30 abr 2015

MES DO LIBRO

Hoxe, día 30 de abril, celebramos de novo o sorteo de agasallos polo día do libro. Velaí tedes os gañadores!!




Matías Otero Otero, de 3º B
Abigail Parada Devesa, de 3º B

28 abr 2015

REVISTA CRIATURAS

Queremos presentarvos a revista Criaturas, unha publicación necesaria para coñecer máis e mellor a nosa literatura infantil e xuvenil.
Agora, aparece o número un, dedicado ao humor.
Ademais da súa sección de crítica, artigos de fondo como "O humor na lix galega" de Mª Jesús Fernández, "O que se agacha detrás do teatro de Paula Carballeira" de Vázquez Freire, "Humor no teatro infantil e xuvenil contemporáneo", "Humor na literatura portuguesa", unha guía de lecturas de humor baixo o nome "Constelación: humor" ou a entrevista de Francisco Castro a Paula Carballeira. 
Unha boa ocasión para lembrar o papel do humor na literatura infantil e volver aos grandes do xénero. 
Pega a pena entrar na páxina e ler. Ler sempre, sobre lecturas e libros.

DEIXÁMOSVOS UN ENLACE PERMANENTE Á SÚA PÁXINA WEB NA COLUMNA DE ENLACES DA BIBLIO!

MES DO LIBRO

No sorteo do venres 24 de abril, os agasallados foron:

Roi Devesa Domínguez, de 1º A

Lucía Guillermes Garrido, de 2º A


27 abr 2015

ABRIL, MES DO LIBRO



Como vimos facendo dende hai uns anos, polo mes do libro, queremos agasallar a todos aqueles e aquelas que visitan a biblioteca e disfrutan lendo as historias que dende aquí queremos poñer ao voso alcance. Así pois, dende o primeiro venres do mes estamos a sortear agasallos.

O 17 de abril puxemos en marcha o primeiro sorteo e os agraciados foron:

Xián Gondar Fernández, de 2º A                    
Pepe López Martínez, de 2º B

15 abr 2015

ILUSTRA O TEU POEMA FAVORITO

Pola súa banda, os ne@s de 3º e 4º, votaron man da lírica para seleccionar o poema que máis lles gustou e ilustralo. Aquí tedes o resultado:

14 abr 2015

FACER UN PAREADO, QUE CHUPADO!

E como seguimos a voltas coa poesía, os máis pequenos de primaria elaboraron esta exposición cos seus divertidos pareados:

MÁIS DE PACO NOGUEIRAS

E coa fermosa música do ukelele, máis recordos de Paco Nogueiras!

13 abr 2015

PACO NOGUEIRAS

Fai uns días, os rapaces de ed. infantil recibiron a visita de Paco Nogueiras. Deixámosvos unha pequena mostra da súa divertida sesión de contacontos:

7 abr 2015

RECOÑECEMENTO AO LABOR DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


A Asociación Galega de Editores acordou o pasado 19 de febreiro conceder o Premio Francisco Fernández del Riego á colaboración no ámbito cultural e editorial ás Bibliotecas Escolares de Galicia, polo seu labor de apoio continuado ao libro e a lectura no ámbito escolar.


Este recoñecemento forma parte dos Premios da Edición do ano 2014 que serán entregados o próximo 13 de marzo, no transcurso dun acto no Pazo da Cultura de Pontevedra. Está previsto que sexa recollido polo Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, de mans da presidenta da AGE, Laura Rodríguez Herrera. O Conselleiro asistirá acompañado por outros integrantes do departamento da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, á fronte da cal está José Manuel Pinal Rodríguez, e polo equipo da Asesoría de Bibliotecas Escolares, Xosé Luís Barreiro, Pilar Sampedro e Cristina Novoa.
   A lectura e os libros na escola 
"Froito do traballo realizado", explica Cristina Novoa, asesora de Bibliotecas Escolares, "os libros, a lectura están presentes nos centros educativos galegos dunha forma moi significativa nestes últimos anos" . Todo elo é froito do traballo das comunidades educativas, do profesorado e do alumnado que poñen en pé bibliotecas escolares activas, con equipamento renovado e coleccións  actualizadas, coa axuda da administración educativa. Novoa destaca que "foron postos en xogo moitos recursos materiais, tanto da administración autonómica como da administración central (a través de convenios entre o ano 2005 e 2011), pero foron os centros os que souberon aproveitar a ocasión e seguir as pautas da consellería a prol dun modelo de biblioteca como centro de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe". A asesora de bibliotecas subliña ademais que " é o profesorado que acude ás actividades de formación e que con moito esforzo persoal e un importante compromiso profesional e social, pon en marcha actividades e programas que fan das bibliotecas escolares galegas un referente a nivel estatal".
550 centros implicados en dez anos
A andaina da Asesoría de bibliotecas escolares comeza en setembro de 2003, facéndose un oco no portal educativo daquel tempo, cunha primeira páxina web, a difusión dun primeiro cartel sobre A Biblioteca, espazo educativo, a elaboración dunha CDU adaptada para as bibliotecas escolares entre outras actividades, e a colaboración coa rede de formación do profesorado no deseño e posta en marcha de actividades. No ano 2004 organizase como tal Asesoría de bibliotecas escolares, sendo a primeira actividade, unhas Xornadas de animación á lectura a través da oralidade: Do falar ao ler. Os orzamentos do ano 2005 recollen os primeiros 250.000 € para o primeiro Plan de mellora de bibliotecas escolares. A primeira convocatoria realízase en marzo do ano 2005 integrándose 40 centros no curso 2005/2006.
Durante estes 10 anos levaronse adiante numerosas iniciativas e proxectos, todos eles deseñados para implicar a escolares e docentes na animación lectora, conseguindo que 550 centros estean na actulidade integrados no programa. As Mochilas Viaxeiras é, seguramente, a iniciativa máis popular entre sos escolares, pola implicación das familias nese programa e o protagonismo que os propios nenos teñen na actividade.

MARZO: MES DA POESÍA

O mes de marzo, no cal comeza a primavera, é o mes da poesía por excelencia. Nel agroma a natureza e agroman támen os sentimentos. Dende a biblioteca quixemos aportar o noso grancillo de area para transmitir este fermoso estilo literario e achegalo aos nenos e nenas do Rosalía. A continuación amosámosvos a exposición que leva un mes decorando os nosos corredores.

GAÑADORES DO CONCURSO: ACRÓSTICOS DE AMOR

Fai uns días anunciámosvos os acrósticos gañadores do concurso celebrado por mor do mes do amor e a amizade. Agora queremos compartir con vos a entrega de agasallos.