ela, van conseguir realizar os seus soños aprazados e mesmo desouvir os mandados do exército e do rei". 
É o que ten ser tan testalán... que ata apareces nas camisetas.
Dous creadores a ter en conta, unha autora e un ilustrador que nunca nos decepcionan.

No hay comentarios: