28 sept 2016

LISTA DE HONRA IBBY 2016

Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas pasa a formar parte da lista de honra do IBBY 
(International Board of Booksfor Young People) 2016, que recoñece as mellores publicacións internacionais dedicadas á literatura infantil e xuvenil. A novela, publicada en Xerais, xa fora galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e co Premio Lazarillo.
Estes días cúmprense dous anos da súa publicación e chega á súa oitava edición.

Tamén forma  parte da lista o escritor e crítico literario Ramón Nicolás pola tradución ao galego de Bisa Bea, Bisa Bel da escritora brasileira Ana María Machado, publicada en Galaxia.

Podedes consultar a lista das publicacións premiadas aquí 

6 sept 2016

COMEZAMOS!!

As VACACIÓNS rematan. Xa temos as pilas cargadas, non???  O 12 de setembro comezamos!! Non esquenzades a vosa ilusión, a vosa enerxía e as vosas ganas de seguir aprendendo e disfrutando.... BO COMEZO PARA TODOS E TODAS!!!