21 dic 2016

GAÑADORES DO CONCURSO DO PDI


  • Xián Gondar Fernández, de 4º A
  • Antonio Forte Triñanes, Brais Domínguez Fontoira, daniel Devesa Lima e Xabi Díaz fernández, de 6º A
  • Erixúa Otero Sanmartín, de 6º B

16 dic 2016

GUIA DE LECTURA DE NADAL 2016


Nestas vacacións de seguro que tedes un pouquiño de tempo para ler algún conto. Ademáis tamén ven Papá Noel e os Reis Magos, quizais poderíades pedirlles un conto como agasallo. A continuación amosámosvos a guía de lectura de Nadal por se algunha destas recomendacións vos interesasen. 


29 nov 2016

DÍA MUNDIAL LOITA CONTRA A SIDA


Resultado de imagen de dia mundial loita sida


O 1 de decembro é unha das datas escollidas pola ONU para crear conciencia sobre esta epidemia mundial, ademais de lembrar a necesidade da prevención e control da SIDA.




Neste enlace da páxina web da ONU tes información sobre a evolución da enfermidade.

24 nov 2016

DÍA LARANXA

O día 25 de novembro celébrase o “Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller”, tamén coñecido por “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”
A campaña ÚNETE para por fin á violencia contra as mulleres do Secretario Xeral das Nacións Unidas, administrada por ONU Mulleres, proclamou o día 25 de cada mes como “Día Laranxa”: un día para actuar a favor de xerar conciencia e previr a violencia contra mulleres e nenas. 


Resultado de imagen de DIA NARANJA INTERNACIONALDesde alí nos invitan a «pintar o mundo de laranxa», usando así a cor elixida por esta campaña como símbolo dun futuro máis brillante sen violencia, organizando eventos para por desa cor rúas, escolas e hasta monumentos.


Desde a biblioteca invitámosvos a colaborar connosco na conmemoración dun día tan importante. Só teredes que vir ataviados cun motivo de cor laranxa que sexa ben visible: lazo, camiseta, pano, diadema, cordóns. Esperamos contar coa vosa colaboración. Grazas.

16 nov 2016

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA


O 20 de novembro celébrase o "Día Internacional dos dereitos da Infancia". Dende a biblioteca queremos axudarvos a coñecer máis cousas en torno a este día para que coñezades os vosos dereitos e os que tódolos nen@s do mundo deberían ter. A continuación propoñémosvos unha serie de enlaces de interese.
RAYUELA
DEREITOS DO NENO
ENRÉDATE
ENRÉDATE ED. INFANTIL
ENRÉDATE ED. PRIMARIA

9 nov 2016

MES DA CIENCIA EN GALEGO

"Con motivo do Día Mundial da Ciencia, que se celebrará o vindeiro día 10 de novembro en todo o mundo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pon en marcha o "Mes da ciencia en galego nas Bibliotecas".


Durante todo o mes de novembro terán lugar unha serie de actividades nas Bibliotecas Galegas que terán como denominador común a divulgación científica. Mostras bibliográficas, obradoiros, espectáculos, contacontos, charlas, conferencias, co obxectivo de achegar a ciencia a pequenos e maiores.

O manifesto deste ano vén da man da arquitecta galega Isabel Aguirre de Úrcola, gañadora entre outros do Premio Nacional de Arquitectura e do Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico."

3 nov 2016

SORTEO VENRES

Os agasallados no sorteo do venres 28 de outubro foron:

Xoel (5ºA) e Adriana (2ºB)




25 oct 2016

ACTUACIÓN SERVANDO BARREIRO

No seguinte vídeo podedes ver unha pequena mostra da actuación de Servando Barreiro coa que festexamos o día das bibliotecas.


SORTEO BIBLIO

Os agasallados no sorteo do día 21 de outubro foron:

XOEL 5ºA













3ºB

20 oct 2016

SORTEO E.I

Os agasallados en educación infantil no sorteo do día 21 de outubro foron:


                                                                    EIDAN 4ºE.I.

SOL 5ºE.I.                                                                                                           SERGIO 6ºE.I.

























18 oct 2016

SORTEO VENRES 7 E 14 DE OUTUBRO

Os agasallados no sorteo do 7 de outubro de 2016 foron:

·         Julia  de 5º A                                                                               Antía de 6º A

Agasallados o 17 de outubro foron:


 Lucia  5ºB                                 Xulia  6ºB



13 oct 2016

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

Durante o mes de outubro celebramos o mes das bibliotecas. Ademáis temos unha data na que se celebra especialmente a existencia das bibliotecas escolares como centro de recursos e de dinamización lectora. (24 DE OUTUBRO). No noso colexio, para festexalo  recibirémola visita  do animador Servando Barreiro. 

Por outra banda xa podedes ver e descargar o tríptico da biblioteca para o curso 2016-2017 facendo clic en cada unha das partes.

TRÍPTICO CARA A
TRÍPTICO CARA B


28 sept 2016

LISTA DE HONRA IBBY 2016

Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas pasa a formar parte da lista de honra do IBBY 
(International Board of Booksfor Young People) 2016, que recoñece as mellores publicacións internacionais dedicadas á literatura infantil e xuvenil. A novela, publicada en Xerais, xa fora galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e co Premio Lazarillo.
Estes días cúmprense dous anos da súa publicación e chega á súa oitava edición.

Tamén forma  parte da lista o escritor e crítico literario Ramón Nicolás pola tradución ao galego de Bisa Bea, Bisa Bel da escritora brasileira Ana María Machado, publicada en Galaxia.

Podedes consultar a lista das publicacións premiadas aquí 

6 sept 2016

COMEZAMOS!!

As VACACIÓNS rematan. Xa temos as pilas cargadas, non???  O 12 de setembro comezamos!! Non esquenzades a vosa ilusión, a vosa enerxía e as vosas ganas de seguir aprendendo e disfrutando.... BO COMEZO PARA TODOS E TODAS!!!