17 dic 2015

REVISTA BABELIA: MELLORES LIBROS DE LITERATURA INF. E XUV. DO 2014

O 13 de decembro, a revista Babelia, publicou o que consideraba mellores libros de literatura infantil e xuvenil o ano 2014. Debemos ter en conta que o suplemento cultural de El País é un referente para España e América e que non ten en conta as outras linguas oficiais, polo tanto debemos ser nós quen saquemos conclusións despois de lelo
Estes son...

Na categoría de álbum ilustrado

1. La cocina de noche, de Maurice Sendak. Kalandraka. 
2. 12 poemas de Federico García Lorca. Ilustraciones de Gabriel Pacheco. Kalandraka.
3. Ahab y laballena blancade Manuel Marsol. Edelvives.
4. Todos mis patitos, de Janosch. Libros del Zorro Rojo.
5. El lago de los cisnes, de Charlotte Gastaut. Thule. 
Así, lembraremos que A cociña de noite foi publicada a un tempo en castelán e galego e a tradución realizada directamente (en ambos casos) desde a súa lingua inicial. Tamén observaremos que 12 poemas de Federico García Lorca é publicado, tamén, pola editorial galega Kalandraka, igual que o primeiro citado.
Na categoría de primeiros lectores
1. El tesoro de Barracuda, de Llanos Campos. Ilustraciones de Júlia Sardà. SM.
2. El libro de las camas, de Sylvia Plath. Ilustraciones de Quentin Blake. Libros del Zorro Rojo.
3. Escarabajo en compañíade Pep Bruno. Ilustraciones de Rocío Martínez. Ekaré.
4. El hombrecito vestido de gris y otros cuentos, de Fernando Alonso. Ilustraciones de Ulises Wensell. Kalandraka.
5. Matti y Sami ylos tres errores más grandes del universode Salah Naoura. Lóguez.
De novo, a editora galega, aparece coa reedición dun clásico O homiño vestido de gris e outros contos, en ambos idiomas.

Na categoría de novela xuvenil



1. Al sur de la Alameda. Lola Larra. Ilustraciones de Vicente Reinamontes. Ekaré.
2. El rey Matías I, de Janusz Korczak. Nube de Tinta.
3. Alianzas. Cuentos de la luna llena, de Iria G. Parente y Selene M. Pascual. Everest.
4. Los libros de A., de Josep Lluís Badal. Ilustraciones de Zuzanna Celej. La Galera. 
5. Ciudades de papel, de John Green. Nube de Tinta.

16 dic 2015

GUÍA DE LECTURA DE NADAL 2015

Nestas vacacións de seguro que tedes un pouquiño de tempo para ler algún conto. Ademáis tamén ven Papá Noel e os Reis Magos, quizais poderíades pedirlles un conto como agasallo. A continuación amosámosvos a guía de lectura de Nadal por se algunha destas recomendacións vos interesasen. 




10 dic 2015

10 DE DECEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS.

A continuación deixámosvos unha serie de enlaces para traballar esta temática, así como un video no que podedes ver a exposición elaborada dende a biblioteca en torno a esta celebración.

AULA PLANETA
EDUCA TOLERANCIA
INTERCAMBIO Y SOLIDARIDAD (Recusos descargables tamén en galego)


VISITA DE TERESA PORTELA

Ademáis dunha serie de enlaces para saber máis sobre Teresa portela, piragüísta de élite afincada en O Grove, tamén vos ofertamos a posibilidade de desfrutar do video da súa visita ao alumnado de 6º curso.



VISITA DE TONO CAMPOS


En relación ao PDI: Deportes no Grove, tivemos a sorte de recibir a visita de Tono Campos, que estivo falando e aconsellando ao alumnado de 5º e 6º para que continúen no camiño do esforzo e da ambición por acadar as súas propias metas.
A continuación deixámosvos unha serie de enlaces para coñecer mellor a profesión e os numerosos premios e medallas recibidos por este piragüísta olímpico nado en O Grove.


3 dic 2015

CARLOS MAGRO



Carlos Magro será un dos poñentes nas próximas xuntanzas de Bibliotecas escolares. Para que o coñezades un pouco máis e a súa maneira de enterder a educación, deixámosvos o seguinte artigo.
"CREAR ES COMPRENDER"

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Porque Cuqui non quere ir á lavadora, conto moi MOI IMPORTANTE para lerlles aos maiores antes de durmir.
É o título do primeiro álbum da escritora María Lado , publicado en Apiario en 2014. As ilustracións son de Yanina Torres Tuirán.
Neste álbum, María Lado cóntanos o que lle acontece a Cuqui, un osiño de peluxe, dende a visión dun neno pequeno que cuestiona a sensibilidade das persoas adultas. Este álbum ten interese para a lectura en familia e a través del podemos establecer vínculos afectivos coa lingua, tan necesarios hoxe.

PREMIO MANUEL MARÍA DE LITERATURA DRAMÁTICA

Da autoría de Antón Cortizas, o texto recolle o mellor da súa faceta de recompilador da tradición oral e dos xogos populares. Lembremos que del son os libros Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares de GaliciaTastarabás. Enciclopeda de brinquedos tradicionais e Ao pé da Laxa da Moa. Literatura de tradición oral de Carnota.
A obra presenta o xogo como actividade imprescindible e para iso toma man da tradición, dos xogos pasados de boca en boca a través da memoria. Da memoria que hai que gardar fronte a o Gro que é un monstro que quere roubala. Unha loita na que dúas fadas (Impo, de imposible e Tempus de tempo) axudan aos humanos, pero na que os gatos terán moito que dicir. 
Unha nena aburrida de ver televisión e andar coa videoconsola tenta brincar, e se non hai nenos farao coa Lúa.
Actores e títeres, teatro real e de sombras para poñer sobre as táboas e no chan do teatro os xogos de sempre, as lengalengas, as estruturas acumulativas e repetitivas, as adiviñas... en catro actos (un deles opcional con xogos a realizar cos espectadores) e todo iso adobado coas cancións infantís (que se nos achegan cos seus pentagramas).   
Porque "xogades que facedes ou facedes que xogades?", "xogar ou non xogar... esa é a cuestión".

E as ilustracións de Leandro Lamas acompañando o texto, coas súas características propias, aportando o seu bo facer.  

RECOMENDACIÓNS LECTORAS



O avó de Zulaimar de Juan Carlos Méndez Guédez con ilustracións de Elsa Klever
Unha nena buscando un avó... porque os avós fan falla, moita falla e se non o tes debes buscalo, e se non o atopas debes crealo. Diso trata este álbum.



As covas de aceiro
,
 de Isaac Asimov, publicado por Hugin e Munin. Nunca é tarde para volver aos clásicos e ler ciencia ficción, da clásica.















A batalla por Avalon, de Fernando M. Cimadevila. Terceiro volume da saga "O Mundo secreto de Basilius Hoffman", despois de  O ladrón de soños Un faro na escuridade. Unha serie de fantasía feita en Galicia e publicada por Urco. 


1 dic 2015

FALECE XOSÉ NEIRA VILAS



O pasado 27 de novembro recibimos a noticia do falecemento de Xosé Neira Vilas, célebre escritor galego cuio bestseller foi "Memorias dun neno labrego". Se queredes saber máis sobre esta nova, a continuación deixámosvos unha serie de enlaces.

FUNDACIÓN XOSÉ NEIRA VILAS
BIOGRAFÍAS E VIDAS
WIKIPEDIA
50 ANIVERSARIO DE MEMORIAS DUN NENO LABREGO
XORNADA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES CON NEIRA VILAS