(Este libro-CD témolo dispoñible na biblioteca)
29 oct 2014
SAMAÍN
Mañá celebramos o Samaín no Rosalía. Ao longo desta semana estivemos elaborando moitas actividades realcionadas co tema que vos ensinaremos moi pronto. Hoxe queremos ofertarvos recursos para traballar esta temática: o medo, o Samaín, Halloween...
27 oct 2014
O MES DA BIBLIOTECA
Lara
Benavides, de 2º A
Judith Prieto Requeijo, de 5º B
20 oct 2014
BIBLIOUTUBRO
BIBLIOUTUBRO
David Otero
Velaí un bibliomés deste biblioano.
Velaí un tempo biblio para espazos cheos de libros (que é dicir tamén bibliotecas). Por iso nelas, nas bibliotecas, desde as lectoras e os lectores, conxúganse os espazos e os tempos no facer primoroso da lectura. Ler, polo tanto, dinamizarase en xerundio e así tamén nese modo e ser farase cos verbos amar, querer, pensar, vivir e tantos outros propios de ser quen somos en mundo noso de Lingua(s) e de Cultura(s).
Outubro celébrase, sinálase, como o mes da biblioteca e así en especial o día vinte e catro con maior acento, acerto e intensidade, sen que por iso facelo xa dea desculpa (licenza) a non facelo ata o día vinte e catro do ano que vén. Os días da biblioteca, xa que logo, serano todos os do ano enteiro en pleno amor libre á lectura e aos soportes (libros en especial) que a facilitan e a estimulan, mediando nese exercicio do pensamento tan propio, persoal, como auténtico, que nos define e determina como lectoras e como lectores.
Ler é un facer afirmativo de liberdade, porque apetece, porque nos engaiolaron na animación a facelo, porque temos argumentos e así nos peta e dá a gana.
Ler, libro, lectura, levan consigo esencialmente (do contraio é outra cousa) o desexo libre de facelo. Esa frescura onde gozar de literatura vivible, viva e activada, posta en Lingua e Cultura propia (galega pois) e integrada coas outras moitas Linguas e Culturas dos demais Pobos nas que queiramos ler e disfrutar.
A lectura farase alí onde nos sintamos ben.
Buscaranse os soportes de ler alí onde nos sintamos ben.
Pois así tamén será na biblioteca onde nos sintamos ben. Probemos e comprobemos.
13 oct 2014
OS PREMIOS WHITE RAVEN
O ano pasado xa nos fixemos eco dos libros en galego galardoados nos White Raven. Este ano como voltamos a estar entre os agasallados queremos ademáis explicarvos cal é a trascendencia de que libros escritos e editados na nosa Comunidade Autónoma, formen parte das listas dos White Raven.
Cada ano, a Biblioteca Internacional de Münich, selecciona unha presada de libros de entre todos os chegados do resto do mundo. Trátase de exemplares recentemente publicados e que os especialistas en linguaxe valoran moi especialmente.
White raven (corvo branco), é una expresión inglesa que se aplica a todo aquilo que posúe unha singularidade extraordinaria. Os White Ravens son un galardón outorgado a aquelas obras infantís e xuvenís que a nomeada Biblioteca considerou as máis destacadas segundo o seu criterio.
Os libros agasallados gozan así dun gran prestixio internacional e dunha difusión moi ampla.
Entre as obras seleccionados nesta prestixiosa lista dos mellores libros de literatura infantil e xuvenil, destacaron este ano as obras Nicomedes o pelado dePinto & Chinto publicado por Kalandraka e Galiño pelado da autoría de Paula Carbonell e Philip Giordano de OQO Edicións.
NOVOS PREMIADOS POLO MES DA BIBLIO
10 oct 2014
8 oct 2014
O MES DA BIBLIOTECA
Este mes de outubro celebramos o mes da biblioteca e por iso queremos comezar a repartir agasallos tódolos venres para aqueles que veñades á biblio a coller libros. Animádevos, cantos máis libros máis posibilidades tes de gañar o sorteo!!!!
3 de outubro
Os primeiros con sorte este ano foron:
6 oct 2014
TRÍPTICO INICIO DE CURSO
Para comenzar o curso gustaríanos que lle botásedes unha ollada ao seguinte tríptico.
3 oct 2014
EXPOSICIÓN MOTIVADORA PDI
O seguinte vídeo amósavos a exposición en torno á temática do PDI da que podedes votar man para resolver o cuestionario do concurso. De seguro que vos resulta interesante!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)