19 ene 2017

TERRITORIO DAS ARTES

A Biblioteca Escolar é o “Territorio das Artes”, pois nela atopamos libros que tratan de Arte: de Arquitectura, de Escultura, de Pintura, de Música, de Debuxo, de Cinematografía, de Fotografía, de Cómic, de Literatura, etc.., pero tamén porque os libros en si mesmos son un arte, tanto polos seus textos literarios como polas súas ilustracións, e, incluso, nalgúns casos, pola propia edición do libro.
No corredor do Centro temos unha exposición de libros titulada “Biblioteca Escolar, territorio das artes”, que vos animamos a visitar. Nela atoparedes libros que poderedes levar prestados para casa que vos axudarán a coñecer algo máis sobre as diferentes artes. Que os desfrutedes!