29 nov 2016

DÍA MUNDIAL LOITA CONTRA A SIDA


Resultado de imagen de dia mundial loita sida


O 1 de decembro é unha das datas escollidas pola ONU para crear conciencia sobre esta epidemia mundial, ademais de lembrar a necesidade da prevención e control da SIDA.




Neste enlace da páxina web da ONU tes información sobre a evolución da enfermidade.

24 nov 2016

DÍA LARANXA

O día 25 de novembro celébrase o “Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller”, tamén coñecido por “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”
A campaña ÚNETE para por fin á violencia contra as mulleres do Secretario Xeral das Nacións Unidas, administrada por ONU Mulleres, proclamou o día 25 de cada mes como “Día Laranxa”: un día para actuar a favor de xerar conciencia e previr a violencia contra mulleres e nenas. 


Resultado de imagen de DIA NARANJA INTERNACIONALDesde alí nos invitan a «pintar o mundo de laranxa», usando así a cor elixida por esta campaña como símbolo dun futuro máis brillante sen violencia, organizando eventos para por desa cor rúas, escolas e hasta monumentos.


Desde a biblioteca invitámosvos a colaborar connosco na conmemoración dun día tan importante. Só teredes que vir ataviados cun motivo de cor laranxa que sexa ben visible: lazo, camiseta, pano, diadema, cordóns. Esperamos contar coa vosa colaboración. Grazas.

16 nov 2016

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA


O 20 de novembro celébrase o "Día Internacional dos dereitos da Infancia". Dende a biblioteca queremos axudarvos a coñecer máis cousas en torno a este día para que coñezades os vosos dereitos e os que tódolos nen@s do mundo deberían ter. A continuación propoñémosvos unha serie de enlaces de interese.
RAYUELA
DEREITOS DO NENO
ENRÉDATE
ENRÉDATE ED. INFANTIL
ENRÉDATE ED. PRIMARIA

9 nov 2016

MES DA CIENCIA EN GALEGO

"Con motivo do Día Mundial da Ciencia, que se celebrará o vindeiro día 10 de novembro en todo o mundo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pon en marcha o "Mes da ciencia en galego nas Bibliotecas".


Durante todo o mes de novembro terán lugar unha serie de actividades nas Bibliotecas Galegas que terán como denominador común a divulgación científica. Mostras bibliográficas, obradoiros, espectáculos, contacontos, charlas, conferencias, co obxectivo de achegar a ciencia a pequenos e maiores.

O manifesto deste ano vén da man da arquitecta galega Isabel Aguirre de Úrcola, gañadora entre outros do Premio Nacional de Arquitectura e do Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico."

3 nov 2016

SORTEO VENRES

Os agasallados no sorteo do venres 28 de outubro foron:

Xoel (5ºA) e Adriana (2ºB)